4.2.10

I Congreso Publiradio

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB)acolle os días 13 e 14 de de abril o I Congreso Publiradio, organizado polo grupo de investigación en publicidade e comunicación radiofónica Publiradio.

O encontro pretende ser motivo para a reflexión sobre a capacidade da palabra como instrumento esencial da comunicación humana e o seu peso na actualidade en espectros de comunicación dixital.

Pódese consultar a información sobre o evento na páxina da UAB.

3.2.10

Alumnos de Ciencias Sociais e Comunicación filman un documental

Alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación filmarán un documental sobre a biodiversidade do río Gafos. Os estudantes realizarán un audiovisual dunha duración aproximada de vinte minutos sobre a fauna e a flora deste río, principal foco de atención do colectivo ecoloxista Vaipolorío, para difundilo en colexios, concellos e entidades sociais e culturais.
Fonte: Duvi

2.2.10

Televisión local, a nostalxia da identidade no contexto 'portogués

Duvi
Unha serie de factores, como os fenómenos de descentralización e as novas tecnoloxías, que permitiron pasar dun sistema de oferta de masa a un sistema de demanda, impulsou un cambio de paradigma na televisión, sobre todo local, cara a unha concepción máis participativa e ligada á contorna. Esta é unha das principais conclusións da tese Televisión local, a nostalxia da identidade no contexto 'portogués', presentada por Cristina Teresa Salvador Rebelo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e cualificada con sobresaliente cum laude.
O estudo analiza a relación da televisión de proximidade, en concreto na rexión do Porto, co territorio xeográfico e simbólico, coa creación de identidade e como potenciadora de visibilidade e desenvolvemento local, un tema que a autora considera “pouco explorado no panorama mediático de Portugal”. Comezou a interesarse por el a raíz da aparición da primeira televisión local no Porto, a NTV, e finalmente procurou trazar unha explicación crítica da televisión de proximidade portuguesa a través dun estudo de caso doutro medio máis recente, Porto Canal. Segundo a investigadora, o movemento actual das televisións rexionais “comezou a manifestarse sobre todo no norte do país e reflicte esa mudanza de paradigma, que aparentemente poñería dun lado a instrumentalización e do outro a autonomía”.

1.2.10

Buscamos fotos e vídeos

Estamos a remozar a páxina web da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, e consideramos necesario ilustrar audiovisualmente os espacios coma as actividades realizadas no centro.
Posto que o que queremos ofrecer é unha visión da comunidade parece o máis lóxico mostrala a través da mirada de aqueles forman parte e partipan nela polo que comunicamos o interese en recibir todo tipo de formatos susceptibles de ilustrar o novo espacio web.
Aquelas persoas interesadas en aportar as súas visións poden enviar un correo electrónico a axendacsc(arroba)gmail.com.
Co obxectivo de facilitar a xestión dos correos e adxudicar as autorías solicítase o seguinte formato para a mensaxe:

Asunto:
a. fotoCSC. Para a achega de fotos.
b. videoCSC. Para a achega de vídeos.
c. audioCSC. Para a achega de formatos de audio

Autoría:
Nome de autor@s.
Titulación que cursan os autores.
Ano de promoción.
Titulo ou nome do espacio ou actividade que ilustra o material achegado.
Enlace ó material en cuestión.

A fin de que sexan máis facilmente localizables, solicítase tamén que os materiais sexan etiquetados nos repositorios en que estén aloxados coas etiquetas correspodentes fotoCSC, videoCSC, audioCSC, presentacionCSC, etc e baixo licencia creative commons ou similar.

Gracias de antemán, polas vosas aportacións.

27.1.10

Entrevista a Manuel Castells en Citilab








19.1.10

Radiografía do Medo

Baixo o título "Radiografía do Medo" a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, acolle nestes días unha mostra de mail art na que 137 artistas de todo o mundo amosan a súa visión persoal desa emoción universal chamada medo...

A exposición organizada en colaboración coa Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña permanecerá nas instalacións da Biblioteca Central do Campus de Pontevedra situada no primeiro andar da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do 19 de xaneiro ó 5 de febreiro.

Para aqueles que están preparando exames unha forma de activar estados de alerta...

* Galería Virtual

Actualización:  Artigo no Duvi

Eleccións a Decano

De conformidade ca Normativa para a Elección de Decanos e Directores de Centros, convócanse eleccións a Decano por parte da Xunta de Facultade, de acordo co seguinte calendario electoral:

1. Constitución da Xunta Electoral – 18 de xaneiro (sorteo o 14 de xaneiro)

2. Exposición de censos provisionais: 19 de xaneiro

3. Prazo de reclamación aos censos provisionais: do 20 ao 26 de xaneiro.

4. Exposición de censos definitivos: 29 de xaneiro

5. Prazo de presentación de candidaturas: do 1 ao 4 de febreiro

6. Proclamación provisional de candidatos/as: 5 de febreiro

7. Prazo de presentación de reclamacións á proclamación provisional de
candidatos/as: 8 e 9 de febreiro

8. Data de proclamación definitiva de candidatos: 10 de febreiro

9. Data de votación: 12 febreiro. 12 horas Sala de Xuntas

14.1.10

Calendario de Exames

Está accesible na páxina web da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o calendario de exames. As datas para a realización dos exames están comprendidas entre o 22 de xaneiro e o 3 de febreiro.

Recoméndase revisar as datas para verificar posibles cambios.

Actualizaráse información respecto a adxudicación de espacios para a realización dos exames, nas pantallas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, neste blog e nas contas do twitter e facebook.

Novos horarios da Biblioteca

A Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, situada no edificio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación amplia os seus horarios de apertura durante as datas de exames.
Prolongaráse o tempo de apertura durante a semana e abrirá ademáis sábados e domingos ata as 10 da noite. Os novos horarios de apertura quedan como se especifica a continuación.

  • De luns a venres dende o 12 de xaneiro ó 12 de febreiro, permanecerá aberta ata as 3:00 da madrugada.
  • As fins de semana dende o 16 de xaneiro ó 7 de febreiro, abrirá dende as 8:00 da mañá ata as 10:00 da noite.

20.12.09

Curso "Recollida e tratamento de datos"

Organizado pola Sección Departamental de Comunicación do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo, e dentro do programa de Formación do PDI, levouse a término, os días 15, 16, 17 e 18 de decembro, o curso “Recollida e tratamento de datos para a interpretación de resultados”, impartido polo Profesor José Vicente Novegil

16.12.09

Xornada sobre Diseño Editorial e Libro Electrónico

Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, e ca coordinación dos profesores Pedro Pablo Gutiérrez e Alberto Pena, déronse cita o día 15 de decembro, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, diferentes especialistas para falar sobre Deseño Editorial e Libro Electrónico
Acudiron: D. Angel Sáenz de Cenzano, Director de Loxística do Grupo Santillana, D. José Crespo, Deseñador Gráfico do Grupo Santillana e D. Víctor Freixanes, Director da Editorial Galaxia

15.12.09

Curso "Feminismo e cambio social"

Organizado pola Sección Departamental de Comunicación do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo, e dentro do programa de Formación do PDI, levouse a término, os días 30 de decembro e 14 de decembro, o curso “Feminismo e cambio social: unha aproximación a historia do Feminismo e a súa incidencia na comunicación dentro do marco do Espacio Europeo de Educación Superior”.

Dirixido pola Profesora Gloria Solé Romeo, Doctora en Historia Contemporánea e investigadora en historia do feminismo, abordou a discusión sobre os avances principales no ámbito educativo/profesional e a influencia da comunicación na consolidación de estilos de vida e creación de tendencias

5.12.09

Xornadas "A igualdade na Universidade"


Do luns, 30 de novembro, o xoves, 3 de decembro, a Area de Igualdade da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo, organizou as xornadas “A igualdade na universidade: amosar e previr o acoso e a violencia” co obxetivo de concienciar a comunidade universitaria da importancia de facer visible a existencia de casos de violencia en toda-las súas formas. O longo de 3 días, en sesións que tiveron lugar nos tres campus da Universidade de Vigo, celebráronse diferentes talleres e mesas redondas o redor do tema da vilolencia de xénero
As xornadas, no Campus de Pontevedra, tiveron lugar na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, foron coordinadas pola profesora da área de Socioloxía Amada Traba Díaz. Participaron, entre outros, as profesoras da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade Anna Amorós Pons e Mariana Carballal , así como o profesor de Sociolóxia Xesús Adolfo Laxe Picos

4.12.09

Conferencia "A publicidade institucional no Concello de Pontevedra"

Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, e ca coordinación do profesor Xosé Rúas, o pasado 3 de decembro o responsable de comunicación do Concello de Pontevedra D. Antón Prieto impartou a conferencia-coloquio “a publicidade institucional no Concello de Pontevedra”

2.12.09

Fálame do teu


Baixo o título xenérico de “Fálame do teu: dous creativos, dúas versión diferentes do mesmo problema”, a Vicerreitoría do Campus de Pontevedra reuniu na Casa da Campas a recoñecidos creadores do mundo do arte, o deseño e a publicidade, para debatir as diferentes saídas ou solucións a problemas de índole creativa
Oa actos tiveron lugar o longo do mes de novembro, e neles participaron:
Día 2 – Agustín Vaquero / Nicolás Hollander
Día 10 – José Luis Moro / José Camo
Día 16 – Juan Nonzioli (Shackleton) / Andrés Martínez)
Día 23 – Antonio Montero / Carlos Holemans
Día 30 – Toni Secarra / Rafa Antón