30.9.09

30 setembro - FERPALIA


Organizado pola Cámara de Comercio tivo lugar, no recinto feiral de Pontevedra, entre o 30 de setembro e o 3 de outubro, o Salón de Turismo de Galicia, adicado iste ano os Camiños Xacobeos

14.9.09

ACTO DE INAUGURACIÓN DO CURSO 2009-10

O Decano convida a todo o alumnado e especialmente aos que empezarán no 1º curso das titulacións impartidas na Facultade de CC. Sociais e da Comunicación, así como a todo o profesorado e PAS, ao acto de inaguración do curso 2009-10, que terá lugar o vindeiro luns día 21, no Salón de Actos.


Programa do acto:
11.00 - Breve salutación do Equipo Decanal e presentación xeográfica dos centros académicos no Campus de Pontevedra

11.15 - Conferencia inaugural a cargo do profesor Xosé Carlos Sierra. Actual Director do Museo Etnográfico de Ribadavia, co título de: “O legado histórico e cultural de Galicia: imaxes e xestión”

12.00 - Benvinda do Decano e visita ás aulas e laboratorios da Facultade

Prégase a máxima puntualidade para cumprir axeitadamente o programa.

6.9.09

II Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu


Do 7 ó 12 de setembro terá lugar ó II Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu
As proxecccións, dunha duración aproximada de 70 minutos, terán lugar as 21:30 no Centro Social do Mar de Bueu. A entrada é de balde

Mais información na páxina web do Festival: http://www.ficbueu.com/


Concurso Guións Compostela Plató

O concurso de guións Compostela Plató, enmarcado no VI Festival Curtocircuito de Santiago, está aberto ata o 15 de setembro. O gañador terá a oportunidade de que unha productora cinematográfica leve a cabo o seu proxecto

Mais información en www.curtocircuito.org

Bolsas ERASMUS curso 2009-10

A II Convocatoria de bolsas Erasmus de estudantes para ocurso 2009-10 foi publicada con data 3 de setembro de 2009. As bases da convocatoria, as listaxes de prazas por centros e o formulariode solicitude estarán colgados na páxina web da Oficina de RelaciónsInternacionais:
http://www.uvigo.es/ori


O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 18 de setembro

BECAS para matricula en Mestrados Oficiales


Comunícase que está aberta a convocatoria do Ministerio de Educación de axudas a matrícula en mestrado para Titulados universitarios en situación legal de desemprego que se matriculen nun Mestrado oficial nunha universidade pública.
Prazo de presentación: Desde: 21 de agosto de 2009 Ata: 30 de octubre de 2009

Lugar de presentación:

1 - On-line: https://www.educacion.es/becasmec/CiudadanoGenerales.do?COD_CONV=MD
2 – Unha vez feita a solicitude on-line, unha copia impresa debe presentarse na secretaría de alumnos do centro de adscrición do mestrado. Enlace directo á convocatoria:
http://www.educacion.es/educacion/becas-y-ayudas/para-tus-estudios/universitarios/2009/master-universitario.html
Acceso tamén desde a páxina da Universidade de Vigo: http://eees.uvigo.es/