28.4.07

MARCA GALICIA


MARCA GALICIA
XORNADAS SOBRE PUBLICIDADE


29 de maio - 1 de xuño

Fac. de CC.SS e da Comunicación

Inscripción: Gratuíta (a través do email: club.inter.prensa@xunta.es)

Entre os conferenciantes estarán: Xosé Saavedra (creativo de Imaxe), María del Rosario Domínguez (creativa de Marujas Creativas), Pancho Casal (Vicepte. Clúster Galego do Audiovisual), Antón Reixa (Pte. Clúster Galego do Audiovisual), Miguel Conde Lobato (Director de BAP&Conde),... sen esquecernos do obradoiro de Joan Costa.

máis información:
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=318&idNoticia=154700
NOVOS VALORES 2007
CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS


B A S E S

1.—
Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas
(pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos,
ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos
valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo,
en último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan
excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores
convocatorias deste mesmo certame.

2.—
As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen
expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros
concursos. Só se aceptarán dúas obras por artista en cada especialidade. O
seu peso non será superior ós 500 quilos e a súa máxima dimensión non
excederá os 2'00 m. No ámbito da creación audiovisual, admitiranse obras
unicamente en soporte CD ou DVD e en formato vídeo, non podendo exceder a
duración da proxección de 4 minutos. .

3.—
As obras presentaranse no Edificio “Sarmiento” do Museo Provincial de
Pontevedra, ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que
garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase desde o día 8 deica
o 18 de maio deste ano, de martes a venres e entre as 10:00 e as 13:00
horas. Xunto coa obra ou obras os artistas entregarán unha fotocopia do seu
DNI e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este
poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial
coma no Museo Provincial de Pontevedra. No momento da entrega os
concursantes recibirán un recibo que a documente. A súa presentación será
imprescindible para a posterior retirada da obra.

AULA MUNICIPAL DE TEATRO


LIXO

Teatro Principal | Pontevedra 20.00h | Domingo 29 de abril Argumento:


Sibila ten un quiosco; Chon, un bar. Montaron os seus negocios na nova urbanización.

Alí mercou un piso Blasa. Ela procura na mística o que Caruncho, o do 3ºA, non atopa na liña telefónica.

Rodeiro ten dous fillos, dous coches, unha muller, un apartamento en Málaga e unha amante. Gonzalves envexa a sorte de Rodeiro pero Rodeiro non sería quen sen Gonzalves. Os dous comen unha hamburguesa mentres falan de mulleres.

Izascu e Mireia son mulleres. Izascu ten un can e unha chea de romaneses na casa. O que tén Mireia é unha veciña que fai top less diante dos cativos.

Con pechar un ollo, Antolín quere ser o novo Tarantino artístico. Touza mirao e move o seu caxato. Sabe que a arte é só un concepto moderno e indefinido. Como o lixo.

Porque se cadra aínda non se decataron, pero todos viven no lixo. E as gaivotas aterran pra tentar sobrevivir entre as preas.

27.4.07

Santa Catarina de Siena

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación celebra o día da súa patroa, Santa Catarina de Siena

Data: luns 30 de abril

Hora: 12.00 horas

Lugar: Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá o vindeiro luns 30 de abril, o solemne Acto de entrega de Diplomas á IX Promoción de Licenciados en Publicidade e Relacións Públicas, á II Promoción de Licenciados en Comunicación Audiovisual e á V Promoción de Diplomados en Administración e Xestión Pública.

No evento, que se fai coincidir coa festividade da patroa do centro, Santa Catarina de Siena, imporanse as tradicionais Becas de Honra a Antonio de Cora García, conselleiro executivo do Diario de Pontevedra; a Jesús Iglesias Díaz, director da Televisión de Galicia; e a Antonio Izquierdo Escribano, director da Escola Galega de Administracións Públicas. Igualmente, faráselle entrega da Insignia de Ouro a Isaac Díaz Pardo.

Trufaldino. Servidor de dous amos



Trufaldino. Servidor de dous amos


Data: venres 27 de abril

Hora: 21.00 horas

Lugar: Teatro Principal


A Aula de Teatro da Universidade de Santiago será a encargada de clausurar esta noite a MITEU coa representación da obra “Trufaldino. Servidor de dous amos”. A obra narra a historia de Trufaldino, personaxe que pretende servir ao tempo dous amos coa intención de encher o seu bandullo. Para elo manipula as situacións como mellor pode e trata de saír dos apuros que se lle presentan poñendo en práctica as súas dotes dialécticas. Comedia da arte dos vellos tempos para falar de hoxe.

Ciclo de conferencias sobre Filgueira Valverde


Ramón Villares clausurou o ciclo de conferencias sobre Filgueira Valverde

O papel que desempeñou Filgueira Valverde nas principais institucións culturais galegas foi o tema central da conferencia que impartiu o pasado mércores, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

Esta conferencia supuxo o punto e final a un ciclo que, baixo o título “Filgueira Valverde: historiador, político e intelectual”, naceu co obxectivo de afondar na figura do polígrafo pontevedrés. A actividade, organizada pola Área de Ciencia Política e da Administración, contou coa presenza do vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e do profesor Celso Cancela.

Na charla, Villares destacou a precocidade e madurez do intelectual e apuntou que a súa traxectoria se podía encadrar en tres grandes planos: como historiador, como político e como home de saber.

O primeiro deles, “como autor dunha ampla e diversa obra afrontou terreos que van dende a literatura ata a antropoloxía”, sinalou o relator. En segundo lugar, destacou que “Filgueira adaptou a súa idea de defensa da cultura galega aos distintos contextos, ben como figura do partido galeguista, ben como personaxe que convive co réxime e que se adapta ao modelo da transición”.

E, nun terceiro plano, Villares remarcou a súa faceta como “empresario da cultura” e apuntou que “Filgueira estivo presente nas grandes iniciativas culturais galegas do século XX”. Neste punto, o presidente do Consello da Cultura Galega afondou no papel que desenvolveu o intelectual pontevedrés en institucións como o Seminario e o Instituto de Estudos Galegos así como no Consello da Cultura Galega ou en iniciativas como a creación do Museo de Pontevedra ou da Real Academia Galega.

Villares concluíu a súa charla facendo alusión ao papel decisivo que Filgueira tivo nos principais organismos culturais galegos e recordando que “foi unha persoa que naceu para e por a cultura, e toda Galicia ten dereito a sentilo como propio”.

24.4.07

Conferencia

A Publicidade Uso ou Abuso?
Andrés Aberasturi

  • Lugar de celebración:
    Café Moderno (OBS Caixa Galicia).

  • Fecha:
    mércoles, 25 de abril de 2007
  • Horario:
    20:00 horas
  • Prezo:
    Entrada gratuita

Tellas Verdes


“Tellas Verdes”
de Fermín Cabal. A obra que representará a Aula de Teatro da Universidade de Vigo, rememora a traxedia dos desaparecidos durante a ditadura chilena.

Data: 25 de abril

Hora: 18.30 horas

Lugar: Auditorio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación visitarán o Parlamento de Galicia

O vindeiro xoves, día 26 de abril, estudantes das titulacións de Xestión e Administración Pública, Publicidade e Relacións Públicas e Comunicación Audiovisual realizarán unha visita institucional ao Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela. Alí visitarán as diversas dependencias e recibirán información acerca do funcionamento da Cámara representativa dos cidadáns galegos e, así mesmo, terán un encontro con membros dos tres Grupos Parlamentarios no que poderán realizar as cuestións que estimen oportunas.
A visita, organizada pola Área de Ciencia Política e da Administración, supón un complemento á formación académica e pretende axudar a unha mellor comprensión dos conceptos teóricos impartidos en materias como Sistema político galego, Sistemas de partidos e sistemas electorais ou Historia do Pensamento político.

Cultu-Kata 07

Deporte e xornalismo, protagonistas na primeira xornada de CultuKata´07

Unha alternativa cultural composta por conferencias e actividades de lecer. Así é CultuKata´07, iniciativa posta en marcha polo comité organizador de SantaKata´07, e que conta co respaldo da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e do Concello de Pontevedra.
Na presentación do acto, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, sinalou que este tipo de actividades demostran que este é un campus activo e que se vai integrando, cada vez máis, na vida da cidade.


A relación entre os medios de comunicación e o fútbol centrou o debate nesta primeira xornada, na que participaron os xogadores do R. C. Celta de Vigo, Borja Oubiña, e do R. C. Deportivo de A Coruña, Iago Iglesias, así como, os xornalistas da Cadena SER Manolo Castelo e Jacobo Buceta.


Na charla, xornalistas e deportistas expuxeron a súa visión sobre o tratamento que dende prensa, radio, televisión e internet, se lle dá ao deporte rei. “O fútbol ten a repercusión que ten hoxe en día grazas aos medios”, apuntou Oubiña, quen comentou que “aínda que a relación con eles poida chegar a cansar hai que tomala como parte do noso traballo”. Na mesma liña o xogador do Deportivo sinalou aos medios como "a ponte necesaria entre futbolistas e seareiros ”. No transcurso do debate tamén se abordaron temas como a violencia, as mentiras ou a manipulación mediática que corrompen a este deporte: “os medios de comunicación temos moita culpa da perversión do fútbol”,explicou Jacobo Buceta. Pola súa banda, Castelo fixo referencia á enfermidade que, dende hai anos, padece este deporte e argumentou que “é preciso que cambien moitas cousas. Ten que haber un maior coidado do fútbol afeccionado, xa que de el vive o profesional, e tamén é preciso un equilibrio salarial”.

23.4.07

I Concurso Fotografía


I Concurso Fotografía

Proxecto NEA


BASES
1. TEMÁTICA: As fotografías presentadas ao concurso deberán ter por obxecto
calquera aspecto relacionado coas actividades náuticas, xa sexa dende o punto de vista
deportivo, cultural, ecolóxico, lecer, turístico...etc
2. QUEN PODE PARTICIPAR: Todas as persoas, maiores de 18 anos, interesadas nesta
expresión artística.
3. MATERIAL A ENVIAR: Fotografías orixinais en formato papel en cor ou branco e
negro, nun tamaño que non supere os 20 X 25 cm. A efectos de evitar deterioros rógase
que as fotos veñan montadas sobre un soporte ríxido de 30 X 40 cm, cun grosor máximo
de 5mm. No reverso debe figurar só o título da obra. As fotografías non poderán estar
retocadas nin ser obtidas utilizando filtros nin manipuladas mediante técnicas informáticas.
Só se poderán enviar un máximo de DOUS traballos por participante.
Cada traballo deberá ir acompañado, en sobre pechado, dunha ficha na que consten os
seguintes datos:
• Título da fotografía
• Nome e apelidos do autor
• Data de nacemento.
• Dirección postal e correo electrónico.
• Teléfono de contacto
• Declaración de que a obra é orixinal, non recibiu ningún outro premio
noutros concursos e aceptación das presentes bases.
• Firma do autor.
4. COMO PARTICIPAR: Os participantes deberán enviar os seus traballos antes do
luns 30 de abril de 2007
ao apartado de correos 2156 de Santiago de Compostela,
considerarase como data de presentación a do mataselos do sobre.
Calquera traballo que incumpla este prazo será automáticamente desestimado.
5. PREMIOS: Establécense os seguintes premios:
• 1º Premio: 400 euros e trofeo
• 2º Premio: 250 euros e trofeo
• 3º Premio: 150 euros e trofeo

6. XURADO: O xurado estará formado por representantes da Exma. Deputación de
Pontevedra, representantes do Proxecto NEA, profesionais da fotografía e representantes
do mundo do deporte. A súa decisión será inapelable.
7. PROCEDEMENTO DO CONCURSO:
Fallo do Xurado: Unha vez recibidos os traballos no prazo sinalado no punto 4, as obras
concursantes serán sometidas á consideración do xurado, que fará público o seu
fallo o Sábado 5 de Abril de 2007.
Entrega: Os premios entregaranse o día 5 de abril de 2007 no transcurso dunha cerimonia
que se celebrará no Patronato de Turismo Rías Baixas situado na Pza. Santa María, s/n
C.P. 36071 – Pontevedra
8. Todos os traballos presentados ao concurso pasarán a ser propiedade da Deputación
de Pontevedra.
9. Os participantes neste certame ceden á Deputación de Pontevedra calquera
tipo de dereitos que puidesen corresponderlles respecto das fotografías presentadas
Os participantes serán os únicos e exclusivos responsables do contido
das súas fotografías en canto á imaxe presentada e a esixencias legais de
dereitos de imaxe ou plaxio, segundo as leis vixentes.
10. A organización declina expresamente toda responsabilidade respecto da autenticidade
dos datos expresados polos participantes en dita ficha.
11. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases.


máis información

Os fusís da Señora Carrar



É posible a neutralidade nun conflito tan brutal como foi a guerra civil española? A resposta a esta pregunta é o que se busca en “Os fusís da Señora Carrar” de Berlot Brecht, obra que será posta en escea pola Aula de Teatro da Universidade da Coruña.


Martes 24 21.00 horas Teatro Principal Pontevedra

VI Xornadas PLsDA


VI Xornadas PLsDA


datas de celebración _ 3 e 4 de maio

lugar _ Auditorio do Centro Social Caixanova Vigo

inscripción _ gratuíta

data límite inscripción _ 27 de abril


Estas sextas xornadas do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións de Vigo pretenden ser un punto de encontro para a reflexión sobre a evolución, o estado actual e o futuro da prevención en condutas aditivas. Con este fin, requirimos a colaboración de expertos de prestixio, investigadores, profesionais e representantes da administración, para que nos expoñan os seus puntos de vista e nos axuden a mellorar a efectividade dos programas de prevención no noso ámbito local.
Ademais dos formatos habituais de conferencias e mesas de discusión, este ano incorporamos un debate a dous, espazo no que dous expertos debaterán sobre os programas de lecer alternativo, coa colaboración dun profesional da comunicación en funcións de moderador. Na parte final deste debate, o moderador formularalles aos expertos as cuestións que os asistentes queiran realizarlles a través dunhas tarxetas.
Tamén contaremos coa colaboración da administración, representada por responsables da Subdirección de Saúde Mental e Drogodependencias da Consellería de Sanidade, para actualizar a nosa información sobre a situación actual e as estratexias para o futuro.
As mesas sobre experiencias en prevención pretenden amosar unha selección de programas que nos axuden a reflexionar sobre cuestións como fundamentación, efectividade, avaliación e innovación.
E como a eficacia dos programas de prevención depende da capacidade para lle facer chegar a súa mensaxe á poboación diana e conseguir os cambios desexados, na última mesa de discusión contaremos coa participación de profesionais da comunicación e colectivos sociais, para que nos acheguen a súa opinión sobre esta cuestión e sobre o papel que poden desempeñar, desde cada un destes ámbitos, na prevención das adiccións.
Confiamos en que o deseño destas sextas xornadas resulte atractivo, e nos permita contar cunha ampla participación de todos os colectivos interesados.




máis información e inscripción


IX Mostra Internacional de Teatro Universitario


Nosa Señora das Nubes

[Aula de Teatro da Universidade de Vigo]


18.30h. Salón de actos Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación


O texto, de Arístedes Vargas, aborda os temas da memoria e o exilio, mesturando a crítica política contra os gobernantes cunha reflexión sobre o individuo e o desarraigo.

IX Mostra Internacional de Teatro Universitario


Memoria e exilio na IX Mostra Internacional de Teatro Universitario

A denuncia social e a reivindicación política son os temas centrais da novena edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), ciclo que arranca esta tarde no campus de Pontevedra e que se desenvolverá ao longo de toda a semana en dous escenarios, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e o Teatro Principal.
A iniciativa, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes xunto á compañía de teatro Ningures, busca ser un punto de encontro entre as aulas de teatro de diferentes universidades: “o que pretendemos cando programamos a mostra é amosar os traballos de grupos galegos pero tamén de agrupacións nacionais e internacionais”, sinalou Salvador del Río, director da Aula de Teatro de Pontevedra.
Na presentación da Mostra, o vicerreitor do campus de Pontevedra, Jesús Hernández, destacou o firme compromiso que, dende hai anos, a institución mantén co teatro e apuntou que “a MITEU é unha forte aposta na formación dos alumnos e no desenvolvemento de valores implícitos á súa estrutura, como son a liberdade ou a creatividade, ademais supón a posta en escena dunha crítica socio-cultural dos nosos días”. Hernández subliñou tamén o actual repunte que está adquirindo o teatro: “este auxe débese a que as novas formas do xénero foron quen de se adaptar ao espírito da sociedade contemporánea e establecer un nexo con elas”.
Pola súa banda, o director da Aula de Teatro de Pontevedra, Salvador del Río, destacou a consolidación que, ano tras ano, está adquirindo a Mostra e sinalou que “agora os nosos esforzos céntranse na busca de público e que os cidadáns de Pontevedra participen dela”.
A MITEU dará comezo esta tarde coa obra “Nosa Señora das Nubes” que será representada ás 18.30 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación pola Aula de Teatro da Universidade de Vigo. O texto, de Arístedes Vargas, aborda os temas da memoria e o exilio, mesturando a crítica política contra os gobernantes cunha reflexión sobre o individuo e o desarraigo.

22.4.07

CONCURSO PROFESOR LARANXA-LIMÓN

Luns 23 | Votación na propia facultade

CULTU-KATA


CICLO DE CONFERENCIAS

Luns 23 | 17.30h | Deporte de alto nivel e os medios de comunicación
Borja Oubiña (R.C. Celta de Vigo)
Iago Iglesias (R.C. Deportivo da Coruña)
Jacobo Buceta (Radio Vigo_Cadena SER)
Manolo Castelo (Radio Coruña _ Cadena SER)

Martes 24 | Perspectivas actuais da Publicidade e o deseño gráfico en Galicia
10.00h _ Enrique Varela (Mírate)
11.15h _ Samuel Vázquez (Europublic)
17.00h _ David Oreiro (eMotive)
18.15h _ José Zentolo e Pablo Zentolo (Rei Zentolo)

Mércores 25
O cinema galego actual: o mundo da curtametraxe
10.30h _ Lucas Martínez (Asociación de Xóvenes Cineastas)
A viaxe a primeira fotografía
12.00h _ Ángel Cordero

18.4.07

Estrea Curta Premio


Premio _

de eva quintas


Estrea Xoves 19 de abril

20.00h Salón de Actos

Fac. de CC.SS e da Comunicación

Unha curtametraxe que formula a posibilidade de vivir de concursos

Calquera cidadán pode vivir de gañar concursos. Esta é a hipótese lanzada por “Premio”, unha curtametraxe de ficción que vai ser estreada mañá no salón de actos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra. O proxecto, dirixido por Eva Quintas Froufe, narra dun xeito innovador e directo as vivencias de Martín Cortés, un personaxe cunha vida destinada exclusiva e unicamente a participar en todo tipo de concursos.

Certames de relatos curtos, promocións de firmas de alimentación, sorteos de viaxes con gastos pagos... o principal propósito do protagonista é poder desenvolver unha vida de luxo a costa das iniciativas de marketing das marcas comerciais.

O equipo técnico de “Premio” estivo composto case integramente por titulados da segunda promoción de Comunicación Audiovisual, o cal, combinado cunha formación de actores non excesivamente coñecidos, deu como resultado 9 intensos minutos de filme. Os experimentados Luis Iglesia, Damián Contreras ou Marián Bañobre conviven con novos talentos da interpretación galega como Xulio Abonjo, Xosé Manuel Esperante ou Uxía Fernández, dando lugar a unha obra coral na que a maior importancia recae na propia historia. A rodaxe, desenvolvida durante catro fins de semana, levou ao equipo de gravación a diferentes espazos como o aeroporto de Peinador, as rúas de Pontevedra e o Pazo da Cultura.

A primacía das ideas e a sinxeleza técnica, combinadas cunha visión colorista da vida, son as claves desta curtametraxe, apoiada pola Consellaría de Cultura a través das axudas a creadores individuais.

16.4.07

Rebeca



Data: 17-abr-2007

Horario: 20:00 h.

Lugar: Sala de Conferencias. - Fundación Caixa Galicia Pontevedra

Tipo: Verxión Orixinal

Ciclo: XOGANDO CO TEMPO

Descripción:

Dirección: Alfred Hitchcock; Producción: David O. Selznick; Guión: Robert E. Sherwood, Joan Harrison; Fotografía: George Barnes; Montaxe: James Newcom, Hal Kern; Música: Franz Waxman.
Intérpretes: Laurence Olivier, Joan Fontaine, George Sanders, Judith Anderson, Nigel Bruce, C. Aubrey Smith, Reginald Denny, Gladys Cooper, Philip Winter.

B/N. Dur: 130 min

Sinopsis: Unha chica tímida establece unha relación con Max de Winter, un lord atormentado pola recente pérdida da súa mujer, Rebeca. A chica leva novos aires de esperanza á vida de Max, enamóranse e el proponlle matrimonio. Ela acepta e deciden vivir en Manderley, mansión onde Max viviu con Rebeca e na que traballa a señora Danvers...


V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo


V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo


A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Estudantes convoca o V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo de acordo coas seguintes bases:

1. Poderá participar calquera membro da comunidade universitaria de Vigo (PDI, estudantes e persoal de administración e servizos).

2. Poderase presentar calquera traballo amateur e orixinal non galardoado en ningún outro concurso.

3. O tema será libre e haberá cinco modalidades: CURTO NARRATIVO, DOCUMENTAL, VÍDEO EXPERIMENTAL, ANIMACIÓN e VÍDEO PUBLICITARIO (sen referencia a ningunha marca comercial rexistrada). Para presentarse a esta última modalidade é necesario que, ademais da peza audiovisual se aporte un dossier que conteña: briefing, estratexia e obxectivos do proxecto. O material audiovisual contido na obra debe ser de produción propia ou, no seu defecto, é preciso citar a fonte ou fontes das imaxes alleas que inclúa a produción, así como o estado dos dereitos de utilización delas.

4. Os traballos poderán presentarse en calquera soporte magnético debendo, en calquera caso, enviar unha copia en DVD para o visionado do xurado. A duración non excederá de 15 minutos.

5. Cada participante ou grupo de traballo poderá presentar un máximo de dúas obras por cada unha das modalidades.

6. Os traballos levarán ben visible un título, a duración e a modalidade na que participan, e irán acompañados dun sobre pechado no que figure no exterior o mesmo título, modalidade e duración, e no seu interior o nome ou nomes dos autores, o enderezo e teléfono de contacto.

7. Establécense os seguintes premios:
- un premio de 1200 euros para o mellor traballo de cada modalidade.
- un accésit de 500 euros para cada modalidade.
A estas cantidades aplicaráselle a retención fiscal legalmente establecida.

O prazo de presentación de traballos remata o 29 de Xuño de 2007

máis información | http://extension.uvigo.es/

15.4.07

FIVAD


Festival da imaxe e o vídeo arte dixital 2007

Bases O ilustre Concello de San Roque convoca este segundo certamen anual, que se celebrará no mes de xullo de 2007. _ poderá participar calquera persoa _ establécense dúas categorías de carácter internacional: videocreación e fotografía digital _ videocreación: non pode exceder os 10 min, admitiranse máximo 3 obras por concursante, en formato DVD _ fotografa dixital: serie de sete fotografías que se presentarán en CD _ presentación: do 12 de febreiro de 2007 ao 22 de maio de 2007. _ premio: videocreación [2000€] | fotografa dixital [1000€] Máis información www.fivad.es

14.4.07

Naturalmente Galiza

visitas guiadas de fin de semana
do 27 de abril ao 17 de xuño

Este programa de interese ambiental consiste en saídas de fin de semana, que inclúen rutas de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak, en bicicleta e actividades de interpretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. Búscase fomentar o coidado do ambiente, amais de gozar da paisaxe e do contacto
coa natureza.

DESTINATARIAS/OS
Programa dirixido a persoas con idades entre 18 e 30 anos.
NÚMERO DE PRAZAS
22 persoas por grupo cada fin de semana, agás na Ruta do Ouro, na que será de 16.
COTA DE INSCRICIÓN
12 euros. As/os posuidoras/es do carné xove ou carné máis terán un desconto do 25%.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA
z Fotocopia do DNI.
z Impreso de pagamento de taxas (incluír como concepto: outras actividades e como clave: 36.34.04)
z Fotocopia de carné xove ou carné máis, de ser o caso.
z Non se considerará confirmado ningún participante ao que lle falte algunha documentación
das que se mencionan anteriormente.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS RUTAS
http://www.rix.org/datos/descargas/Naturalmente_galiza.pdf

13.4.07

Cow Parade



Do 14 de abril ata finais de xullo

Ao longo dos últimos oito anos, centos de vacas veñen dando vida a diversos centros urbanos de grandes capitais como Zurich, Chicago, Nova York, Sydney, Houston ou Londres.
Colocadas en grandes beirarrúas, prazas e xardíns, as vacas convértense nun espectáculo de primeira magnitude. O público identifícase ao momento coas vacas cando comeza a percibir elementos e símbolos relacionados ca arte, a cultura e os costumes locais.Os patrocinadores convértense entón nos principais protagonistas posto que son eles quen fan posible este gran espectáculo.
CowParade é un fenómeno social que convida ao cidadán a participar estimulado pola orixinalidade e a magnitude do acontecemento, disposto a descubrir o resto de rabaño. Intrigado pola cantidade e calidade de vacas,o público gravitará arredor das vacas durante os tres meses de exposición gozando deste espectáculo único e gratuíto.A exposición cérrase para dar paso a unha gran subhasta de Caridade que permitirá recaudar fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis adecuadas.

12.4.07

II CONCURSO DE INICIATIVAS UNIVERSITARIAS POR UNHA MOBILIDADE SEGURA

bases do concurso
1. Obxectivos _ O concurso busca sensibilizar e previr os mozos universitarios e facerlles partícipes dá problemática que supón a mobilidade, e partindo do seu coñecemento e análise poidan achegar posibles solucións por medio de proxectos e ideas imaxinativas que se poidan realizar e servan para axudar a diminuír os riscos que padecen na súa mobilidade.
2. Ámbito do concurso _ Poderán participar os estudantes residentes en Galicia, que cursen estudos en calquera dás tres universidades galegas ou na UNED durante o curso 2006/2007, ou que finalizados os seus estudos, obtivesen un título universitario nalgunha de estas universidades, e teñan unha idade inferior ós 30 anos o 1 de xaneiro de 2007.
3. Traballos _ O proxecto pode presentarse en cada un dos idiomas oficias da nosa Comunidade Autónoma, ben sexa por escrito, ou en formato audiovisual. Cada concursante poderá presentarse a título individual ou formando equipo, en calquera caso, sempre haberá un representante, que se non se fai constar explicitamente, entenderase que é o primeiro que figure na relación que presenten, e só poderá presentar un traballo que ten que ser orixinal e inédito e que non fora premiado noutros certames
4. Contidos _ O traballo ou proxecto consistirá na elaboración dunha publicación escrita dun mínimo de 4 páxinas e un máximo de 40, ou en formato audiovisual cun tempo de duración máximo de 30 minutos.O traballo debe achegar propostas novidosas e realizables, proxectos de investigación, que axuden a sensibilizar e actúen sobre a prevención dos accidentes de tráfico en temas relacionados co comportamento dos cidadáns, dá sua mobilidade, e seguridade (vehículos, infraesctructuras). Terase en conta a orixinalidade e creatividade dás propostas e que fomenten uns comportamentos máis seguros e responsables en relación coa mobilidade no tráfico.
5. Lugar de presentación e prazos _ O prazo de presentación finaliza o 31 de outono 2007. Remitaranse á Xefatura Provincial de Tráfico da súa provincia, o traballo orixinal e 2 copias sen asinar, cun lema que figurará nun sobre aparte, facendo constar, o seu nome e apelidos, o DNI, o enderezo, e o seu número de teléfono; a copia dá matrícula dá universidade na que está a realizar os seus estudos, ou a copia do título universitario -se fora o caso-.
6. Dictame _ O fallo do xurado darase a coñecer na primera semana do mes de decembro do 2007. A relación publicarase na Web de STOP ACCIDENTES. (www.stopaccidentes.org) e na Web das tres Universidades Galegas
máis información
www.stopaccidentes.org

11.4.07

Teatro: Leo Bassi


O cómico italiano Leo Bassi ofrecerá unha actuación titulada 'La revelación', o vindeiro 12 de abril no Teatro Principal de Pontevedra ás 21.00 horas, no marco da celebración da XXIV Semana Galega de Filosofía.

A representación teatral está organizada pola Aula Castelao de Filosofía e promovida polo Pazo de Cultura e o Teatro Principal de Pontevedra.

A obra aborda a relación entre a evolución tecnolóxica e científica da sociedade actual frente a fenómenos como as sectas, os fundamentalismos e o esoterismo.

As entradas estarán á venda unha hora antes da actuación na taquilla do Teatro Principal.

Precio_ 3€ (con carné de estudiante)

VI Concurso de Fotografía


“XLI FESTA DA TROITA”
Ponte Caldelas 2.007

bases
_ O Concurso ten como obxeto a difusión cultural,
relance e promoción da “Festa da Troita” de Ponte Caldelas.
_ A temática das fotografías a presentar versará sobre a “Festa
da Troita” de Ponte Caldelas, o municipio, as labores
tradicionais, as xentes,...
_ Presentación de fotografías: fotos a color ou en Branco e Negro,
brillo ou mate, cun tamaño mínimo de 15x20 centímetros. Non se
aceptarán fotografías manipuladas por ordenador.
_ Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras.
_ O prazo de admisión dos traballos abrirase o 1 de marzo e se
pechará o 30 de abril de 2.007 ás 14:00 horas.
_ Os traballos presentaranse de luns a vernes en: EN HORARIO DE 9 A 14:00h
Concello de Ponte Caldelas
Avenida de Galicia 17.
36.820 Ponte Caldelas
_ As obras serán presentadas sen a sinatura do autor e baixo un lema,
que aparecerá escrito no reverso da fotografía.
_ O fallo do Xurado levarase a cabo o día 3 de maio e será
publicado nos medios de comunicación local e no Tablón de
Anuncios do Concello de Ponte Caldelas, así como na
“Revista da Festa da Troita”.
_ Establécese un primeiro premio de 200€, un segundo premio
de 100€ e un terceiro premio de 60€.

máis información
www.pontecaldelas.org

10.4.07

VI Concurso de Carteis


XLI FESTA DA TROITA Ponte Caldelas 2.007

bases

_ O Concurso ten como obxecto seleccionar o cartel oficial da “XLI FESTA DA TROITA” de Ponte Caldelas.
_ O formato do cartel será de 45x60 centímetros como tamaño mínimo
e máximo de 70x100, e poderá presentarse sobre o soporte ou montaxe
exterior que o autor considere oportuno.
_ O cartel levará de forma obligatoria o seguinte texto:
XLI FESTA DA TROITA
PONTE CALDELAS 2007
16 e 17 de XUÑO

_ Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras, inéditas, de
técnica libre.
_ O plazo de admisión dos traballos abrirase o 1 de marzo e
pecharase o 30 de abril de 2.007 ás 14:00 horas.
_ Os traballos presentáranse de luns a vernes en horario de 9 A 14:00h no
Ayuntamiento de Ponte Caldelas
Avenida de Galicia 17.
36.820 Ponte Caldelas

_Establécese un único premio de 400€

máis información
www.pontecaldelas.org

Curso de Ferramentas de Comunicación para Xornalistas

do 16 de abril ao 4 de maio
Pazo da Cultura, de 9 a 11h.
Información e inscripción no 986 863 157 ou normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

Comunicación e Universidade 12-13/04/07


Curso de especialización na xestión da comunicación universitaria Salón de Graos da Facultade de CC.SS e da Comunicación | 12 e 13 de abril de 2007. Este curso está dirixido a estudiantes de comunicación e profesionais da información que desexen profundizar no coñecemento da realidade universitaria e o su funcionamento, especialmente, naqueles aspectos relacionados coa comunicación e a súa contribución na conexión, cada vez máis necesaria, entre o mundo académico, a empresa e a sociedade galega. Inscripción gratuíta [despacho 314 ou enviando un correo electrónico a comunicacionuniversitaria@uvigo.es] Entregarase diploma de asistencia. Validable por 1 crédito de libre elección

CICLO DE CONFERENCIAS FILGUEIRA VALVERDE

O próximo xoves, día 12 de Abril, continuará na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra o Ciclo de Conferencias Filgueira Valverde: historiador, político e intelectual. Este ciclo seguirá o seu curso coa conferencia de Julio Prada Rodríguez, Profesor Asociado de Historia Contempóranea da Universidade de Vigo, có título: Da encrucillada republicana ós anos de medo e fame. A Galicia de Filgueira de 1931-1951.

A súa conferencia terá lugar ás 17:00h. na Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

A organización corre a cargo da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo e conta coa colaboración da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, a través da Cátedra Filgueira Valverde, e da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Conferencia de Antonio Izquierdo, Director da EGAP (Xunta de Galicia)


A formación dos funcionarios en Galicia

O mércores día 11 de Abril, ás 17:00 horas, o Director da Escola Galega de Administración Pública (Xunta de Galicia), D. Antonio Izquierdo Escribano impartirá unha conferencia sobre a formación dos funcionarios en Galicia.

O acto, organizado polas Áreas de Socioloxía e Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo, está aberto a toda a comunidade universitaria e ao público en xeral interesado na xestión que fai a Xunta da formación dos funcionarios galegos.

A actividade terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, no Campus de Pontevedra. A entrada será libre ata completar o aforo da sala.

9.4.07

Premios de Comunicación | Universidade Carlos III de Madrid



Premio ao mellor programa educativo
, de radio ou televisión, realizado por universidades españolas.

Premio NEW ATLANTIS ao mellor proxecto de documental, presentado por xóvenes que estudien en universidades españolas. A productora New Atlantis aportará os medios técnicos e humanos (por valor de 24.000 € ) para a producción, postproducción, sonorización, doblaxe e distribución internacional do traballo premiado.

Os proxectos que se presenten deberán ser inéditos.

Os documentais que opten ao premio New Atlantis, co ánimo de potenciar o descubrimiento de xóvenes promesas, serán como máximo o terceiro traballo audiovisual realizado polo/s concursante/s.


entrega dos traballos

O plazo para a presentación de candidaturas extenderase desde o 1 de febreiro de 2007 ata o 30 de abril de 2007. As candidaturas propostas serán presentadas cumplimentando a ficha de presentación de candidaturas e axuntando o material requerido dacordo cos requisitos de cada categoría. Tamén se axuntará memoria explicativa que xustifique cada candidatura, currículum vitae e fotografías dos seus realizadores e logotipo da entidade que presenta o programa ou proxecto, para a súa posible reproducción con fines de difusión destos galardones.

No caso dos proxectos, deberanse incluír tamén os obxetivos ou metas que se pretendan conseguir, sinopsis do contido, ficha técnica, guión, desenrolo do proxecto con cronograma das fases previstas, desglose de producción e cualquera outra información que se considere de interese.

Os proxectos que concurran ao premio New Atlantis, deberán incluír unha gravación que aporte un avance ou primeiro esbozo do tratamento audiovisual que se pretende dar ao documental.

Os materiais das candidaturas serán entregados no Rexistro Xeral da Universidad Carlos III de Madrid, especificando “Premios de Comunicación Universidad Carlos III de Madrid”. Vicerrectorado de Relaciones Internacionales e Institucionales y Comunicación. A dirección de entrega é a siguiente: Registro General de la Universidad Carlos III de Madrid. Universidad Carlos III de Madrid. Campus de Getafe. Edificio 2, planta baja. Calle Madrid 126. 28903 (Getafe) Madrid.


máis información

www.uc3m.es/premioscomunicacion



Voluntarios: Campeonato Nacional de Baloncesto Special Olympics

Do 26 ao 29 de Abril terá lugar en Vigo o X Campionato Nacional de Baloncesto Special Olympics, para o que se precisan un gran número de voluntarios.
Todos aqueles que queiran colaborar só teñen que enviar un email a seguinte dirección: arantxasalceda@hotmail.com ou chamar o teléfono 986297000 (Arantxa Salceda o Cristina Pérez) para obter máis información.
Non é preciso estar dispoñible os tres días do campionato e a organización proporcionará a cada voluntario a equipación necesaria.

ANDAINAS: Xardín Botánico de Lourizán


A volta ás árbores do mundo en 36 hectáreas.

11 abril | saída ás 16:45h dende a Praza do Concello, desprazamento en bus.

O programa comprende a realización dunha excursión guiada polo xardín botánico de Lourizán, cunha duración media de dúas horas e de doada realización.

Incripción gratuíta de 10 a 14h no teléfono 986 833 061 ou no Pazo da Cultura de Pontevedra e na web www.osbosusos.com

1.4.07









- Concurso de curtametraxes "COMPOSTELA CORTOCIRCUITO" con catro categorías diferentes: ficción, animación, videocreación e documental (pezas que non excedan os 25 minutos).

- Concurso de micromovies “ANACOS”. As micromovies son de tema libre e teñen unha duración máxima de 30 segundos. Neste apartado valorarase sobre todo o enxeño e a creatividade.

Prazo de Inscripción | O prazo para enviar as curtametraxes e micromovies que participan en Compostela Curtocircuito vai do 2 de abril ó 30 de xuño de 2007.

A inscripción realizarase a través da páxina web _ www.curtocircuito.org, onde poderás atopar toda a información sobre o certame.




- Concurso de guións | O obxectivo de Compostela Plató é a produción do guión gañador e a súa posterior distribución nunha ampla rede de Festivais nacionais e internacionais. A curtametraxe gañadora estrearase na Gala de entrega de Premios, que clausurará o Festival o 20 de Outubro.

Prazo de Inscripción |O prazo para enviar guións para o Concurso Compostela Plató vai do 12 de marzo ó 27 de abril de 2007.


Curtocircuito
Santiago de Compostela | 16 ao 20 de Outubro