24.1.07

A Organización Internacional de Ceremonial e Protocolo aprobou o código ético elaborado por Fernando Ramos


“Un modelo que recolle as normas correctas de actuación para os profesionais do protocolo”. Así define o profesor de Dereito da Información da Universidade de Vigo, Fernando Ramos o seu código deontolóxico. O traballo, encargado pola Organización Internacional de Cerimonial e Protocolo, foi aprobado pola totalidade dos membros da asemblea xeral deste organismo no seu VII Congreso celebrado o pasado mes de novembro en Zaragoza. “É para min toda unha honra e satisfacción xa que se trata dun recoñecemento internacional por parte dun organismo que agrupa a xefes de protocolo, directores de comunicación e representantes de distintos países de Europa, América e África”, afirmou o docente.Ademais da valoración do seu traballo, Ramos foi nomeado nesta reunión presidente da comisión deontolóxica, cargo do que comentou que “é unha nova responsabilidade e un orgullo para min ser o titor da ética desta entidade”.O profesor sinalou que para a súa elaboración se valeu da experiencia que lle aportou ser un dos partícipes doutros regulamentos similares e comentou que “participei tamén na redacción do Código deontolóxico da profesión periodística no ano 1994 en Sevilla”.O Código“Que el premio del deber sea el deber mismo” é o lema que se inscribe no preámbulo docódigo deontolóxico do profesor Ramos. O documento consta, ademais do prólogo introdutorio, de 30 puntos estruturados en tres apartados: regras de conduta, principios de actuación e consideracións finais.Na introdución o docente define normas éticas como “o conxunto de regras que marcan o comportamento ético duns profesionais, quen para selo e por selo han de asumilas e respectalas” e sinala, a actividade profesional do protocolo como unha das máis antigas da humanidade, remontándoa aos albores da sociedade organizada.Ao longo do texto, Ramos sinala unha serie de pautas que todos os profesionais do protocolo deben seguir, entre as que destacan, o deber de asumir como valores fundamentais os Principios da Carta de Nacións Unidas, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos e todo o conxunto do sistema de valores que rexen a sociedade internacional. O profesional do protocolo debe aceptar tamén valores como os que marca o ordenamento constitucional da sociedade na que desempeñen o seu traballo así como, os principios de tolerancia, respecto e convivencia entre culturas. O docente, destaca ademais, a lealdade e a actitude aberta e cooperadora que deben ter todos os profesionais que traballan neste campo e apunta que o fin último desta actividade reside en mellorar a comunicación entre os seres humanos.
(Nova extraída do DUVI)

No hay comentarios: