13.5.08

Alumnos de cuarto curso de Publicidade e RRPP simulan unha campaña electoral para a Presidencia do Goberno

Cinco grupos políticos enfrontaranse nas urnas o vindeiro 28 de maio

Ana Terceiro Pontevedra

A febre da propaganda política comeza a apoderarse da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, onde os alumnos de cuarto curso de Publicidade e Relacións Públicas están a preparar unha campaña electoral ficticia que, o vindeiro 28 de maio, proclamará como presidente do Goberno ao candidato que obteña a maioría dos votos da comunidade universitaria. A iniciativa, que forma parte das prácticas da materia Teoría e práctica da propaganda electoral impartida polo profesor Xosé Rúas, conta con todos os elementos que na realidade se empregan á hora de preparar unha eleccións: mitins, roldas de prensa, anuncios, reunións cos representantes dos colectivos do centro, etc. De feito, xa empezan a abundar os carteis das distintas formacións polos corredores da facultade e a actividade vólvese máis intensa canto máis se achega o 14 de maio, o día oficial de inicio de campaña. Segundo comentou unha das candidatas aos comicios polo partido Esquerda Progresista, Noelia Vázquez, “esta é unha excelente maneira de aplicar os coñecementos e as técnicas que en clase tan só podemos ver desde a perspectiva teórica e, ademais, é unha forma fascinante para aproximarse á realidade da xestión política do día a día, á vez que é un camiño privilexiado para poder demostrar que as cousas, no campo da comunicación e da propaganda, poden facerse de outro xeito: innovando, sendo creativos e contando un pouco máis coa participación e as ideas dos votantes”, explicou a alumna.

Cinco partidos políticos, cinco propostas electorais
A precampaña arrancou coa presentación dos candidatos dos distintos partidos políticos que se presentan, todos eles inventados aínda que cunha ideoloxía ben definida, en total cinco grupos que loitarán por acadar o seu obxectivo: conseguir o maior número de votos da comunidade universitaria. Esquerda Progresista (EP), Estudantes Socialistas (ES), Esquerda Universitaria (EU), Unión polo Progreso(UPP) e o Partido Democrático Socialista (PDS) son as novas agrupacións creadas polos alumnos e que, desde fai varios meses, comezaron a deseñar as súas propostas e os seus programas electorais. En xeral todos eles se declaran de esquerdas, aínda que un deles, o UPP, opta polo que considera “unha unión do mellor da dereita e do mellor da esquerda”, segundo afirma a súa líder, Ángela Antón.

10.5.08

Presentación da III Edición de CURTAS NA REDE


O martes 13 de maio, ás 12:00 horas, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, a presentación da III Edición do concurso Curtas na Rede, organizado polo Consello da Xuventude de Galicia (CXG) e pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.


O acto estará conducido pola presidenta do CXG, María Dolores Rodríguez Amoroso, quen explicará a dinámica do concurso, novidades, premios, etc. Así mesmo, entregaráselles aos alumnos que asistan un agasallo promocional do concurso, así como toda a información relativa ao mesmo.

7.5.08

FESTIVAL CURTOCIRCUITO

V Festival Internacional de Curtas ‘Curtocircuito’ xa está aquí. Un ano máis o concurso de guións Compostela Plató xa abriu o seu prazo de presentación: ata o 8 de xuño.

O premio consiste na produción e rodaxe do guión gañador en Santiago durante o verán. Non deixedes de participar nas outras seccións como o Concurso Internacional con aumento das contías e novas categorías (Internacional, Explora, Español e Galego), Curtocircuito Na Rúa co premio do público, o III Mercado Internacional ao que asistirán os programadores e compradores máis importantes do mundo e as actividades paralelas con obradoiros, ciclos para nenos, mesas redondas, etc.

Podedes consultar toda a información en www.curtocircuito.org.

6.5.08

Un documental elaborado por alumnas de Ciencias Sociais e da Comunicación colabora na integración social e laboral da etnia xitana

"Historias de Vida" narra os esforzos de dúas mozas deste colectivo na busca de traballo

Image Con motivo da presentación da campaña O emprego fainos a todos iguais, para fomentar a inserción laboral das persoas de etnia xitana, dúas alumnas de cuarto curso de Publicidade e Relacións Públicas amosaron un vídeo realizado por elas mesmas co obxectivo de dar unha visión próxima e en positivo desta cultura e da realidade que a conforma, deixando á marxe tópicos, estereotipos e prexuízos. Deste xeito e baixo o título Historias de vida, as estudantes Eva Pou Bueno e Julia Sánchez Álvarez achegaron o relato persoal de dúas mozas xitanas que intentan facerse un oco nun mundo laboral cheo de discriminacións e dificultades.

Image
Na presentación do vídeo
Ana Terceiro | Pontevedra
Con motivo da presentación da campaña O emprego fainos a todos iguais, para fomentar a inserción laboral das persoas de etnia xitana, dúas alumnas de cuarto curso de Publicidade e Relacións Públicas amosaron un vídeo realizado por elas mesmas co obxectivo de dar unha visión próxima e en positivo desta cultura e da realidade que a conforma, deixando á marxe tópicos, estereotipos e prexuízos. Deste xeito e baixo o título Historias de vida, as estudantes Eva Pou Bueno e Julia Sánchez Álvarez achegaron o relato persoal de dúas mozas xitanas que intentan facerse un oco nun mundo laboral cheo de discriminacións e dificultades. Esta iniciativa, que xorde da colaboración entre a Oficina de Voluntariado e Integración do campus e a Fundación Secretariado Xitano da cidade de Pontevedra, pretende aportar un gran de area á tarefa de sensibilización sobre a realidade desta etnia que se está a facer dende a fundación. O traballo supuxo un reto persoal e profesional tanto para as voluntarias que participaron nel, como para a técnica da Oficina de Voluntariado e Integración, Herminia Dios Poceiro, que subliñou que “esta actividade non se podería ter feito sen a colaboración da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, as atencións da técnico de medios audiovisuais, Manuela Boullosa, o titor Alberto Dafonte, sen a implicación, o compromiso e a tenacidade das mozas Eva e Julia, sen o apoio dos profesionais da Fundación Secretariado Xitano e, por suposto, sen as verdadeiras protagonistas das historias: Sara e Rebeca, dúas mozas xitanas que tiveron o valor de contar diante dunha cámara a súa vida persoal”, destacou a responsable da Oficina de Voluntariado do campus.

Un proxecto moi profesional

A realización do proxecto pasou por varias fases: a de preprodución, produción e posprodución. Na primeira etapa, as voluntarias Eva e Julia prepararon o guión que deu contido a cada unha das historias que conforman o vídeo: a presentación, ser xitana, a infancia (a idade da inocencia), a inserción laboral (buscando o meu sitio), superando barreiras, a muller xitana, o meu gran apoio e finalmente Acceder (o programa que lles abre a porta á vida laboral). Nesta parte tamén se elaborou o listado de equipamentos técnicos e materiais necesarios, o plan de rodaxe e buscouse a colaboración dun titor, concretamente do profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Alberto Dafonte, que valorou o traballo como “moi profesional xa que estas rapazas non son especialistas no eido audiovisual e tiveron moito valor para levalo a cabo”.
Xa nunha segunda fase, a de produción, as estudantes gravaron o documental segundo se redactara nos guións e, na terceira fase, tivo lugar a montaxe do material gravado (posprodución).

Acceder, un programa que tramitou 121 contratos de traballo o pasado ano

Na presentación do vídeo Historias de Vida, que tivo lugar no centro Cultural de Monte Porreiro, a concelleira da Área de Benestar Social, Margarita Castejón, deu un repaso aos proxectos que desde o concello se están a desenvolver na cidade de cara á integración social e laboral dos membros desta etnia. Entre eles destacou o labor que se está a facer co programa Acceder, co que moitas persoas conseguiron un emprego nos últimos anos. Pola súa banda, o director xeral da Fundación Secretariado Xitano, Santiago González, subliñou que esta iniciativa está acadando resultados moi bos xa que no último ano tramitáronse 110 contratos de traballo e 11 de inserción laboral, 78 deles para xitanos. Pero Acceder pretende ser ademais un instrumento de intervención intercultural, polo que atendeu tamén a 90 solicitudes de outros colectivos.
Este programa, subvencionado polo Fondo Social Europeo e cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra, xa recibiu varios recoñecementos nacionais e internacionais e outro dos indicadores positivos do seu funcionamento é que case unha de cada dúas persoas que participaron nel, conseguiu un contrato de traballo.

VIII Xornadas de Comunicación Corporativa e Protocolo

O 21 e 22 de maio na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación


Coincidindo coas xornadas porase en marcha o “I Foro Hispano-Luso-Iberoamericano” desta disciplina


Image Expertos nacionais e internacionais da comunicación e das relacións públicas daranse cita no campus de Pontevedra nas VIII Xornadas de Comunicación Corporativa e Protocolo nas que, baixo a dirección do profesor Fernando Ramos, abordarase a importancia desta disciplina na imaxe das institucións e empresas. Os vindeiros 21 e 22 de maio será cando a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolla as xornadas nas que, ademais, porase en marcha o I Foro Hispano-Luso-Iberoamericano relacionado con esta materia. Segundo explica o responsable da organización, “por primeira vez creamos este punto de encontro coa intención de que teña unha continuación no tempo xa que temos moi explorado o territorio nacional, co que levamos varios anos colaborando, pero a partir de agora a idea é darlle un enfoque cada vez máis amplo ás xornadas e contar coa participación de outros países", afirma Fernando Ramos.

Image
O director das xornadas, Fernado Ramos
Ana Terceiro | Pontevedra
Expertos nacionais e internacionais da comunicación e das relacións públicas daranse cita no campus de Pontevedra nas VIII Xornadas de Comunicación Corporativa e Protocolo nas que, baixo a dirección do profesor Fernando Ramos, abordarase a importancia desta disciplina na imaxe das institucións e empresas. Os vindeiros 21 e 22 de maio será cando a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acolla as xornadas nas que, ademais, porase en marcha o I Foro Hispano-Luso-Iberoamericano relacionado con esta materia. Segundo explica o responsable da organización, “por primeira vez creamos este punto de encontro coa intención de que teña unha continuación no tempo xa que temos moi explorado o territorio nacional, co que levamos varios anos colaborando, pero a partir de agora a idea é darlle un enfoque cada vez máis amplo ás xornadas e contar coa participación de outros países", afirma Fernando Ramos.

Relatorios da man de destacados profesionais

Unha serie de conferencias intensivas mesturadas con pequenos coloquios da man dos mellores profesionais, darán contido a este evento que xa é recoñecido como un referente no sector a nivel nacional. O relatorio inaugural correrá a cargo do presidente da Organización Internacional de Cerimonial e Protocolo, Jorge Salvati, quen falará sobre a función desta disciplina como ferramenta para xestionar a imaxe das empresas e institucións. Pola súa banda, a presidenta da Asesoría para Asuntos Internacionais do Comité Nacional de Cerimonial Público de Brasil e xefa de protocolo da Prefectura de Campos de Jordao (Estado de Sao Paulo), Eliane Ubillus, compartirá cos asistentes a súa traxectoria nunha exposición baixo o título A experiencia do protocolo corporativo no ámbito internacional.
Para facer unha análise das campañas institucionais para a educación viaria, contarase coa participación de Carlos Gutiérrez Zumel, o director de comunicación do Real Automóbil Club de Cataluña, e a programación matinal pecharase coa intervención do responsable das xornadas e experto na materia, o doutor Fernando Ramos, para afondar sobre O Consello Social e a súa función na imaxe institucional da universidade pública.
As conferencias continuarán pola tarde da man do xefe de protocolo do Ministerio de Defensa, Alfredo Rodríguez, que achegará aos asistentes as apartacións do seu labor á imaxe de España en misións internacionais de paz. Pola súa parte, os doutores da Universidade de Vigo, José Rúas e Pedro Pablo Gutiérrez, presentarán un obradoiro denominado A comunicación institucional e as súas variantes: a propaganda institucional versus a publicidade institucional.
O día 22 de maio, a segunda sesión abrirase coa intervención da directora de Días Nacionais de Expo 92 e autora do Plan de Estratexia Institucional de Expo Zaragoza 2008, María Teresa Otero Alvarado. Continuarán as xornadas da man do director do Gabinete da Cámara Municipal de Oporto, Manuel Pinto, quen compartirá a súa visión das diferentes técnicas que se levan a cabo no país veciño. Xa para pechar o programa, o responsable de comunicación do Banco Pastor en Galicia, Alejandro Kowalski, falará sobre o papel que desempeña o dircom nunha sociedade robotizada e o docente da Universidade, Daniel Martí, falará sobre As salas de prensa virtuais:a nova fronteira da comunicación institucional.

Oito anos de éxito

Esta é a oitava edición das Xornadas de Comunicación Corporativa e Protocolo que o profesor Fernando Ramos puxo en marcha no ano 2001. Desde entón tratáronse temas como o protocolo universitario, o institucional, o oficial, o protocolo e as relacións coas empresas do entorno ou a responsabilidade social corporativa. Segundo apunta o seu director, “cada ano acude máis xente, non soamente alumnos da Universidade de Vigo, senón tamén de outras entidades educativas, ademais de profesionais e docentes relacionados co sector que veñen como asistentes” ao que engade que “trátase dunha ciencia de resultados, non é exacta e por iso precisa dunha reciclaxe constante que intentamos proporcionar coa organización das conferencias”, explica Ramos.
Desde os seus humildes inicios, esta iniciativa cada vez está tendo máis repercusión e agora xa conta coa colaboración de importantes entidades como a Secretaría Xeral de Comunicación da Presidencia da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Caixanova.


Para os interesados en asistir…

Todos aqueles que desexen inscribirse na oitava edición do curso complementario de Comunicación e Protocolo e no I Foro de Protocolo Corporativo Hispano-Luso-Iberoamericano, poden facelo gratuitamente na plataforma dixital www.bubela.uvigo.es coa referencia X100801. Os alumnos que asistan obterán 1,5 créditos de libre configuración e os funcionarios acadarán 0,5 puntos, ademais dun diploma de título propio da Universidade de Vigo.

Seminario "As titulacións de comunicación e o novo marco universitario europeo"

Data: 7 de maio

Hora: 17.00h

Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación


Destinado preferentemente ao profesorado, doutorandos en comunicación e membros das comisións de reforma dos plans de estudo, terá lugar unha mesa redonda na que participará o catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid, Emilio C. García Fernández, e o catedrático de Publicidade da Universidade Complutense de Madrid, Juan Benavides Delgado.

Falece o sociólogo e docente Xan Bouzada

Mª del Carmen Echevarría | Vigo

Docente e investigador. Catedrático e autor de numerosas publicacións sobre socioloxía da cultura, desenvolvemento local ou análisis sociolingüístico, falecía nas últimas horas, tras unha longa enfermidade, Xan Bouzada.
Ao longo da súa traxectoria profesional, o sociólogo Xan Bouzada, destacou polo seu traballo no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía da Universidade de Vigo, do que foi director e desde o que nos últimos tempos impartiu as materias de Socioloxía do consumo, Socioloxía da comunicación e Socioloxía xeral.
Unha labor de docencia que Bouzada foi quen de levar a cabo ao tempo que desenvolvía outras actividades como a dirección do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, da revista Cooperativismo e Economía Social ou a participación no Consello de Redaccion da Revista Grial.
Activo colaborador en medios de comunicación, Bouzada publicara hai escasamente un ano un extenso informe titulado “As políticas culturais nas sete principais cidades galegas” que puña de manifesto, tras anos de estudo, as desigualdades existentes entre as sete principais cidades de Galicia ante a cultura.

Intensa produción

O informe elaborado para o Consello da Cultura Galega foi unha das súas últimas contribucións a engadir a unha longa relación de publicacións que durante anos realizou Xan Bouzada e entre as que destaca a que en 2002 e xunto a Xesús A. Lage, realizou sobre o retorno a Galicia dos emigrantes como culminación do ciclo da emigración galega.
Nacido en Lugo en 1951, Bouzada Fernández era doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Socioloxía da Universidade de Toulouse-le Mirail.
Decenas de artigos en revistas nacionais e internacionais e decenas de libros escritos en solitario ou participados con outros autores, fixeron de Bouzada unha referencia no ámbito da socioloxía.

14.4.08

Alejandro Pizarroso Quintero exporá a súa visión

O vindeiro luns 14 de abril ás cinco da tarde o profesor Alejandro Pizarroso Quintero impartirá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a conferencia titulada “Qué es la propaganda electoral”.

O poñente afondará nos fundamentos da propaganda política e analizará as diferentes estratexias propagandísticas levadas a cabo polos principais partidos en distintos procesos electorais.

Alejandro Pizarroso Quintero é Catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid. Entre as súas obras figuran títulos como Historia de la propaganda, notas para un estudio de la propaganda política y de guerra; Información y poder e El mundo después de la imprenta, entre outras.

O acto será presentado por D. Alberto Pena Rodríguez, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A entrada é libre ata completar aforo.

10.4.08

Estreo da curtametraxe Finisterre

Data: 10 de abril

Hora: 13.00h

Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra


Este xoves, 10 de abril, vai ter lugar a proxección da curtametraxe Finisterre, do director Iago Fernández, estudante de Publicidade e Relación Públicas. Esta obra reflexiona sobre a importancia que ten a morte na sociedade galega. O acto durará aproximadamente unha media hora e o acceso será libre e gratuito para todas aquelas persoas que desexen asistir.

9.4.08

AS TITULACIÓNS DE COMUNICACIÓN E O NOVO MARCO UNIVERSITARIO EUROPEO

Mesa redonda- seminario


Interveñen:

- Prof. Dr. D. Emilio C. García Fernández

Catedrático da Universidade Complutense de Madrid

- Prof. Dr. D. Juan Benavides Delgado

Catedrático da Universidade Complutense de Madrid


Data e lugar

Día 7 de maio, ás 17:00 da tarde no Salón de Grados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.


(Destinado preferentemente ó profesorado, doutorandos en comunicación e membros das comisións de reforma dos plans de estudio)


5.4.08

Ciencias Sociais e da Comunicación comezará a vindeira semana chea de actividades

Cunha presentación dun libro, dúas conferencias e varias actividades dos alumnos


Ana Terceiro Pontevedra

A axenda da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación para a próxima semana preséntase bastante completa xa que unha presentación dun libro, dúas conferencias e varias actividades dos alumnos de cara á celebración da súa patroa, o día 24, serán os protagonistas do vindeiro luns, 7 de abril. Para comezar a xornada, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Antonio Torres del Moral, impartirá a conferencia Liberdade de expresión e acción política, un tema de interese para os estudantes do centro. Pola súa banda, o profesor portugués Mário Mesquita presentará, xa pola tarde, a súa nova obra El cuarto equívoco ao que lle seguirá o relatorio O poder dos media na sociedade contemporánea. Para complementar o día, os alumnos de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Xestión e Administración Pública teñen preparadas varias actividades que irán desenvolvendo ao longo das sucesivas semanas con motivo do festexo de Santa Kata’08.



As conferencias

Organizado pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade, terá lugar a conferencia Liberdade de expresión e acción política da man do catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Antonio Torres del Moral. A cita é as 12.15 horas na aula 6 da Facultade de Ciencias Sociais e da comunicación e a asistencia é libre ata completar o aforo.
Pola súa banda, e con motivo da presentación do seu último libro, El cuarto equívoco, Mario Mesquita impartirá un relatorio sobre o poder dos medios de comunicación ás 17.00 horas no salón de graos do centro. O autor portugués, como unha das persoas de maior prestixio e influenza do seu país, afondará sobre diversos aspectos relacionados co papel dos medios en distintos escenarios políticos e sociais e exporá diferentes casos prácticos de comunicación desde unha perspectiva tanto nacional coma internacional.

Frases célebres

Image

Xa nun ton máis distendido e cun obxectivo sinxelamente lúdico, os estudantes do terceiro curso da titulación Publicidade e Relacións Públicas, están a organizar diferentes iniciativas con motivo da celebración da súa patroa Santa Catarina de Siena o vindeiro 24 de abril. Para comezar as actividades, unha caixa de correos localizada na entrada da facultade invita aos membros da comunidade universitaria a participar introducindo frases célebres de profesores ou dos propios alumnos. Nos próximos días irase descubrindo que outras sorpresas teñen preparadas os rapaces, como o concurso para escoller a camiseta que se comercializará en Santa Kata’08 e que xa está en marcha.

31.3.08

I Jornada de Diseño Gráfico y Tipografía


Edición homenaje a Otl Aicher




18 abril 2008



Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Pontevedra
Universidade de Vigo




Director:



Prof. Dr. D. Pedro Pablo Gutiérrez



Conferenciantes:
o D. José Luis Martín Montesinos. Maestro impresor, tipógrafo y profesor en la Universidad Politécnica de Valencia.
o D. Marc Salinas Claret. Diseñador gráfico y tipógrafo. Catalana de Tipos.
o D. Andreu Balius. Tipógrafo y diseñador. Director de “Andreu Balius (tipo)graphic design”, Barcelona.




Xornada

9.30 Presentación da xornada polo Decano da facultade, Prof. Dr. D. Alberto Pena Rodríguez
9.45 Introdución. Prof. Dr. D. Pedro Pablo Gutiérrez. Director da Xornada,
10.00 “Origen del diseño gráfico moderno e España: Ricard Giralt Miracle”. Prof. Dr. D. José Luis Martín Montesinos.
11.30 Pausa
12.00 I Parte.- Tipografía creativa.
II Parte.- Catalana de tipos: Vida y milagros.
13.30 Mesa redonda sobre Otl Aicher.

16.30 “Saboreando la tipografía: Como se elabora un tipo de letra”. Andreu Balius.
18.00 Mesa redonda. A actualidade creativa e comercial da tipografía. Presentación da revista ICONOGRAPHIC.



Durante a semana anterior, terá lugar unha exposición sobre os traballos e o pensamento do deseñador e tipógrafo Otl Aicher, creador da Escuela de Ulm, a quen se lle adica esta edición de Iconotypo. Dita exposición realízase grazas a Campgráfic Editorial, de Valencia, que facilitou tódolos gráficos.

29.2.08

Xornada sobre política na educación

Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación



PROGRAMACIÓN:


LUNS 03 de marzo ás 17:00 horas.



A xornada realizarase no 3º andar da facultade de CCSSC no salón de graos

Esta charla estructúrase da seguinte maneira:


Presentación do candidato (Domingo Tabuyo, aspirante ó Congreso en 3º lugar polo PSOE ) a cargo do vicerrector do campus de Pontevedra, D. Jesús Hernández.
20 minutos de explicación do programa do partido en materia de educación.
20 minutos de charla – coloquio cos asistentes ó acto.
Finalización do acto a cargo do vicerreitor do campus de Pontevedra e entrega do obsequio.


MARTES 04 de marzo ás 17:00 horas.


A xornada realizarase no 3º andar da facultade de CCSSC no salón de graos.

Esta charla estructúrase da seguinte maneira:


Presentación do candidato (Iria Aboi, aspirante ó Senado en 1º lugar polo BNG) a cargo do decano da facultade de CCSSC, D. Alberto Pena.
20 minutos de explicación do programa do partido en materia de educación.
20 minutos de charla – coloquio cos asistentes ó acto.
Finalización do acto a cargo do decano da facultade de CCSSC e entrega do obsequio.


MÉRCORES 05 de marzo ás 17:00 horas.



A xornada realizarase no 3º andar da facultade de CCSSC no salón de graos.

Esta charla estructúrase da seguinte maneira:


Presentación do candidato (Ana Pastor, aspirante ó Congreso en 1º lugar polo PP) a cargo do decano da facultade de CCSSC, D. Alberto Pena.
20 minutos de explicación do programa do partido en materia de educación.
20 minutos de charla – coloquio cos asistentes ó acto.
Finalización do acto a cargo do decano da facultade de CCSSC e entrega do obsequio.

23.2.08

Conferencia sobre A propaganda electoral nas eleccións norteamericanas e españolas

Da man do catedrático da Universidade Complutense de Madrid, Alejandro Pizarroso Quintero


Data: luns 25 de febreiro

Hora: 17.00 h

Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Alejandro Pizarroso Quintero, catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid, ofrecerá un relatorio no que establecerá unha comparación entre s propaganda electoral nos EE.UU e en España. O conferenciante será presentado por Alberto Pena, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.



DUVI | Pontevedra
A pouco máis de dúas semanas para a celebración das eleccións xerais en España e cando o proceso electoral segue o seu curso en Estados Unidos, o catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid, Alejandro Pizarroso Quintero, abordará nun relatorio no salón de graos da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación as semellanzas e diferenzas entre a propaganda electoral nos dous países.
La propaganda electoral en las elecciones norteamericanas y españolas. Una visión comparada, é o título da conferencia que Pizarroso ofrecerá o luns 25 de febreiro ás 17.00 horas e na que, desde unha perspectiva comparada, analizará as diferentes estratexias propagandísticas levadas a cabo polos principais partidos políticos.


Pizarroso, autor e vicedecano
Autor de obras como Historia de la propaganda, notas para un estudio de la propaganda política y de guerra ou Información y poder, el mundo después de la imprenta, Alejandro Pizarroso compaxina a súa actividade no Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense, coa súa responsabilidade como vicedecano de Títulos Propios nesa institución académica. No relatorio que Alejandro Pizarroso ofrecerá este luns será presentado por Alberto Pena, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, centro no que o catedrático madrileño xa estivera no ano 2003 con motivo da inauguración do congreso Comunicación e Guerra na Historia.

19.2.08

Inauguración do Forumemprego 2008

Data: martes 19 de febreiro

Hora: 17.30 horas

Lugar: salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Asisten: Jesús Hernández, vicerreitor do campus de Pontevedra e Pedro Borrajo, delegado da Consellería de Traballo na provincia de Pontevedra


Acto de presentación das sétimas Xornadas Universitarias de Emprego de Galicia e Norte de Portugal, Forumemprego 2008, que se celebran no campus de Pontevedra o martes 19 e o mércores 20 de febreiro.

A sesión deste martes comezará cun relatorio-coloquio sobre a rede Eures e trala presentación das xornadas, desenvolverase unha mesa de experiencias baixo o título De universitario a profesional

7.2.08

Bolsas Fundación Caixagalicia para Primeira Obra

A Fundación Caixa Galicia convoca as Bolsas Fundaicón Caixa Galicia para Primeira Obra 2008 destinadas a promocionar proxectos de calquera disciplina artística (literatura, música, artes plásticas, escénicas ou audiovisuais).

O obxectivo é apoiar aos novos artistas emerxentes dándolles a oportunidade de crear, realizar e mostrar as súas obras, prestándolles apoio económico e proxección pública.

Consulta as bases aquí

BECAS FUNDACIÓN BARRIÉ 2008

Fundación Pedro Barrié de la Maza

- Posgrao no estranxeiro:
EEUU, Unión Europea y Asia
Máster, doutorado e estancias posdoctorais

- Investigación farmacoxenética:
Programa diana de medicina personalizada

- Bacharelato internacional en colexios do mundo unido

- Fillos de emigrantes galegos

- Conservación preventiva e restauración:
Programa Catedral de Santiago

- Máster en Edición Periodística

Máis información: becas@ibarrie.org
www.fbarrie.org

Cantón Grande, 9. A Coruña
Tel. 981 060 095

Policarpo Sanz, 31. Vigo
Tel. 986 110 220

BECAS FULBRIGHT

CONVOCATORIA DE BECAS FULBRIGHT DE AMPLIACIÓN DE ESTUDIOS

EN LOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA PARA TITULADOS SUPERIORES

EN CUALQUIER CAMPO DE ESTUDIO, CURSO 2009-2010



La Comisión de Intercambio Cultural, Educativo y Científico entre España y los Estados Unidos de América convoca de 20 a 25 becas Fulbright destinadas a titulados superiores que estén interesados en programas de Master's, Ph.D. o, excepcionalmente, en proyectos de investigación predoctoral en una universidad estadounidense durante el curso académico 2009-2010.


Fecha límite de presentación de solicitudes: 7 de marzo de 2008.


Dotación máxima de 60.000 dólares para: viaje, compra de libros y materiales; manutención; matrícula; seguro médico y de accidentes.


Patrocinadores: Gobiernos de España y de Estados Unidos, Instituto de la Mujer, Comunidad de Madrid, Junta de Andalucía, Fundación Ramón Areces y Universidad de Maryland-Baltimore County.


Solicitudes e información:

Web: http://www.fulbright.es/book/view/314

E-mail: adviser@comision-fulbright.org

Paseo General Martinez Campos, 24; 28010 Madrid

Tel. 91-319-1126 ó 91-702-7000; Fax 91-702-2185

I Congreso Internacional “Información, Seguridad y Defensa” (IV Nacional)

Conflictos en un mundo global

IE Universidad - Academia de Artillería

Segovia (España)
16, 17 y 18 de abril de 2008



Con el título genérico “Conflictos en un mundo global”, y tras la celebración de tres ediciones de carácter nacional, IE Universidad (previamente Universidad SEK) y la Academia de Artillería, con el patrocinio del Ejército de Tierra de España, convocan el I Congreso Internacional “Información, Seguridad y Defensa” (IV nacional), que tendrá lugar en Segovia (España) del 16 al 18 de abril de 2008.


Temática
El Congreso se estructurará en tres áreas temáticas (descriptores en documento adjunto):

1.La prevención de conflictos como aproximación integral a la seguridad.

2.El papel de la información en la prevención de conflictos.

3.Seguridad y Defensa: de la reacción a la prevención.

Comunicaciones
Los interesados en participar deberán presentar un resumen con su propuesta de comunicación antes del 29 de febrero de 2008. El plazo para la entrega de los textos completos de las comunicaciones será el 10 de Abril de 2008.

Los resúmenes y, en su caso, el texto completo de la comunicación se remitirán por correo electrónico a la siguiente dirección conisdef@ie.edu

Más información
En la página Web de la Universidad o en la dirección de correo conisdef@ie.edu

23.1.08

Relatorio: "A revisión de artigos científicos nas revistas académicas"

O vindeiro martes 29 de xaneiro ás 16.00 horas no Salón de Graos o Catedrático da Universidade de La Laguna e director da Revista Latina de Comunicación Social, José Manuel de Pablos impartirá un relatorio sobre “A revisión de artigos científicos nas revistas académicas” no que falará do funcionamento da revista que dirixe. Na súa intervención estará acompañado dun dos revisores desta publicación que explicará o proceso de admisión de artigos. A intención fundamental é que os docentes do noso centro teñan acceso a publicar nesta revista.


Entregarase certficado de asistencia.

EL FESTIVAL PLAY-DOC YAVID PRESENTAN: PLAY AVID.DOC



Objetivos

El objetivo es rodar en Tui y capturar, en poco tiempo, la esencia del tema elegido. Todo de forma espontánea, demostrando talento y creatividad.


Planteamiento

AVID, una vez más, y dado el éxito de convocatorias anteriores, vuelve a patrocinar un nuevo Maratón en el marco del Festival Internacional de Documentales de Tui.

Cuatro o cinco equipos formados por 1 ó un máximo de 2 personas, serán los encargados de grabar y editar en los días del Maratón una pieza de carácter documental cuya duración no deberá ser menos de 3 minutos ni exceder de 4 minutos, sobre el tema que proponga la organización del Festival.

Como novedad: todos los participantes del Maratón deberán asistir OBLIGATORIAMENTE a las clases de orientación específica que una serie de profesionales del medio impartirán cada día durante hora y media.

Los participantes podrán fortalecer de esta forma sus conocimientos y expectativas de la mano de profesionales del mundo audiovisual y llevar a la práctica, en un juego de soltura y rapidez, lo aprendido.

Realizar una buena pieza documental en 4 días, es un reto que sólo los mejores preparados podrán superar.

El último día, los autores presentarán sus trabajos, en una sesión especial que la organización establecerá dentro de la programación.

Los equipos de edición necesarios serán proporcionados por AVID. Cada equipo contará con un ordenador con un software Avid Media Composer 2.7 de edición de vídeo y Pro Tools LE para la edición de audio.


PRESENTACIÓN DE PROYECTOS
: 21 ENERO- 15 FEBRERO


MARATÓN PLAY AVID.DOC

ORGANIZACIÓN: PLAY-DOC Y AVID

DURACIÓN: DÍAS 12,13,14 y 15 DE MARZO

LOCALIDAD: TUI

OBJETIVO: Realización de 4 o 5 cortos documentales cuya duración no deberá ser menos de 3 minutos ni exceder de 4 minutos, con música original.

TEMA: El tema elegido se presta a varias interpretaciones y el resultado final depende de la libre interpretación por parte de cada autor. El tema elegido este año es:

“CAMINO”

Se hará público esta semana en la web del festival www.play-doc.com y en www.avidarena.com/avidhoc


PARTICIPANTES: 4 o 5 grupos de 2 personas como máximo en cada uno.

CÓMO PARTICIPAR: Entre el 21 de enero y el 15 de febrero estarán abiertas las inscripciones. Los candidatos deben enviar a la dirección electrónica:

beatriz_moreno@avid.com
info@play-doc.com

con la ref: “ Maratón Avid- Tui” , la siguiente información:

- Sinopsis del proyecto en base al tema elegido (máximo 1 A4).
- Carta de intenciones y motivación para participar (máximo 1 A4).
- Nombre, Ocupación, Edad, Localidad, Correo electrónico y Teléfono de cada miembro del grupo.


Más información: www.play-doc.com

19.1.08

A biblioteca de Ciencias Sociais abrirá as fins de semana durante a época de exames

Tras a demanda por parte do alumnado

Ana Terceiro | Pontevedra

Esta será a primeira vez que a biblioteca central do campus de Pontevedra abrirá as súas portas as fins de semana durante a época de exames. Tras unha constante demanda por parte dos estudantes, este sábado 19 de xaneiro, será a primeira fin de semana en que os alumnos poderán acudir a este centro a estudar ou a consultar calquera información para preparar as evaluacións do primeiro cuadrimestre. Como explica a directora do centro, Laura González, “en Vigo xa fai dous anos que se empezaron a abrir as bibliotecas a fin de semana e xa entón había un interese por parte do alumnado en que se incluíran tamén nesta iniciativa aos outros dous campus” e engadiu que “Ourense empezou en xuño do 2007 e ao final acordaron incluír tamén a Pontevedra”.

O proxecto tomou forma o pasado decembro cando, con motivo da convocatoria extraordinaria dos exames que ten lugar nese mes, a biblioteca ofreceu os seus servizos durante o sábado 15 e o domingo 16, servindo de experiencia piloto para esta nova etapa. Nesta ocasión o número de usuarios que utilizaron as instalacións non foi moi elevado, pero as previsións que se fan, respecto a afluencia nesta primeira fin de semana son moito máis optimistas, aínda que a directora comenta que “tamén dependerá do tempo, porque incluso estes días co temporal non houbo moita xente polas noites”, segundo Laura González.

Unha iniciativa moi esperada
Moito tempo levaban os alumnos do campus de Pontevedra reclamando ampliar o horario de apertura da biblioteca e por fin lles foi concedido. Unha das usuarias deste centro, Lúa Piñeiro, que está no segundo curso da Diplomatura de Ciencias da Educación coa especialidade en Educación Física, comenta que “se trata dunha iniciativa moi acertada xa que moita xente non ten a opción de estudar na casa e facía falta que o fixeran”. Cando se lle pregunta a un grupo de rapazas de cuarto de Publicidade e Relacións Públicas sobre o tema, responden sorprendidas que “xa era hora”, e engaden que se debería ampliar o horario de luns a sábado, para poder facer uso non só da biblioteca senón das aulas de informática e dos materias audiovisuais.

Novo persoal e novos horarios
A biblioteca, localizada na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, abrirá de luns a venres desde as 8 ata as 3 da madrugada e durante a fin de semana de 8 a 10 da noite. Para poder ofrecer este novo horario, a institución académica dotouna de novo persoal que será o encargado de atender aos usuarios e xestionar o centro durante os próximos sábados e domingos ata o próximo 14 de febreiro.
O campus de Pontevedra conta tamén coa biblioteca da facultade de Belas Artes, a única que conta con este servizo de forma independente debido fundamentalmente a súa localización fóra do campus da Xunqueira. Neste caso o horario é desde as 8 da mañá ata as 8.30 da noite.

9.1.08

Alumnos e profesionais analizarán o novo Plan Xeral Contable que afecta a todas as empresas españolas

Da man do economista e profesor Francisco López Corrales



Ana Terceiro
Con motivo da entrada en vigor do novo Plan Xeral Contable (PGC 2008), a sede da vicerreitoría do campus de Pontevedra acollerá unha conferencia sobre contabilidade que pretende analizar os aspectos máis relevantes que incorpora o PGC 2008, aprobado o pasado 16 de novembro no Consello de Ministros. Co comezo do ano todas as empresas teñen que axustar as súas contas con esta nova ferramenta que servirá para incrementar a transparencia da economía das compañías españolas.
Da man do experto na materia Francisco López Corrales explicaranse as principais diferenzas entre o antigo e o novo plan, facendo fincapé no marco conceptual, as normas de rexistro e valoración, as contas anuais, o cadro de contas e as definicións e relacións contables. Este economista e profesor de Xestión e Administración Pública, asegura que “para as empresas é un cambio importante xa que terán que adaptar os seus balances ao novo plan do 2008, tendo como principal consecuencia unha serie de custes ao ter que mudar os programas informáticos e formar ao persoal nesta materia”.
Organizada pola vicerreitoría do campus, esta conferencia terá lugar o vindeiro 10 de xaneiro ás 20.00 horas na Casa das Campás, onde se darán cita tanto os alumnos como todos aqueles profesionais interesados en coñecer un pouco máis afondo esta nova ferramenta contable e en resolver todas as dúbidas que teñan para a súa implantación.


O novo plan de contabilidade
Desde o ano 2005 as contas anuais que elaboran as sociedades que teñen valores admitidos á negociación nun mercado regulado, formulábanse coas normas internacionais de contabilidade adoptadas pola Unión Europea, mentres que o resto das empresas aplicaba a normativa española. O obxectivo desta reforma contable é evitar a dualidade existente e acadar unha lectura homoxénea dos estados financeiros das compañías do noso país. A reforma levouse a cabo de xeito que os cambios na lexislación mercantil non teñan un custe fiscal nas empresas e, para iso, realizáronse as modificacións pertinentes no Imposto sobre Sociedades.

Data e lugar
Xoves 10 de xaneiro 2008
Ás 20.00 na Casa das Campás
Pontevedra

8.1.08

Premio Fundación Caixa Galicia APG de Investigación sobre Comunicación 2008

A Fundación Caixa Galicia e a Asociación de Periodistas de Galicia convocan o Premio Fundación Caixa Galicia-APG de Investigación sobre Comunicación.

Establécese un primeiro premio de 9.000€ e unha figura conmemorativa, e dous accésit de 3.000€ e a figura conmemorativa, para o autor ou autores dos traballos de investigación.

Máis información

VI Certame Xornalístico Dora Vázquez

O Concello de Arteixo, a través da Concellería de Muller, convoca o VI Certame Xornalístico Dora Vázquez 2008.

Con esta actividade quérese difundir a opinión das mulleres en tódolos ámbitos, estimular o pensamento e a escrita no ámbito político, social, económico, deportivo e cultural, facendo fincapé na situación historicamente desigual das mulleres, na difusión da creación literaria e a escoita da súa opinión.

Poderán concorrer a él todas as mulleres que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, de temática libre e escrito en galego. As autoras serán responsábeis do contido dos artigos, que terán unha extensión entre 1.500 e 2000 caracteres, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado e cun lema da autora.

Poderanse presentar ou enviar facendo constar:
"PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VAZQUEZ", antes do 15 de febreiro de 2008 ao:
Concello de Arteixo
Plaza Alcalde R. Dopico, 1
15142 Arteixo - A Coruña

Establécese un único premio dotado de 600 €.