27.11.09

Conferencia de Andrés Mahía




Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, e ca coordinación do Profesor David Formoso, o pasado 26 de novembro o guionista de televisión Andrés Mahía deu unha conferencia-coloquio sobre o tema “Como escribir e vender un guión para Televisión”.

26.11.09

20 anos de Cinegalicia




Acaban de cumplirse 20 anos da estrea das tres primeiras longametraxes galegas de ficción (“Continental”, de Xavier Villaverde, “Sempre Xonxa” de Chano Piñeiro e “Urxa” de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal). Con iste motivo, vánse celebrar, os días 1 e 2 de decembro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, as xornadas “20 anos de cinegalicia”
O longo de dóus días faráse, no so un repaso histórico do que representaron ises filmes pioneiros, senón tamén unha reflexión sobor dos cambios experimentados polo audiovisual galego o longo dos últimos 20 anos
Xunto as proxeccións das 3 películas, comentadas polos seus directores ou protagonistas, estarán presentes outros directores, productores, guionistas e críticos que debatirán a súa visión do cine galego na actualidade


Foro "A comunicación e a cultura nos ámbitos locais"




Os pasados 23, 24 e 25 de novembro celebrouse, no Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela, o Foro de Debate: “A comunicación e a cultura nos ámbitos locais”

25.11.09

Estrea da curta "Morte dun estudante de cine"





O vindeiro venres, 27 de novembro, as 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, estrearáse a curta “morte dun estudante de cine”, de Oscar Galansky
O equipo de producción informa que non hay presuposto para viño, pero que, ademais da entrada, que é de balde, proxectaráse tamén a curta “quero o meu balandro”, do mesmo autor

24.11.09

Experiencias profesionais no mundo da publicidade


Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, levouse a cabo o pasado 23 de novembro, unha mesa redonda sobre “experiencias profesionais no mundo da publicidade. Coordinados pola profesora Emma Torres Romay, participaron: Ismael Calvo, Director Creativo de Ovo Publicidade, Lorena Martín, do Departamento Comercial e Márketing da CRTVG e Ana Díaz Pérez, do Departamento de Comunicación de Estrella Galicia

23.11.09

Cine submarino

A Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo organiza un ciclo de cine Submarino
O día 25 de novembro proxectaráse, a partir das 12 da mañá, o filme SHARKWATER, de Rob Stewart, un impactante documental rodado en alta definición, que trata de desmentir os mitos existentes sobre o tiburón e denunciar a caza indiscriminada diste peixe que está reducindo de xeito rápido a súa población.

O día 26, tamén as 12 da mañá, chegará o turno para a película “O bosque encantado”, con imaxen, guión e dirección de Jorge J. Candán e música orixinal de David Morales. Co “Bosque Encantado” preténdese acercar ó público a gran riqueza do ecosistema subacuatico de Galicia “o bosque de algas”, un bosque descoñecido para o gran público, obxeto de medos inxustificados dos bañistas

Festival Cine feito por mulleres


Do 20 o 22 de novembro celebrouse no Auditorio de Galici, en Santiago de Compostela, unha edición no "Festival de Cine feito por Mullerers" (MUFEST)

17.11.09

Ciclo cinema documental

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira (Redondela) organiza un Ciclo de Cinema Documental. O colectivo redondelán ten como obxectivo principal a reflexión e acción crítica sobre as diferentes formas de consumo. Por iso programa un Ciclo de Cinema Documental que ofreza elementos de análise do noso propio modelo económico dominante, xunto a alternativas de consumo.


O mércores 18 de Novembro, no Multiusos de Redondela, proxectaráse o filme “Home” de Yann Arthus-Bertrand (2009), unha longametraxe que alerta sobre o noso
impacto na Terra. O vindeiro xoves 3 de Decembro, tamén no Multisuso de Redondela, o filme escollido será “Os respigadores e a respigadora” (2000), de Anges Varda, no que reflexa, dende unha perpectiva experimental, a realidade social sobre unha serie de respigadores que procuran comida, trapallada e diversos obxectos de refugallo

Curso da ACSUG

Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, levouse a cabo, o pasado 17 de novembro, o curso "Control da calidade docente no Sistema Universitario de Galicia", impartido por Técnicos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

16.11.09

Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro de Internet na Infancia


O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a traveso dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, organizou unhas Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro de Internet na Infancia, que se celebraron o pasado día 16 de novembro na Sala de Videoconferencia da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Impartidas por D. Fernando Mato, enxeñeiro de telecomunicación colexiado no COETG, tiveron como finalidade concienciar ao colectivo sobre os usos e riscos das TIC e facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que se impida o acceso á sociedade da información

11.11.09

Taller de monitorización para investigación de Social Media”

Organizado pola Sección Departamental de Comunicación do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo, e dentro do programa de Formación do PDI, levouse a término, os días 10 e 11 de novembro, o curso “Taller de monitorización para investigación de Social Media”, dirixido polo Profesor Roberto Carreras Plaza

O curso, despois de facer unha breve introducción os Social Media, abordou a importancia de monitorizar online, fixo unha aproximación as ferramentas de monitorización e rematou cun taller práctico

10.11.09

Conferencia “A integración en Sudamérica"

Organizado pola Area de Ciencia Política e da Administración, tivo lugar, o 10 de novembro, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, a conferencia “A integración en Sudamérica”, impartida polo Prof. de Dereito Constitucional da Universidade Católica de Valparaíso (Chile) ALAN J. BRONFMAN VARGAS.
O Profesor Bronfman ofreceu unha panorámica dos diferentes procesos de integración (política, económica, comercial) que teñen lugar no Continente americano, en particular, en Sudamérica, tendo como referencia a experiencia europea

5.11.09

Curso Xestor Bibliográfico RefWorks

Organizado pola Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, e dirixido a todo-los docentes da Universidade de Vigo, levouse a cabo, o pasado 5 de novembro, nas Salas de Informática da Facultade, o curso sobre o Xestor Bibliográfico RefWorks