6.11.07

4º Concurso de Fotografía Biolóxica

San Alberte 2007

Organiza: Facultade de Bioloxía
Participantes: Membros da Universidade de Vigo

Bases do concurso
- Tema: fotografías relacionadas con calquer aspecto da bioloxía.
- Admitiranse un máximo de 3 fotografías por autor.
- Admitiranse traballos tanto en branco e negro como en cor, realizados con calquera técnica fotográfica.
- O tamaño mínimo das fotografías será de 10 x 15 cm e o máximo de 20 x 30 cm. As obras deberán ir montadas sobre cartolina, cun marco de 2 cm onde figurará o título da obra.
- Cada participante entregará dous sobres pechados: un deles marcado externamente coa palabra "foto", conterá as fotografías identificadas na súa parte posterior cun pseudónimo; no outro sobre indicarase externamente o "pseudónimo elixido" e incluirá o nome do autor e o teléfono.
- O prazo de admisión das fotografías comezará o 5 de novembro e rematará o 12 de novembro ás 14:00 horas.
- As fotografías depositaranse na Biblioteca do Edificio de Ciencias Experimentais.
- Concederanse tres premios e un accésit á fotografía máis orixinal.
- Realizarase unha exposición das obras no Edificio de Ciencias Experimentais a partir do 15 de novembro.
- A entrega de premios terá lugar o 15 de novembro ás 14:00 no Salón de Actos do Edificio de Ciencias Experimentais.
- Tódalas obras premiadas pasarán a ser propiedade da Facultade de Bioloxía que poderá facer uso libre delas, citando sempre o nome do autor.
- Os traballos non premiados poderán recollerse no Decanato ate o 11 de decembro.

No hay comentarios: