23.2.08

Conferencia sobre A propaganda electoral nas eleccións norteamericanas e españolas

Da man do catedrático da Universidade Complutense de Madrid, Alejandro Pizarroso Quintero


Data: luns 25 de febreiro

Hora: 17.00 h

Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Alejandro Pizarroso Quintero, catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid, ofrecerá un relatorio no que establecerá unha comparación entre s propaganda electoral nos EE.UU e en España. O conferenciante será presentado por Alberto Pena, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.



DUVI | Pontevedra
A pouco máis de dúas semanas para a celebración das eleccións xerais en España e cando o proceso electoral segue o seu curso en Estados Unidos, o catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid, Alejandro Pizarroso Quintero, abordará nun relatorio no salón de graos da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación as semellanzas e diferenzas entre a propaganda electoral nos dous países.
La propaganda electoral en las elecciones norteamericanas y españolas. Una visión comparada, é o título da conferencia que Pizarroso ofrecerá o luns 25 de febreiro ás 17.00 horas e na que, desde unha perspectiva comparada, analizará as diferentes estratexias propagandísticas levadas a cabo polos principais partidos políticos.


Pizarroso, autor e vicedecano
Autor de obras como Historia de la propaganda, notas para un estudio de la propaganda política y de guerra ou Información y poder, el mundo después de la imprenta, Alejandro Pizarroso compaxina a súa actividade no Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense, coa súa responsabilidade como vicedecano de Títulos Propios nesa institución académica. No relatorio que Alejandro Pizarroso ofrecerá este luns será presentado por Alberto Pena, decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, centro no que o catedrático madrileño xa estivera no ano 2003 con motivo da inauguración do congreso Comunicación e Guerra na Historia.

No hay comentarios: