6.11.07

O Consorcio Audiovisual de Galicia organiza un curso de Steady-cam

O curso celebrarase do 26 de novembro ao 1 de decembro en dúas quendas de traballo


O Consorcio Audiovisual de Galicia abre a convocatoria para o Curso de Steady-cam. Trátase dun curso dirixido a operadores de cámara profesionais de Galicia para dotalos dos recursos e ferramentas necesarios para traballar como operadores de steady-cam en calquera produción de vídeo ou cine.

Tras unhas nocións teóricas, nas que se proporcionará unha base sobre cuestións técnicas, o curso desenvolverase de xeito eminentemente práctico. A dinámica consistirá en realizar os exercicios previstos con distintos equipos de cámara e steady-cam.

O curso será impartido por Victorino Lourido, operador de cámara de 1ª e operador de steady-cam da TVG, que conta con máis de vinte anos de experiencia no mundo da imaxe.

Para inscribirse no obradoiro os interesados deben enviar a solicitude que se pode conseguir na sede do Consorcio ou na súa páxina web, conxuntamente co currículo, por fax ou correo electrónico, antes do 11 de novembro.

Para máis información, http://www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

No hay comentarios: