30.10.09

Xornada de fotografía


O 30 de Outubro tivo lugar unha xornada de fotografía que, baixo o lema “Miradas e visións: dúas propostas en torno á fotografía” puxo en contacto os alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación con dóus recoñecidos fotógrafos de actualidade: Alberto García Alix e Juan Pablo Moreiras

Juan Pablo Moreiras na Facultade


Juan Pablo Moreiras: fotógrafo de natureza, destaca polo seu excelente rigor técnico e a súa exquisita plasticidade. Percorre o planeta na busca de paisaxes vírxenes, tomando postura por un equilibrio sostible da natureza e criticando a degradación progresiva do medio ambiente.

Durante 10 anos foi fotógrafo do International Gorilla Conservation Programme. As súas fotografías ocuparon as páxinas de semanarios e revistas tan prestixiosas como El País Semanal, Magazine de La Vanguardia, Geographical, The BP Magazine, Fauna & Flora, etc.

Alberto García Alix na Facultade



Alberto García Alix – Premio Nacional de Fotografia no 1999. Un dos fotógrafos españois máis recoñecidos a nivel internacional e un dos estandartes da chamada "Movida Madrileña". Nas súas obras emprega unha poderosa imaxinería para levarnos ó lado máis duro da sociedade, misturándoo co seu incuestionable xenio artístico. Protagonista de numerosas exposicións individuais e colectivas ó longo dos museos de arte contemporánea máis afamados.

26.10.09

III Xornadas de Comunicación



Organizadas pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e dirixidas pola profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Ana Belén Fernández Souto, leváronse a cabo, os días 26 e 27 de outubro, no Salón de Actos da nosa Facultade, as III Xornadas de Comunicación, que iste ano estiveron adicadas a Organización de Eventos deportivos

9.10.09

ENTREGA DE DIPLOMAS



O venres, día 9 de outubro, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación celebrou o acto de entrega de diplomas á XI promoción de Licenciados en Publicidade e RR.PP, a VII de Diplomados en Xestión e Administración Pública e a IV de Licenciados en Comunicación Audiovisual
No mesmo acto, e como ven sendo habitual, entregáronse as Becas de Honra, que este ano foron concedidas a J. Manuel Fernández Alvariño, Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Iván Puentes Rivera, Alcalde de Fene, e a Mabel Rivera, actriz


Igualmente, entregouse a Insignia de Ouro da Facultade ao escritor Manuel Rivas Barrós