8.1.08

VI Certame Xornalístico Dora Vázquez

O Concello de Arteixo, a través da Concellería de Muller, convoca o VI Certame Xornalístico Dora Vázquez 2008.

Con esta actividade quérese difundir a opinión das mulleres en tódolos ámbitos, estimular o pensamento e a escrita no ámbito político, social, económico, deportivo e cultural, facendo fincapé na situación historicamente desigual das mulleres, na difusión da creación literaria e a escoita da súa opinión.

Poderán concorrer a él todas as mulleres que o desexen cun artigo de opinión inédito, único e orixinal, de temática libre e escrito en galego. As autoras serán responsábeis do contido dos artigos, que terán unha extensión entre 1.500 e 2000 caracteres, escritos en papel DIN A4 por unha soa cara. O artigo deberá ir titulado e cun lema da autora.

Poderanse presentar ou enviar facendo constar:
"PARA O CERTAME XORNALÍSTICO DORA VAZQUEZ", antes do 15 de febreiro de 2008 ao:
Concello de Arteixo
Plaza Alcalde R. Dopico, 1
15142 Arteixo - A Coruña

Establécese un único premio dotado de 600 €.

No hay comentarios: