1.5.07

Premios Mestre Mateo 2006



Semana do Audiovisual Galego


Do 30 de abril ao 5 de maio a Academia Galega do Audiovisual dedica toda esta semana a promover os Premios Mestre Mateo 06 exhibindo 24 producións e varias montaxes de programas de tv nas principias cidades e vilas galegas.

Con este circuíto- coordinado pola distribuidora Mr. Misto Films e patrocinado pola Consellaría de Cultura e Deporte, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual (da Secretaría Xeral de Comunicación) e a Fundación Caixa Galicia-, a A.G.A. proxectará parte das producións audiovisuais que optan aos Premios Mestre Mateo deste ano. Calcúlase que máis de 5000 persoas terán acceso durante máis de 100 horas de proxección audiovisual a coñecer parte daqueles traballos finalistas para os Premios, que se entregarán na Gala que terá lugar no Colón Caixa Galicia da Coruña o 9 de maio.

Longametraxes, curtas de ficción e animación, series e programas de TV, documentais e producións de publicidade, percorrerán simultaneamente as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, e as vilas pontevedresas da Guarda, Lalín, O Grove, Tui, Vila de Cruces, Vilanova de Arousa e Vilaxoán de Arousa; as ourensáns de Allariz, A Rúa, o Barco de Valedoras e Xinzo de Limia; as coruñesas das Pontes de García Rodríguez e Culleredo; e as luguesas de Burela, Ribadeo, A Pontenova e Monforte de Lemos.

Calendario de proxeccións en Pontevedra

- 30 abril 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
OMAR MARTÍNEZ Película Tv
CABREIROÁ. A AUGA DA TERRA DA AUGA Publicidade
- 2 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
LUME E FUME Documental
CICATRICES Curta Ficción
- 4 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
O PARTIDO Película Tv
GALICIA CALIDADE +
LAS NOTICIAS DEL GUIÑOL Publicidade
- 5 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
A DEDO. HISTORIAS DE AUTOSTOPISTAS Documental
O GLOBO ANIMADO Curta Ficción
Ribadeo
- 4 maio 10:00 h
I.E.S. Dionisio Ramallo Ferro
CURTAS ANIMACIÓN +
CURTAS FICCIÓN
Santiago De Compostela
- 30 abril 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
DE PROFUNDIS Longametraxe
A BRUXA CATUXA Curta Animación
- 2 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
2050 Documental
S.O.S. Curta Ficción
- 3 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
LA ATLÁNTIDA Película Tv
UN CAMIÑO DE ESTRELAS,
UNHA CIDADE DE CINE Publicidade
- 4 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
O PARTIDO Película Tv
GALICIA CALIDADE +
LAS NOTICIAS DEL GUIÑOL Publicidade
- 5 maio 20:00 h
Fundación Caixa Galicia
LABREGOS DO MAR Documental
BECHOS RAROS Curta Ficción

máis información:
http://www.academiagalegadoaudiovisual.com/ga/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=321

No hay comentarios: