28.5.07

Mañá darán comezo as xornadas "Marca Galiza"


10.00h Facultade de CC.SS e da Comunicación

Recomendacións da organización para as persoas matriculadas:
1º Mañá martes, as Xornadas INAUGÚRANSE ÁS 10 DA MAÑÁ EN PUNTO. En
consecuencia:
- as persoas inscritas, debedes de estar cando menos media hora
antes para pasar pola Mesa de Control de Asistencia, para comunicar a mesma. ISTO É
IMPORTANTE Á HORA DE COTEXAR A CONCESIÓN DO DIPLOMA DE ASISTENCIA.

2º Nesa Mesa de Control, RECOLLEREDES A DOCUMENTACIÓN DAS XORNADAS, as
Carpetas que conteñen a Documentación de cada unha das Mesas-Debate así
como a dos Conferenciantes.

3º Será necesario pasar por esta Mesa de Control TÓDOLOS DÍAS TANTO Ó
COMEZO DA MESA DA MAÑÁ e tamén DA TARDE. Somentes con comunicar a asistencia,
basta.
ESTA MESA TEN AS LISTAXES DE ASISTENTES ORDENADAS ALFABETICAMENTE POR
PRIMER APELIDO: unha listaxe para as letras da A á J, e outra da K á Z.

4º PRÉGASE A MÁXIMA PUNTUALIDADE EN TÓDALAS MESAS, SOBRE TODO MAÑÁ, QUE
É O PRIMEIRO DÍA, E CÓMPRE LEVAR O PROGRAMA COA MAIOR RIGOROSIDADE POSIBLE.

5º COMPROBAR Ó PASAR POLA MESA DE CONTROL, QUE TANTO NOME COMO APELIDOS
ESTÁN BEN ESCRITOS, PARA NON COMETER ERROS Á HORA DE EXTENDER O DIPLOMA
DE ASISTENCIA, QUE SE ENVIARÁ ÓS VOSOS DOMICILIOS.
Máis información

23.5.07

Inauguración do VII curso complementario de Comunicación Corporativa


O protocolo como ferramenta de comunicación

As xornadas contan con máis de 200 alumnos inscritos

Un ano máis, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, convértese nun punto de encontro de expertos nacionais e internacionais en materia de protocolo. Todos eles, achegarán, ao longo de dúas xornadas, os seus coñecementos e experiencias nesta sétima edición do xa tradicional curso sobre Comunicación Corporativa e Protocolo que foi inaugurado esta mañá no campus.

Dirixido polo profesor Fernando Ramos, o curso conta, como sinalou o decano do centro, Alberto Pena, “cunha gran aceptación e éxito por parte do público”. Mostra disto son os máis de 200 inscritos, entre os que se atopan alumnos das tres universidades galegas e estudantes de diversas rexións de España e Portugal.

Baixo o título “Protocolo e protocolos para a comunicación de empresas e institucións: as ferramentas da excelencia”, as xornadas, responden a unha formación de carácter complementaria na que, como apuntou o seu organizador, “a Universidade proxecta o coñecemento cara a sociedade”.

Ramos subliñou, ademais, que no curso se entende o protocolo non só na súa acepción de “cerimonial”, senón máis ben como “unha ferramenta comunicativa para favorecer a imaxe pública de empresas e institucións”.

Para o director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, Manuel Fernández, “o protocolo adquire, cada vez, unha maior importancia na nosa sociedade e, neste mundo tan globalizado, é fundamental un responsable que faga as relacións o máis fácil posible”.

A conferencia inaugural correu a cargo de Isabel Amaral, presidenta da Asociación Portuguesa de Estudos de Protocolo, quen analizou o protocolo institucional na empresa dende a perspectiva lusa. A relatora fixo un percorrido polo protocolo de Estado dende 1868 ata a actualidade e apuntou que no seu país este cerimonial é responsabilidade dun servizo de Protocolo de Estado que está en mans de representantes da sociedade e que “entre as súas competencias está definir as regras que deben presidir ao ritual, etiqueta e pragmática de acordo coas prácticas internacionais e coas tradicións do Estado portugués ”.

Ademais, ao longo desta xornada analizáronse, entre outros aspectos, as estratexias, os protocolos de actuación para a comunicación en crise, o valor monetario da excelencia ou os novos modelos e soportes para a información institucional.

Xoves

A xornada de mañá contará coa presenza de convidados de auténtico luxo. Ás 9.45 horas Juan Carlos Gafo e Alfredo Rodríguez, directores de protocolo da Presidencia do Goberno e do Ministerio de Defensa respectivamente, debaterán se é preciso a reforma do Real Decreto de Precedencias do Estado. A continuación, o profesor Fernando Ramos fará un breve apunte sobre a necesidade dun Estatuto para o Príncipe Felipe.

Unha análise sobre a cultura xerada polo viño de Oporto dende as perspectivas portuguesa e británica, centrará a seguinte conferencia ás 11.30 horas. Os relatores serán Manuel Cabral, director da Presidencia da Cámara Municipal do Porto, e o británico George Hall, consultor de comercio internacional.

O seguinte panel, ás 13.00 horas, buscará trazar o perfil do director da comunicación no século XXI e contará, para isto, coa presenza de expertos como Luís Ángel Sanz, Valentín Martínez ou Alejandro Kowalski.

Xa na sesión da tarde, as conferencias centraranse no protocolo e imaxe institucional nas Cortes de Aragón, os servizos exteriores da Universidade Pública, e por último, o rol dos Consellos Sociais na imaxe dos centros de educación superior. O acto de clausura terá lugar ás 19.45 a cargo de Fernando Ramos, organizador das xornadas.

CHARLA DO AVOGADO JUAN SALMERÓN

A PROTECCIÓN XURÍDICA DAS IDEAS E AS OBRAS AUDIOVISUAIS

O vindeiro venres, 25 de maio ás 11:15-11:30h, dentro dos cursos de Extensión Universitaria, terá lugar a intervención do avogado Juan Salmerón, experto en Propiedade Intelectual e socio do prestixioso bufete Écija Avogados. Este importante bufete posee na súa carteira de clientes a productoras tan significativas como Globomedia.


A intervención de Juan Salmerón versará sobre “ A protección xurídica das ideas e as obras audiovisuais”.


A asistenza a este seminario, que se impartirá na Aula de Audivisual, no segundo andar, está aberta a tódolos alumnos de Comunicación Audiovisual e
Publicidade e RR.PP. A entrada será libre ata completar aforo.

Protocolo y protocolos para la comunicación de empresas e instituciones: Las herramientas de la excelencia

CURSO COMPLEMENTARIO DE COMUNICACIÓN Y PROTOCOLO 2007

LUGAR Y FECHA DE CELEBRACIÓN:
Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación. Universidad de Vigo.
Campus de Pontevedra. Días 23 y 24 de mayo de 2007,
en jornadas de mañana y tarde, con descanso para comer.

INSCRIPCIÓN: Gratuita, a través del Aula Virtual Bubela
https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php

PROGRAMA:

Día 23 de mayo, miércoles.

09.30. Apertura Curso
10.40. Primer panel. El pensamiento estratégico en la comunicación institucional.
11.35. Descanso
11.50. Segundo Panel. Protocolo para la comunicación en crisis.
12.50. Tercer Panel. La medición monetaria del valor de la excelencia. Efectos económicos de una buena imagen. ¿Cómo medir los intangibles de una empresa o una institución?
13.50. Coloquio general.
14.15. Descanso
16. 30. Cuarto panel. Nuevos modelos, nuevos soportes, nuevas demandas para la comunicación institucional en la empresa y las instituciones.
17.15. Descanso
17.20. Quinto Panel. Comunicación estratégica y gestión de entornos. Facetas de la Responsabilidad Social Corporativa. Mi experiencia desde una multinacional.
18.05. Descanso.
18.10. Sexto panel. El vídeo corporativo. Comunicación audiovisual al servicio de la mejora de la identidad en las organizaciones.
19.15. Coloquio general.
19.30. Fin de la sesión.

Día 24 de mayo, jueves
09.45. Séptimo Panel. La situación actual del Protocolo oficial en España. Debate sobre el Real Decreto de Precedencias del Estado y la necesidad de su reforma. Plaza para la sociedad civil.
11.15. Descanso
11.30 Octavo panel. Protocolo y cultura: Paradigmas de la marca universal como abstracción intelectual y fenómeno comercial: el vino de Oporto.
12.40. Coloquio general
12.50. Descanso.
13.00. Noveno panel: El director de comunicación en el siglo XXI: Perfil e importancia de su formación especializada.
14.15 Coloquio.
14.30. Fin de la sesión.
16.40. Décimo panel: ¿Cómo entender la excelencia? Protocolo e Imagen institucional en las Cortes de Aragón.
17.40. Descanso
18.00. Undécimo panel. Los servicios exteriores de la Universidad Pública: EL CEATE de la Universidad de Carabobo (Venezuela). Formación a la carta para las necesidades de la empresa.
19.00. Conferencia de clausura: Los consejos sociales, la representación de la sociedad y su rol en la imagen de la Universidad Pública.

20.5.07

GZ CREA 2007: CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS (02-05-2007)


INICIA A SÚA ANDANZA GZ CREA 2007: CERTAME GALEGO DE CREADORES NOVOS (02-05-2007)

IDADES: Entre 16 e 30 anos. PRAZO ENVÍO SOLICITUDES: Ata o 13 de xullo
O certame galego de creadores novos inclúe as especialidades de Teatro, Artes Plásticas, Moda, Música, Relato, Poesía, Audiovisual, Banda Deseñada, Grafitti, Carteis, Artes do Movemento e Composición para Banda de Música.
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2007.

A solicitude dos/das participantes deberá facerse no impreso normalizado, e entregarase tamén a documentación xeral que se explicitan nas bases, así como, a documentación específica de cada modalidade. Lembrade que para o ENVÍO DE SOLICITUDES o Prazo é ata o 13 de xullo, incluído.

Cada participante poderá presentar unha obra por especialidade, establecendose os seguintes premios por especialidade (teatro, artes plásticas, moda, música, relato, poesía, audiovisual, Banda deseñada, graffiti, carteis, artes do movemento e composición para banda de música):

* Un primeiro premio de 3.000 euros

* Un segundo premio de 1.500 euros

* Un terceiro premio de 1.000 euros

máis información: www.gzcrea.com

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA `IMAXES DE BARRO´ 2007

1. CATEGORÍAS:

Aspectos históricos, arquitectónicos, paisaxísticos e etnográficos do Concello de Barro.

A viña e o viño, cultura e tradición en Barro.


2. PREMIOS:
De entre todas as fotografías recibidas, concederanse un primeiro premio e un premio finalista por categoría.

1er PREMIO:

Aspectos históricos,... =300 €

A viña e o viño,... = 300 €


PREMIO FINALISTA:

Aspectos históricos,... =150 €

A viña e o viño,... =150 €


3. CÓMO PARTICIPAR:
Podrán participar no concurso todas as persoas de casqueira idade e procedencia.
Cada participante podrá presentar un máximo de 3 fotografías por categoría polo que non se aceptarán máis de 6 fotografías por persoa.
As fotografías podrán ser en color ou en branco e negro e realizadas mediante unha cámara analóxica ou dixital.

Envíos:
O participante deberá enviar a/s fotografía/s atendendo ós siguientes requisitos:

- Enviar unha impresión en papel fotográfico de tamaño de 24 x 36 cm., en color ou en branco e negro.

- No dorso de cada fotografía deberá figurar un lema igual para o conxunto de fotografías e o título de cada una. Nun sobre pechado co mesmo lema escrito por fora deberán axuntar os seguientes datos: nome e dirección teléfono fixo e móbil do autor, a categoría, título, lugar e data da fotografía.

Toda a información deberá enviarse por correo ou entregarse no concello con rexistro de entrada nun sobre pechado a:
Concurso Fotografía “Imaxes de Barro 2007”. Santo Antoniño Perdecanai, s/n. 36194 Barro Pontevedra

Calendario:
- A data de recepción comezará o 1 de Abril de 2007 e rematará o 31 Maio de 2007, ambas inclusive. Os traballos recibidos despois da data de reunión do xurado quedaran excluidos.

-O fallo do xurado farase público nos medios de comunicación e na páxina de Internet www.barro.es durante o mes de xuño de 2007.



16.5.07

Certame VISIÓNS de fotografía dixital.


Concello de Redondela

1. PARTICIPANTES.

Destinada a todos os fotógrafos tanto afeccionados, como profesionais que o desexen maiores de idade. As fotografías teñen que ser orixinais e non premiadas en ningún concurso anterior e cunha antigüidade non superior os dúos anos.


2. TEMÁTICA.

O título do certame é fotografía turística de Redondela. Cabe precisar que se poden presentar obras sobre calquera elemento do Concello que poida servir para a súa promoción (pratos e productos gastronómicos, ambientes e personaxes, festas, monumentos, arte, recunchos, artesanía, paisaxes, etc.)

3. OBRA.

Poderán presentarse un máximo de 3 fotografías impresas e ata 7 en formato dixital por cada autor. As fotografías impresas teñen que formar parte da colección dixital. Para participar tense que presentar, como mínimo, unha fotografía impresa e o seu correspondente arquivo nun CD ou DVD.

As fotografías impresas deberán ser presentadas sobre un soporte ríxido.

As fotografías en formato dixital deben presentarse nun CD ou DVD.

Arquivo JPEG. Tamaño: 2 mb. mínimo. / Resolución 300 ppp. mínimo.
Arquivo TIFF. Tamaño: 10 mb. mínimo. / Resolución 300 ppp. mínimo.
Non establécese límite máximo para o tamaño do arquivo.

As obras presentadas, permitirán debido á súa natureza dixital, o retoque das fotografías, sempre que sexa a aplicación de filtros globais que melloren a súa calidade.


4. PRESENTACIÓN.

O prazo de presentación será a partir do 9 de abril do 2007 ata o 24 de agosto do 2007. A entrega deberase realizar na Oficina de Turismo do concello de Redondela, á atención da concellería de Turismo, indicando I concurso de Fotografía Dixital Turística do Concello de Redondela, ou ben, enviar por correo ao enderezo: Rúa Alfonso XII, nº 2 - 36800 - Redondela, (Pontevedra) ESPAÑA, á atención da concellería de Turismo. Os gastos do envío correrán a cargo do participante.

O formato dixital (CD OU DVD) e as imaxes impresas deberán ir identificados por un pseudónimo e co nome correspondente á obra.

A obra ten que ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo da obra.


Máis información

14.5.07

“Da idea á rúa. Procesos de traballo no deseño de cartaces”

A DAG organiza, en colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, un encontro con sete deseñadores gráficos reunidos baixo o lema “Da idea á rúa. Procesos de traballo no deseño de cartaces”. Ventura Cores, Pepe Barro, Alberte Permuy, Jorge Riveiro, Antonio Doñate, Xosé Maria Torné e Pancho Lapeña proxectarán e falarán sobre as súas pezas máis importantes nunha mesa coordinada e presentada por Uqui Permui.

A DAG inaugura deste xeito unha serie de mesas informativas e conferencias arredor do deseño que se levarán a cabo tamén noutras cidades galegas.

O acto terá lugar o vindeiro martes 15 de maio, ás 20h., na Biblioteca González Garcés da Coruña.

máis información: http://www.asociaciondag.org/

Unhas xornadas de cine

Baixo o título Curtas.gz nacen, de mans dos propios estudantes universitarios, organizados nos Comités Abertos de Facultades (CAF), e do Cineclube da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, unhas xornadas que pretenden pór en valor a historia da curtametraxe en Galicia e, á vez, motivar aos alumnos no o seu desenvolvemento profesional.
Na presentación do acto, o vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, felicitou o labor realizado polos membros dos CAF, non só na organización destas xornadas, senón tamén no gran número de actividades que están a realizar en toda a Universidade e que “perseguen unha formación integral do alumnado, máis alá do estritamente académico”. Area apuntou tamén que esta iniciativa serve “para reivindicar e demostrar que no noso país existe unha gran creatividade, aínda que moitas veces se pase por alto”.
Pola súa banda, Ana Belén Fernández, directora de area de Extensión Universitaria e Estudantes do campus de Pontevedra, amosou o apoio co que contan este tipo de proxectos estudantís e definiu como propósito da vicerreitoría do campus “promover actividades de calidade propostas polo alumnado”.
Curtas.gz son unhas xornadas que, como sinalou o responsable dos CAF, “están feitas por e para os estudantes”, e que pretende, ao longo de dous días, afondar na historia do curtametraxismo en Galicia. A programación busca dar a coñecer a súa xénese e evolución, dende os seus inicios ata o cinema afeccionado dos anos 70 e 80, así como servir de punto de encontro para o debate en torno á realización de curtas na actualidade e tamén, reivindicar a necesidade dun cinema propio como símbolo da vitalidade cultural da nosa comunidade. Nese senso, o coordinador das xornadas, Bernal Rúa, fixo unha pequena reflexión sobre os grandes impedimentos cos que as curtas se tiveron que enfrontar nos seus inicios: “hai máis de 30 anos un grupo de intrépidos mozos amosou que era posible un cinema galego, para isto tiveron que loitar contra moitas dificultades propias do seu tempo e da discriminación” . Ademais Rúa, avogou pola necesidade de seguir creando historias e apuntou que “debemos ser críticos coa situación actual e demostrar que a nosa lingua no cine é tan válida como calquera outra”.

10.5.07

Políticas Culturais


Ademais da charla sobre a integración de Turquía na Unión Europea, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación contou, nesta xornada, coa participación do Doutor en Ciencia Política da Universidade de Montpellier, Enmanuel Negrier, quen falou sobre as políticas culturais nas áreas metropolitanas de Francia.

A charla, organizada pola Área de Socioloxía contou coa presenza dos profesores Xoán Bouzada e Xesús Laxe. Ambos docentes destacaron a importancia que este tipo de políticas están adquirindo hoxe en día para os expertos en Publicidade e Relacións Públicas: “é un viveiro laboral para os profesionais das titulacións que aquí se imparten”, subliñou Bouzada.

O relatorio de Negrier afondou na territorialidade e planificación da cultura en Francia. Este tipo de políticas teñen, como sinala o experto “unha historia de 47 anos e o seu nacemento se explica pola unión de cultura e estado do benestar ”.

Negrier explicou tamén aos asistentes os debates que, con respecto a esta materia, se están a suscitar actualmente en Francia. O primeiro deles é o de territorialidade, que se centra nas modalidades de intervención do Estado, así como o papel que desenvolven os poderes rexionais, provinciais, municipais ou metropolitanos na xestión da cultura. O segundo debate é sobre os procedementos, concibidos de xeito unilateral ou bilateralmente: “trátase de compartir ou non o financiamento ”. E xa por último, o conflito sobre as finalidades: “se as políticas culturais se xustifican por si mesmas ou se están ao servizo doutros obxectivos públicos”, sinalou o experto, quen concluíu a súa charla optando por unha postura intermedia, “o futuro da política cultural está en cruzar o compromiso entre ambas finalidades”.

Europa vista polos expertos


Charlas sobre a ampliación da UE e as políticas culturais

A posible integración de Turquía na Unión Europea centrou o debate nunha das conferencias que se celebrou esta mañá, na Facultade de Ciencias Socias e da Comunicación.

O profesor do departamento de Ciencia Política e da Administración, Celso Cancela, foi o encargado impartir a charla na que se trazou, ademais dun perfil do país asiático, as vinculacións históricas co Estado Europeo e as actuais posturas dos membros da UE ante a súa posible adhesión.

A conferencia formaba parte dun ciclo que, con motivo do 50 aniversario da firma do Tratado de Roma, e baixo o título “A integración europea a debate”, pretende achegar aos tres campus universitarios as opinións de expertos nesta materia.

No seu relatorio Cancela explicou aos asistentes a actual situación política do país: “nestes momentos é moi delicada, as recentes intervencións militares poden afectar de xeito moi negativo ás negociacións”. Ademais, sinalou o docente, “tampouco lle axudan moito políticos que, como Sarkozy, empregan á súa oposición á adhesión como baza electoral”.

No que se refire á economía, a realización de continuas reformas manten o seu desenvolvemento e estabilidade: “segundo a OECD, o país conta cun crecemento de arredor do 5-6% no que levamos de década e unha inflación por debaixo do 10%, o que supón todo un éxito”, sinalou Cancela.

O debate tamén se centrou nas posicións dos distintos membros da UE en canto á integración do estado turco. Por unha banda, países conservadores como Alemaña, Austria ou Francia amosan abertamente a súa postura contraria: “apostan por outro tipo de vinculación, pero sen converter a Turquía en membro de pleno dereito”, matizou o relator. Entre os principais motivos para a súa oposición están a emigración masiva e descontrolada que a ampliación pode carrear.

Unha gran poboación de 71 millóns de habitantes cun potencial de desenvolvemento relativamente alto e un incremento da seguridade, son os principais fundamentos de países que, como Reino Unido, España, Portugal, Italia ou Grecia se mostran favorables. E tamén, aínda que non pertence á UE, destaca como gran defensor Estados Unidos: “para el o ideal sería que o territorio OTAN coincidira co da Unión Europea”, apuntou Cancela. O profesor sinalou, ademais destes beneficios, toda unha serie de valores que comparte co estado europeo e que o fan merecedor da integración. Para o docente “Turquía puxo diante un debate que nunca antes se dera: que é Europa?, que é a identidade europea?, que nos define?”.

9.5.07

Curtas.GZ


Xornadas da Curtametraxe Galega , 14 e 15 de Maio

Os días 14 e e 15 de Maio terán lugar na Facultade de Ciencias Sociais
de Pontevedra as Xornadas da Curtametraxe Galega "Curtas.GZ".

O primeiro día trataremos os inicios e evolución do curtametraxismo
galego até os 70-80.Temos confirmados a Xavier Villaverde (Continental),
Manuel Abad (TVG), Carlos L. Piñeiro (EGACI), Miguel Castelo (Ábrago Filmes),
Antonio Simón, Xosé Nogueira (USC), Ramiro Ledo (CCCV) e aos docentes
da nosa facultade Miguel Anxo Fernández, Pepe Coira e José Luis Castro de
Paz.

O segundo día trataremos a actualidade da curtametraxe no noso país.
Pola mañá, dúas mesas redondas sobre festivais e axudas e promoción a
curtas, con Afonso Pato (Onda Curta), Beatriz Rodríguez (Curtocircuito) e Xoán
Mariño(Mr. Misto Filmes). Pola tarde, proxección de curtametraxes actuais coa
presenza dos seus directores: Anxo Cendal, Pablo Millán, Dani García.

Organizan os CAF (Comités Abertos de Estudantes) e mais o Cineclube
CSC.

Máis info en http://curtasgz.blogspot.com/

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS E INSTITUCIÓNS SUXEITAS AOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN EDUCATIVA

Dentro do Convenio Marco de Cooperación Educativa

para estudantes da Universidade de Vigo


EMPRESA: QM Auditores


REQUÍRESE:


- Estudantes da Universidade de Vigo co 50 % dos créditos da carreira superados da Diplomatura en Xestión e Administración Pública

- Coñecementos moi altos de galego normativo.


FUNCIÓNS: Apoio na realización de procedementos básicos de auditoría no sector público (confirmacións, verificacións documentais, revisión de procedementos,...) e, se procede, estudo da regulamentación específica dependen do traballo asignado.


OFRÉCESE:

Duración: 3 meses (xullo – agosto – setembro)

Xornada: 8 horas

Dotación: 640 €/mes brutos

Nº de prazas: 1

Localidade: Vigo

Formación inicial a cargo da empresa


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

Curriculum vitae no que se faga constar a referencia desta bolsa e extracto actualizado dos créditos superados.


PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:

Prazo: Ata o 21 de maio de 2007

Lugar:

Por correo postal ou en man:

Oficina de Orientación ao Emprego de Pontevedra

E.U. de Enxeñaría Técnica Forestal. Campus Universitario. 36005 – Pontevedra

En man:

Oficina de Orientación ao Emprego de Vigo

Edificio CACTI. Campus Universitario

Oficina de Orientación ao Emprego de Ourense

Unidade Administrativa - Campus Universitario

Para consultar tódalas convocatorias, visita www.fundacionuvigo.es

Curtas.gz, un percorrido pola historia da curtametraxe en Galicia


Os días 14 e 15 de maio na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Afondar no coñecemento do curtametraxismo en Galicia e crear un punto de encontro para o debate. Estes son os principais obxectivos de Curtas.gz, unhas xornadas que nacen a partir da iniciativa do estudantado organizado nos CAF (Comités Abertos de Facultade) e o Cinecuble da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

A actividade, que terá lugar os vindeiros 14 e 15 de maio, conta co apoio das vicerreitorías do campus de Pontevedra, de Relacións Institucionais e de Extensión Cultural e Estudantes, así como do Concello da cidade.

Na presentación das xornadas, Jesús Hernández, vicerreitor do campus pontevedrés, destacou o alcance da iniciativa e apuntou que “na medida do posible imos a apoiar propostas do alumnado que teñan certo rigor e calidade, condicións que se dan de xeito evidente neste proxecto”.

Curtas.gz pretende tamén servir de punto de arranque para a promoción dun maior número de actividades relacionadas coa titulación de Comunicación Audiovisual que, como sinalou Hernández, “precisan dun maior fomento”.

Ao longo de dúas xornadas, Curtas.gz percorrerá a historia do curtometraxismo en Galicia, dende o seu nacemento ata a actualidade. “É importante coñecer as súas orixes no cinema mudo, xa que por aquel entonces non existía o concepto de curtametraxes como un formato, a súa produción estaba sometida ás limitacións técnicas”, apuntou Bernal Rúa, coordinador da iniciativa.

Antonio Simón, Miguel Castelo, Ramiro Ledo ou Xavier Villaverde, serán algúns dos numerosos profesionais do sector que se achegarán ata a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación para compartir cos asistentes a súa experiencia e traxectoria neste eido.

Ademais de charlas e mesas redondas, nas sesións proxectaránse clásicos da curtametraxe galega como “Mamasunción” de Chano Piñeiro, “O pai de Migueliño” de Miguel Castelo e diversos traballos de directores noveis.

Matrícula

As xornadas, dotadas cun crédito de libre configuración, son de carácter aberto e gratuíto para a comunidade universitaria. Todos aqueles interesados en participar poderán inscribirse enviando a súa solicitude ao correo electrónico curtas.gz@gmail.com.

Máis info en http://curtasgz.blogspot.com/

OFERTA DE EMPREGO

EMPRESA: ESPAÑA EXTERIOR PUBLICACIONES, S. L.

POSTO DE TRABALLO: AXUDANTE DE REDACCIÓN

FUNCIÓNS: ELABORACIÓN DE INFORMACIÓNS PARA XORNAL ESPECIALIZADO EN MATERIA DE EMIGRACIÓN

REQUÍRESE:

- Estudantes a punto de rematar en xuño ou titulados/as nas Licenciaturas en Publicidade e Relacións Públicas ou Comunicación Audiovisual, carreiras cursadas total ou parcialmente na Universidade de Vigo.

OFRÉCESE:

Tipo de contrato: En prácticas

Duración: 6 meses

Nº de prazas: 1

Lugares de traballo: Vigo

DOCUMENTACIÓN SOLICITADA:

Curriculum Vitae indicando a referencia desta convocatoria e fotocopia do título ou expediente académico

PRESENTACIÓN DOS DOCUMENTOS:

Prazo: Ata o 30 de xuño de 2007

Lugar:

Por correo postal ou en man:

Oficina de Orientación ao Emprego ou Conserxería do Edif. CACTI

Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. 36310 – Vigo

En man:

Oficina de Orientación ao Emprego de Ourense

Unidade Administrativa - Campus As Lagoas

Oficina de Orientación ao Emprego de Pontevedra

E.U. de Enxeñaría Técnica Forestal – Campus Universitario A Xunqueira

Para consultar tódalas convocatorias, visita www.fundacionuvigo.es

8.5.07


Concursante 2007

Sinopse: Martín Circo Martín, xoven profesor asociado de Historia da Economía, acaba de converterse no gañador do maior premio xamáis concedido na Historia da Televisión. ...
Director: Rodrigo Cortés

Duración: 01:30:00

Xénero: Intriga

Proxección:
Biblioteca Pública | Pontevedra
mércores 9 de maio
20.15h e 22.15h

Dentro do ciclo: Maio, mes da lingua

Organiza: Cineclube Pontevedra

Proxección curtas KIMUAK no marco do Obradoiro "Como se fai unha curtametraxe"


Xoves 10 maio | 20.15h

Proxeccións:
éramos poucos
choque
7.35 da mañá
a primeira vez

Coloquio con Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga

entrada libre


máis información: www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

Charla Coloquio


A SITUACION DAS TRABALLADORAS DO TEXTIL EN
TANXER QUE TRABALLAN PARA AS MULTINACIONAIS EUROPEAS

O INVITADO É ELKHAMICHI ABOUBAKR
Dirixente sindical marroquí
Representante de campaña Roupa limpa en Marrocos
Impulsor do colectivo ATTAWASSOUL de Tanxer

XOVES 10 DE MAIO | 12,00 HORAS
Salón de Graos

Organiza: ONG Amarante
Colabora: Xunta de Galicia

Conferencia

A ampliación da UE: con ou sen Turquía

Ciclo de Relatorios: “50 aniversario do Tratado de Roma: a integración europea a debate”

Celso Cancela Outeda, contratado doutor de Ciencia Política e da Administración e Titular dun Módulo Jean Monnet da Universidade de Vigo

Día: 10 de maio

Hora: 12:00 Horas

Lugar: Salón de Grados, Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Ciclo de relatorios

Comeza o ciclo de relatorios “50 aniversario do Tratado de Roma: a integración europea a debate”

Organizado pola Vicerreitoría de Relacións Institucionais e o Centro Europeo de Excelencia

Con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957, a Vicerreitoría de Relacións Institucionais e o Centro Europeo de Excelencia, organizaron o ciclo de relatorios “A integración europea a debate” que achegará aos tres campus da Universidade destacados expertos no ámbito da Unión Europea.

“A iniciativa pretende conmemorar o aniversario do que foi a pedra fundamental da actual UE. Naquel momento asináronse en Roma dous tratados que daban existencia á Comunidade Económica Europea, CEE, e a Comunidade da Enerxía Atómica”, sinala o profesor Celso Cancela, coordinador do ciclo.

As xornadas darán comezo mañá no campus de Vigo cun debate sobre o futuro da UE tras o fracaso da Constitución. Para analizar o tema contarase coa presenza de Carlos Closa, profesor de Ciencia Política e da Administración e subdirector xeral de Estudos e Investigación do Centro de Estudos Políticos e Constitucionais. Será ás 12:30 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

“O impacto da Unión Europea no ordenamento español” é o tema elixido para a xornada do mércores nove de maio. Noemí García, profesora de Dereito Constitucional e Titular dun módulo Jean Monnet da Universidade será a encargada de falar sobre o tema.

Francisco Aldecoa, catedrático de Ciencia Política e da Administración e Titular dunha Cátedra Jean Monnet da Universidade Complutense de Madrid, é a persoa elixida para impartir un relatorio sobre o rescate substancial do Tratado de Constitución para Europa.

Estes dous últimos relatorios celebraranse no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, o primeiro o 9 de maio ás 11:00 horas e o segundo o día 11 ás 12:00 horas.

Pontevedra

O campus de Pontevedra está presente neste ciclo de relatorios coa conferencia “A ampliación da UE: con ou sen Turquía”, que impartirá o profesor Celso Cancela na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o vindeiro 10 de maio ás12:00 horas. Cancela é docente do departamento de Ciencia Política e da Administración e Titular dun Módulo Jean Monnet da Universidade de Vigo.


Ourense

“Os límites da acción exterior da UE: a política europea de veciñanza” e “Quen teme a Constitución Europea” son os relatorios que se van impartir no campus de Ourense e, máis concretamente, no salón de graos da Facultade de Dereito.

A primeira conferencia será o 13 de maio ás 12:00 horas e para ela contarase coa presenza de Belén Sánchez, profesora de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais e Titular dun Módulo Jean Monnet da Universidade de Vigo. Namentres, a segunda das conferencias será o 15 de maio ás 17:00 horas. Francesc Morata, catedrático de Ciencia Política e da Administración, Titular dunha Cátedra Jean Monnet e director do Instituto Universitario de Estudos Europeos da Universidade Autónoma de Barcelona, é a persoa elixida para impartir esta conferencia.

Conferencia


As políticas culturais nas áreas metropolitanas

D. Enmanuel Negrier
Investigador del CNRS-CEPEL (Centre d'Etudes Politiques de l'Europe Latine)
Universidade de Monptellier

DATA: 10 de maio de 2007
HORARIO: 11:00 – 12:00 horas
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
Aula 3, Facultade de CCSS e da Comunicación Campus A Xunqueira, s/n - Pontevedra


CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS XERENCIAIS EN COOPERATIVAS

INSTITUCIÓNS CONVOCANTES: Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo e o Instituto de Desenvolvemento Caixanova. COLABORAN: Instituto de Desenvolvemento Caixanova – Consellería de Traballo – Dirección Xeral de Relacións Laborais – Xunta de Galicia.

FINALIDADE: Adquirir unha visión estratéxica desde a perspectiva directiva-xerencial da cooperativa.

REQUÍRESE:

- Titulados/as en carreiras relacionadas coa xestión empresarial (económicas, empresariais, relacións laborais, xestión e administración públicas, administración e dirección de empresas, dereito, ...), ou estudantes do último curso. Tamén estudantes de último curso ou titulados/as en Ciclos Superiores.

- Persoas menores de 35 anos.

CARACTERÍSTICAS E CONDICIÓNS:

Modalidade: Semipresencial

Duración: 12 meses (inicio 1 de xuño de 2007)

Xornada: 25 horas semanais

Dotación: 500 €/mes brutos

Nº de prazas:

Lugar de traballo:

- Actividades de formación e titorías: Locais de Eixo e/ou Caixanova en Pontevedra ou Vigo.

- Actividades de prácticas: Instalacións das cooperativas participantes - Vigo, Portocubelo – Lira e Meicebde (A Coruña)deste programa.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR: Curriculum vitae, copia da certificación académica e solicitude na que constará datos persoais, solicitude de inclusión do proceso selectivo e indicación da zona xeográfica na que se ubican as cooperativas beneficiarias deste programa.

MÉRITOS A VALORAR: Expediente académico, formación e coñecementos en cooeprativismo, experiencias laborais, actitude e aptitude para desenvolver labouras xerenciais, coñecementos de ferramentas e instrumentos de xestión, ...


PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN:

Prazo: Ata as 14:30 horas do 18 de maio de 2007.

Serán dirixidas en sobre pechado á Comisión Mixta de Selección de Bolsas Xerenciais en Cooperativas, presentada na Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo na rúa Fernández Villaverde 4 – 1º Oficina 3-4, 36002 Pontevedra. Poderanse recibir candidaturas mediante correo certificado con acuse de recibo ata o prazo marcado.


MÁIS INFORMACIÖN: Teléfono: 986 89 65 26 ou info@eixo.info

Para consultar tódalas convocatorias, visita www.fundacionuvigo.es