23.4.07

I Concurso Fotografía


I Concurso Fotografía

Proxecto NEA


BASES
1. TEMÁTICA: As fotografías presentadas ao concurso deberán ter por obxecto
calquera aspecto relacionado coas actividades náuticas, xa sexa dende o punto de vista
deportivo, cultural, ecolóxico, lecer, turístico...etc
2. QUEN PODE PARTICIPAR: Todas as persoas, maiores de 18 anos, interesadas nesta
expresión artística.
3. MATERIAL A ENVIAR: Fotografías orixinais en formato papel en cor ou branco e
negro, nun tamaño que non supere os 20 X 25 cm. A efectos de evitar deterioros rógase
que as fotos veñan montadas sobre un soporte ríxido de 30 X 40 cm, cun grosor máximo
de 5mm. No reverso debe figurar só o título da obra. As fotografías non poderán estar
retocadas nin ser obtidas utilizando filtros nin manipuladas mediante técnicas informáticas.
Só se poderán enviar un máximo de DOUS traballos por participante.
Cada traballo deberá ir acompañado, en sobre pechado, dunha ficha na que consten os
seguintes datos:
• Título da fotografía
• Nome e apelidos do autor
• Data de nacemento.
• Dirección postal e correo electrónico.
• Teléfono de contacto
• Declaración de que a obra é orixinal, non recibiu ningún outro premio
noutros concursos e aceptación das presentes bases.
• Firma do autor.
4. COMO PARTICIPAR: Os participantes deberán enviar os seus traballos antes do
luns 30 de abril de 2007
ao apartado de correos 2156 de Santiago de Compostela,
considerarase como data de presentación a do mataselos do sobre.
Calquera traballo que incumpla este prazo será automáticamente desestimado.
5. PREMIOS: Establécense os seguintes premios:
• 1º Premio: 400 euros e trofeo
• 2º Premio: 250 euros e trofeo
• 3º Premio: 150 euros e trofeo

6. XURADO: O xurado estará formado por representantes da Exma. Deputación de
Pontevedra, representantes do Proxecto NEA, profesionais da fotografía e representantes
do mundo do deporte. A súa decisión será inapelable.
7. PROCEDEMENTO DO CONCURSO:
Fallo do Xurado: Unha vez recibidos os traballos no prazo sinalado no punto 4, as obras
concursantes serán sometidas á consideración do xurado, que fará público o seu
fallo o Sábado 5 de Abril de 2007.
Entrega: Os premios entregaranse o día 5 de abril de 2007 no transcurso dunha cerimonia
que se celebrará no Patronato de Turismo Rías Baixas situado na Pza. Santa María, s/n
C.P. 36071 – Pontevedra
8. Todos os traballos presentados ao concurso pasarán a ser propiedade da Deputación
de Pontevedra.
9. Os participantes neste certame ceden á Deputación de Pontevedra calquera
tipo de dereitos que puidesen corresponderlles respecto das fotografías presentadas
Os participantes serán os únicos e exclusivos responsables do contido
das súas fotografías en canto á imaxe presentada e a esixencias legais de
dereitos de imaxe ou plaxio, segundo as leis vixentes.
10. A organización declina expresamente toda responsabilidade respecto da autenticidade
dos datos expresados polos participantes en dita ficha.
11. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases.


máis información

No hay comentarios: