24.1.07

"Nas clases empregamos materiais alternativos que podemos atopar na cociña das nosas casas" Ricardo Spencer, profesor de efectos especiais

Auga, un pouco de mel e azafrán. Estes son os ingredientes que os alumnos do obradoiro de Introdución aos efectos especiais en cine e televisión empregan para conseguir produtos similares ao sangue. E é que, con elementos tan sinxelos e de fácil acceso como estes, pódense lograr efectos como cortes e feridas, partes do corpo humano, disparos, cristais e un largo etcétera. Ricardo Spencer, profesor que imparte o curso e gran coñecedor desta disciplina, é defensor do emprego de materiais alternativos que resultan tan eficaces como os habituais. “Os produtos que se manexan para a preparación dos efectos especiais son caros e de difícil acceso xa que moitos veñen doutros países. Nas clases empregamos materiais alternativos que podemos atopar na botica ou na cociña das nosas casas”, apunta Spencer.O obradoiro, enfocado aos estudantes de Comunicación Audiovisual, Publicidade e Belas Artes, ten como obxectivo que eles mesmos poidan aplicar os efectos especiais na súa área de coñecemento valéndose, para elo, de materiais accesibles.Ao longo das 30 horas que dura o curso, os seus 21 alumnos reciben ademais da formación práctica para realizar os efectos, unha base teórica necesaria para poder levalos a cabo. “Facemos primeiro unha introdución sobre que son e como se dividen os efectos especiais segundo as súas áreas de aplicación e despois realizamos as prácticas”, comenta Spencer.O curso goza dunha gran popularidade entre os estudantes e todos os cursos se esgotan rapidamente as súas prazas. “Eu xa me quería apuntar o ano pasado pero cando me ía matricular non quedaba sitio” sinala Silvia Martinez, estudante de 4º de Publicidade. As razóns que os moven a apuntarse son diversas, uns matricúlanse polos dous créditos que lles dan ao facelo, pero a gran maioría afirma que é porque lles interesa a materia. “Apunteime porque me parecía moi interesante, o que máis me gusta son as clases prácticas que son moi dinámicas e divertidas”, sostén Mónica Diumaró, alumna de Publicidade.
Práctica FinalAs últimas dúas semanas do curso os estudantes dedícanse a preparar e gravar unha especie de “curto ”a modo de práctica global. “Ao final sempre gravamos un material videográfico que reflicta os coñecementos que adquirimos ao longo das 30 horas que dura o curso ” remarca Spencer.
(Nova extraída do DUVI do 24 de Xaneiro)

Entrevista a Javier Abreu, productor musical


Los Piratas, Medusa, Lombardi, Disidencia, Boikot ou Sugarless son algúns dos grupos cos que ten traballado Javier Abreu, un dos productores con máis sona no panorama musical galego e que actualmente imparte un curso sobre “Sonorización e Gravación” na facultade de Ciencias Sociais en Pontevedra.
Abreu comezou como músico na movida de Vigo nos anos 80 pero pronto lle chamou a atención o tema da producción musical, marchou a Inglaterra e cando volveu montou o seu primeiro estudo de gravación aos 21 anos, a partir de aí todo foron éxitos.

Vostede é productor musical, profesor e ademais estudante de Comunicación Audiovisual na facultade de Ciencias Sociais. Como se pode compaxinar todo isto?
A verdade é que é moi complicado, polas mañás dou clase de extensión universitaria no campus de Pontevedra e nunha escola de imaxe e son en Vigo e polas tardes traballo nun estudo de gravación en Patos. A carreira estouna tomando con máis calma, intento aproveitar os intres que me quedan libres para sacala adiante.

Como un productor cunha carreira tan consolidada como a súa se inclinou pola docencia?
Eu creo que calquer profesional debe estar sempre intentando comunicar e transmitir os seus coñecementos. Podería dicir que un 80% do que sei aprendino traballando con outras persoas. O que pretendo é levar aos alumnos o proceso que eu fago no estudo de gravación cando traballo cos grupos. Descubrín que ensinar non se me da especialmente mal, que me gusta e, sobre todo, que me parece interesante.

En que consiste o curso que imparte de “Sonorización e gravación musical”?
O que se pretende cos cursos de extensión universitaria é que o alumno poida acceder a materias impartidas por expertos do sector, que lles xurdan situacións coas que se pode atopar no mundo real e que non sempre se aprenden dentro do programa educativo da universidade.No meu caso, intento explicarlle aos estudantes o proceso completo de gravación dun proxecto musical, tanto gravacións en directo como en estudos profesionais. Un dos traballos que facemos ao longo do curso é unha maqueta cos propios alumnos, eles se prestan a traer instrumentos e gravamos unha canción, normalmente a versión dalgún tema coñecido para que todo o mundo poida participar. Ademais facemos traballos de sonorización de fragmentos de películas, non só de sons de ambiente e locucións, se non que tamén lles pomos música a unha secuencia. É un proceso global que lles dá unha sensación moi clara de cal é o traballo dun estudo de gravación.

Como ve o panorama musical actual?
Moi cambiante. Creo que a evolución da tecnoloxía está sendo beneficiosa para a creatividade pero está indo en detrimento da música. Se non hai unha industria consolidada é moi probable que cada vez haxa menos artistas novos que poidamos ver nos medios de comunicación. Para os creadores, que non encaixaban co concepto de comercialidade, isto representa unha nova opción e así temos páxinas como myspace ou youtube. Eu estou descubrindo a moitísimos máis artistas e me estou decatando das miserias das multinacionais que están, cada vez, en menor contacto coa realidade. Agora si vai haber unha alternativa real que creo que é benficiosa para a creatividade.

Que opina da piratería?
Penso que este problema é culpa da propia industria. Se fora mais comprometida e empregara outros criterios artísticos máis equilibrados e non tan comerciais, a creatividade tería un valor por si mesma e non teríamos máis remedio que valorala. Se un artista vale a pena é lóxico que paguemos por o seu traballo. Se a industria prostitue ese tipo de creatividade poñéndoa ao servicio do beneficio empresarial entendo que a xente non lle dea valor. Estou en contra da piratería pero estou máis en contra da industria comercial.
(Entrevista extraída do DUVI do 11 de Xaneiro)

A Organización Internacional de Ceremonial e Protocolo aprobou o código ético elaborado por Fernando Ramos


“Un modelo que recolle as normas correctas de actuación para os profesionais do protocolo”. Así define o profesor de Dereito da Información da Universidade de Vigo, Fernando Ramos o seu código deontolóxico. O traballo, encargado pola Organización Internacional de Cerimonial e Protocolo, foi aprobado pola totalidade dos membros da asemblea xeral deste organismo no seu VII Congreso celebrado o pasado mes de novembro en Zaragoza. “É para min toda unha honra e satisfacción xa que se trata dun recoñecemento internacional por parte dun organismo que agrupa a xefes de protocolo, directores de comunicación e representantes de distintos países de Europa, América e África”, afirmou o docente.Ademais da valoración do seu traballo, Ramos foi nomeado nesta reunión presidente da comisión deontolóxica, cargo do que comentou que “é unha nova responsabilidade e un orgullo para min ser o titor da ética desta entidade”.O profesor sinalou que para a súa elaboración se valeu da experiencia que lle aportou ser un dos partícipes doutros regulamentos similares e comentou que “participei tamén na redacción do Código deontolóxico da profesión periodística no ano 1994 en Sevilla”.O Código“Que el premio del deber sea el deber mismo” é o lema que se inscribe no preámbulo docódigo deontolóxico do profesor Ramos. O documento consta, ademais do prólogo introdutorio, de 30 puntos estruturados en tres apartados: regras de conduta, principios de actuación e consideracións finais.Na introdución o docente define normas éticas como “o conxunto de regras que marcan o comportamento ético duns profesionais, quen para selo e por selo han de asumilas e respectalas” e sinala, a actividade profesional do protocolo como unha das máis antigas da humanidade, remontándoa aos albores da sociedade organizada.Ao longo do texto, Ramos sinala unha serie de pautas que todos os profesionais do protocolo deben seguir, entre as que destacan, o deber de asumir como valores fundamentais os Principios da Carta de Nacións Unidas, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e todo o conxunto do sistema de valores que rexen a sociedade internacional. O profesional do protocolo debe aceptar tamén valores como os que marca o ordenamento constitucional da sociedade na que desempeñen o seu traballo así como, os principios de tolerancia, respecto e convivencia entre culturas. O docente, destaca ademais, a lealdade e a actitude aberta e cooperadora que deben ter todos os profesionais que traballan neste campo e apunta que o fin último desta actividade reside en mellorar a comunicación entre os seres humanos.
(Nova extraída do DUVI)

Estudantes de Comunicación Audiovisual realizan vídeos promocionais para ir a Nova York


A cidade máis empregada como estudo de gravación cinematográfico, Nova York,é o obxectivo dos alumnos do último curso de Comunicación Audiovisual dePontevedra. Os estudantes pretenden coñecer mediante a viaxe de fin decarreira a vila que actuou como fonte de inspiración de directores comoWoody Allen e a responsable da creación de mitos como o da mafia italiana,as rúas percorridas por Robert de Niro en “Taxi Driver” ou a emblemáticaxoiería de “Almorzo con diamantes”. Para acadar este propósito decidironapostar por unha innovadora iniciativa: a produción de vídeos. Ao tempo querealizan un mergullo profesional, os estudantes atoparon unha orixinal víade financiamento coa que pensan recadar máis de 11.000 euros.“As rifas e a organización das festas parecíanos moi típico, é o de sempre,polo que o profesor Xaime Fandiño suxeriunos facer vídeos e vendelos, e nospareceu unha grande idea xa que é o que mellor sabemos facer”, afirma ClaraGarcía, membro da organización. Clips musicais, documentais, vídeospromocionais... todos os formatos son tratados por este grupo. O videoclip“A vida é un Entroido” marcou o inicio, adquirido polo Concello dePontevedra para a súa campaña das festas da Peregrina 2006.A continuación chegarían producións como o documental “Vémonos no río”,encargado pola Asociación Vaipolorío e que pretende actuar como testemuña doestado do río Gafos. Durante 15 minutos reflíctese a súa historia e como oslabores de limpeza o converteron nun espazo apto para a o deporte e ocio.Neste mesmo formato enmárcase un vídeo promovido pola Fundación CarlosCasares, con motivo das xornadas de cine documental organizadas en Celanovadurante o pasado verán baixo o título de “Imaxinar a Realidade”.Tras realizar estes tres traballos o curso pasado, os estudantes decidironelaborar unha presentación multimedia para recrutar novos clientes. “O xeitode contactar con eles é o ataque directo, acudimos coas nosas producións esuxerimos facer un vídeo promocional”, sinala García. Dende o mes de outubro comezaron varias producións, como un proxecto sobre o piragüismo para oConcello de Pontevedra e unha campaña de comunicación para a nova Facultadede Ciencias da Educación, composta por un clip publicitario do centro eoutro sobre as probas de acceso á Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Actualmente traballan tamén noutro sobre a EscolaUniversitaria de Enxeñeiros Industriais, aínda que recoñecen que a lista detarefas supera amplamente ás expectativas: “temos máis encargos para facer apartir de marzo, e coa xente que somos teremos que realizar un grandeesforzo para continuar producindo”, engade Clara García.
Calendario
Esta non foi a única iniciativa innovadora levada a cabo polos estudantes.Dende fai algunhas semanas comezaron a vender calendarios nos que os alumnosson os protagonistas. Cada mes aparece unha fotografía na que os membros daorganización representan populares imaxes de películas. Pulp Fiction,Cabaret ou Instinto Básico foron algúns dos filmes elixidos nos que seretrataron rodeados por coidadas postas en escena. As imaxes, tomadas earranxadas por eles mesmos, pretenden ser unha homenaxe a todas as películasque os marcaron durante a carreira e, ata momento, conseguiron vender máisde setecentas copias.
(Nova extraída do DUVI)

10.1.07

CONFERENCIA SOBRE TRABALLO E FORMACIÓN NAS ADMINISTRACIONS PÚBLICAS A CARGO DA PROFESORA ANA PAULA MARQUES


O vindeiro día 16 de xaneiro de 2007, a profesora Ana Paula Marques, directora do departamento de Socioloxía da Universidae do Minho en Braga (Portugal) impartirá unha conferencia no Salón de Graos na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra sobre o traballo e a formación nas administracións públicas, con especial referencia a situación actual en Portugal e na Unión Europea. A conferencia comezará as 19 h. e a entrada é libre ata completar aforo.

A profesora Ana Paula Marques desempeña a dirección de Departamento de Socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais da Universidade do Minho. É licenciada e doutora en socioloxía pola Universidade do Porto. Coordina as líneas de investigación sobre “Socioloxía das organizacións, Traballo e Calidade” no Núcleo de Estudios en Socioloxía. Tamén é membro da Comisión Directiva da Mestría en Socioloxía na especialidade de “Familias e Solidaridades Sociais”. Cómo investigadora a profesora Ana Paula Marques ten publicados como autora varios libros sobre a temática do traballo e das profesións e colaborado con capítulos de libros con outros autores, así como artigos en revistas nacionais e internacionais. A profesora portuguesa e vice-presidenta da Associação Portuguesa de Profissionais em Sociologia Industrial, das Organizações e do Trabalho (APSIOT), e membro da Associação Portuguesa de Sociologia (APS) e da European Sociological Association (ESA).

8.1.07

III Encontro de Dereitos Humanos


A Deputación Foral de Guipuzkoa organiza o III Encontro de Dereitos Humanos: "Dereitos Humanos e Diversidade: Novos Desafíos para as Sociedades Plurais" que se desenvolverá os días 8 e 9 de febreiro de 2007 no Parque Tecnolóxico de San Sebastián.

Nesta quenda participarán o Director do Instituto de Dereitos Humanos da Universidade de Deusto, a Directora da Casa Árabe de Madrid ou o Director do Instituto de Estudos sobre Federalismo e Rexionalismo da European Academy of Bozen.

O prezo da matrícula para os estudantes será de 30 euros mentres que para o resto será de 40.

Primeiro Premio de Investigación Ferroviaria "Monforte de Lemos"


O Concello de Monforte de Lemos e a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER) promoven o Primeiro Premio de Investigación Ferroviaria de Galicia. Con esta convocatoria pretenden incentivar aos estudantes universitarios para que contribúan ao achegamento da Universidade á Relaidade Ferroviaria nas súas distintas vertentes.
-Poderán participar neste concurso aqueles estudantes que teñan superado o 50% dos créditos da carreira, se atopen no terceiro ciclo ou que remataran a carreira dous anos antes da convocatoria.
-A extensión mínima dos traballos será as 100 follas e a máxima as 200.
-Ao concurso poderase prsentar de xeito individual ou en grupo.
-A temática versará sobre aspectos vinculados co Ferrocarril en Galicia e relacionados con: Estudos de Infraestructura Ferroviaria, Estudos Sociolóxicos ou de mercado, sobre o uso do Ferrocarril e a movilidade da población en Galicia e Estudos sobre a influencia do Ferrocarril na Ordenación do Territorio e a importancia dos "Portos Secos".
- O premio á publicación gañadora será de 3000 euros.
- Os estudos presentaranse por escrito, acompañados dunha versión en CD, e entregarase tamén unha memoria explicativa, cunha descrición de antecedentes, métodos de análise e obxectivos do mesmo. Estes documentos enviaranse a:
Premio de Investigación Ferroviaria "Monforte de Lemos"
Delegación de Cultura. Casa da Cultura
Plaza de España nº 3 27400 Monforte de Lemos

Becas de posgrao no estranxeiro


A Fundación Pedro Barrié de la Maza convoca 28 becas cun presuposto dun millón de euros, para a ampliación de estudos (master e doutorado) en EE.UU. e países da Unión Europea. O seu obxetivo é axudar aos estudantes galegos a complementar a súa formación en prestixiosos centros de ensino.

A dotación anual das becas nos Estados Unidos ascende a 20.300 dólares e na Unión Europea a 17.460 euros. A Fundación tamén cubrirá a viaxe e gastos da matrícula.

Máis información: www.fbarrie.org

Programa de Becas de Idiomas para Zonas Mineiras do Carbón


A Fundación para o Desenvolvemento da Formación nas Zonas Mineiras do Carbón ven de presentar a convocatoria 2006-2007 de becas de idiomas.
En Galicia poderanse beneficiar destas axudas os habitantes de Cerceda, Puentes de García Rodríguez, A Capela, As Somozas, Carballo, Culleredo, Laracha, Monfero, Ordenes, Ortigueira, San Sadurniño e Tordoia (na provincia de A Coruña) e das Muras e Xermade (en Lugo).

O programa inclúe tres tipos de becas: Cursos de idiomas no estranxeiro , Cursos de idiomas en España en réxime de internado e Cursos de idiomas en España en réxime aberto.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro. Para máis información www.fundesfor.com

Primeiro premio internacional de periodismo aeronáutico de fala hispana


A “Universidade Rey Juan Carlos”, en colaboración con “Boeing Internacional Corporation”, “AVIACIONdigital” e “AVIAGOLBAL Corporation” crearon o "Primeiro Premio Internacional de Periodismo Aeronáutico de Fala Hispana".
- Poderán participar no certame todos os xornalistas en activo e estudiantes de comunicación de calquer universidade española.
- O material que se presente ten que ser orixinal e publicado ou emitido por algún medio de comunicación de fala hispana entre o 25 de setembro de 2006 e o 16 de febreiro de 2007.
- Todos os traballos periodísticos versarán sobre a aviación e valorarase a súa orixinalidade, contenido divulgativo ou de análisis.
- O prazo de entrega do material remata o 28 de febreiro de 2007.
- O premio para os estudantes de comunicación consistirá nunha viaxe e aloxamento de 5 días en Argentina, Brasil, Chile o Uruguay.