31.3.07

Xornada de emprego e Inserción profesional

Viernes, 13 de abril

16.30h.

‘Situación actual del mercado laboral en Galicia. Papel de los portales en la búsqueda de empleo‘

INFOJOBS.NET

Taller práctico:

" Cómo orientar una incipiente carrera profesional"

Alberto Mariño Fernández, profesor de Dirección de Recursos Humanos

ESCUELA DE NEGOCIOS CAIXANOVA. UNIVERSITY OF WALES.

‘Los Servicios Municipales de Empleo: Orientación Laboral y Asesoramiento a Emprendedores’

Julia Veiga Cedeira. Coordinadora del Servicio de Orientación Laboral (SOL)

Berta Mosquera Arjona. Coordinadora del Servicio de Asesoramiento a Emprendedores/as (SAE)

CONCELLO DE VIGO

Mesa redonda:

‘Empleo en la Zona Galaico-Portuguesa’

Teresa González Ventin, Coordinadora Eures Transfronterizo Galicia – Norte de Portugal.

RED EURES

Jose Manuel García Orois , gerente

CÁMARA DE COMERCIO DE VIGO

Eva González, gerente

ASOCIACIÓN DE JÓVENES EMPRESARIOS

Jornada gratuita. Aforo limitado.


Inscripción: http://www.docentia.net/

I Congreso Galego da Mocidade Investigadora


Espazo para o encontro entre os investigadores en formación, e aqueles que están nos seus primeiros anos de exercicio profesional, xunto con profesores, entidades relacionadas á pesquisa e outras institucións, para discutir, debater e aclarar a actual situación da investigación, do ensino superior, e os seus correspondentes papeis na sociedade, así como as vías para a profesionalización e outras cuestións.

Ademais, téndose en conta o presente panorama investigador na Galiza, procúrase tamén, a través deste foro, marcar unha cita anual na que se poida examinar o estado da investigación no país, da man dos seus actores principais, que deste xeito poderán expor, publicar e difundir os resultados do seu traballo, e fomentar, deste xeito, o uso da lingua galega neste ámbito.


Lugar e datas de celebración _

O I Congreso da Mocidade Investiadora celebrarase na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur), entre os días 25 e 26 de outubro de 2007.


Comunicacións _

Para participar do I Congreso Galego da Mocidade Investigadora na calidade de comunicador, basta enviar o formulario de inscrición disponíbel na páxina web debidamente cuberto e coa opción de 'comunicador' marcada, xunto co arquivo da comunicación proposta en formato .doc (Microsoft Word®). A comunicación enviada será submetida á avaliación do Consello Científico que resolverá a súa aprobación e inclusión nas actas do evento.


Prazos _

Envío de comunicacións (texto completo): até o día 30 de xuño;

Publicación de lista de comunicacións admitidas: 16 de xullo;

Pagamento de taxa de inscrición para comunicadores (20€): até 27 de xullo;

Exposición oral da comunicación: 25 - 26 de outubro;

Entrega de certificado de participación e actas: 26 de outubro.


Inscrición _

Ha dúas opcións de inscrición no I Congreso Galego da Mocidade Investigadora: como observador, que inclúe o certificado de asistencia ou como comunicador, que inclúe o certificado de participación e as actas do evento, nas que estará publicada a comunicación proposta.


Prezos _

Comunicadores: 20€ (inclúe actas e certificado de participación)

Observadores: 10€ (inclúe certificado de asistencia), inscripción até 24/10/07


Máis información _ www.mocidadeinvestigadora.net


2ª Edición Curtas na Rede

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e o Consello da Xuventude de Galicia invítao a participar no II Concurso Curtas na Rede.

Os participantes deberán realizar unha curtametraxe de xénero e técnica libre que non poderá exceder os 5 minutos, e deberá versar sobre as seguintes temáticas: xuventude, inmigración, medio ambiente ou visións alleas / visións nosas.

Para esta edición ábrese a categoría de micromovies. Nesta sección participarán filmes realizados coa cámara do teléfono móbil que non poderán exceder os 30 segundos e son de xénero e temática libre. Todas as persoas participantes terán a posibilidade de abrir unha bitácora referente ao seu filme e ás anécdotas da rodaxe.

Prazo de inscripción |

Comezará o 14 de febreiro de 2007 e rematará o 15 de setembro de 2007

Máis información |

http://www.curtasnarede.es/


27.3.07

Conferencia Juan Pedro Valentín


Periodismo século XXI

Centro Social Caixanova Pontevedra

xoves | 29 de marzo | 20.00h

Juan Pedro Valentín, premiado co Salvador de Madariaga 2004 e co Premio Ondas 2003, ofrecerá a conferencia Los nuevos retos de la información en televisión.

Entrada libre ata completar aforo

Proxección do filme Grbavica



MARZO 2007. MES DA MULLER. MULLERES DIRECTORAS

mércores | 28 de marzo | 20.15h | Biblioteca Pública Municipal

cine clube pontevedra

Dirección: Jasmila Zbanic
Duración: 90’
Ano de producción: 2005
Xénero: Drama
País: Bosnia Herzegovina - Croacia
Premios: Gañadora do Oso de Berlín, 2006
Reparto:
Mirjana Karanovic, Luna Mijovic, Leon Lucev, Kenan Catic

A prensa opinou...

“Una historia contada con energía”
Diego Galán - El País

“Honra a las mujeres bosnias que fueron violadasen Sarajevo por la soldadesca serbia”
E. Rodríguez Marchante - ABC

“Emotivo filme”
Salvador Llopart - La Vanguardia

“Esta ópera prima es un película compleja acerca del largo y doloroso proceso curativo de una nación”
Dan Fainaru - Screen International

Sinopsis:

http://www.golem.es/grbavica/index.php

Conferencia Cándido Alonso

CÁNDIDO ALONSO (presidente da imprenta viguesa C/A Gráfica)

AS ARTES GRÁFICAS: UNHA HISTORIA DE TECNOLOXÍA, ARTE E COMUNICACIÓN.


Mércores, 28 de marzo | 19:00h | Casa das Campás (ao lado do Teatro Principal).

C/A Gráfica, fundada en 1982, é unha empresa adicada ás Artes Gráficas

(papelería, publicacións edicións e packaging) que integra xunto a IGF e Babüer
I+D Design o grupo C/A Gráfica S.A.
A producción de C/A Gráfica abarca un grande número de sectores: sector
comercial (impresión de folletos, catálogos, memorias, etc.), publicitario
(agendas, calendarios, cartelería, displays, expositores, etc.), editorial
(libros, enciclopedias, cómics, revistas, grabación e producción en CDs, etc.).
Así mesmo realiza envases e etiquetas para a industria da alimentación,
cosmética, bebidas, conservas, maquetas e desplegables, merchandising e
promocións, edicións de luxo, encuadernacións en tea ou pel, etc.
Con toda esta experiencia, o representante da empresa, Cándido Alonso, ofrecerá
unha visión moi ampla e realista do que acontece cando o deseño publictario sae
da axencia.

26.3.07

Conferencias Xosé María Torné

UNHA REFLESIÓN SOBRE A IDENTIDADE DAS INSTITUCIÓNS

19,00h _ martes 27 de marzo _ casa das campás (ao lado do teatro principal) _ Pontevedra


Xosé María Torné é o director e fundador de Torné e Asociados, unha das grandes
empresas de publicidade galegas con sede na Coruña. A súa obra máis coñecida é a tristemente
famosa bandeira de Nunca Máis, sen embargo, non é a única, xa que este
creativo, leva décadas adicado ao deseño.
Poderíamos destacar a creación da imaxe corporativa da Xunta de Galicia, do BNG,
as campañas deste partido e a renovación da imaxe de moitas administracións
públicas, entre elas, a da cidade de Pontevedra. Precisamente sobre este tema, a identidade das institucións, tratará en profundidade na súa conferencia en Pontevedra.

Charla-Coloquio Suso Iglesias


Fortalezas e debilidades da programación da TVG

martes 27 de marzo _ 17.00h _ Salón de graos (Fac. CC.SS e da Com.)

Realizador, guionista e director. Foi un dos principais creadores do programa "Xabarín Club" da TVG e dirixiuno durante a maior parte da súa historia. Os seus comezos no mundo audiovisual foron en traballos para diferentes programas de producción propia da TVG, así como documentais e curtametraxes desde mediados dos anos 90. Tamén ten dirixido talk shows e espectáculos ao vivo. Actualmente é o director da TVG.

23.3.07

DESEÑA GZ


DESEÑA GZ
|||
paseando entre orixinais

_ Do 17 ao 30 de marzo, no Casco Histórico de Pontevedra poderás visitar a exposición Deseña Gz.
_ Nos establecementos da Zona Monumental verás máis de 100 obras de deseño gráfico contemporáneo. Sen esquecerse do Mercado Municipal, onde hai boas mostras das infografías que se realizan en Galicia.
_ Na Casa das Campás (situada ao lado do Teatro Principal) darás unha pequena volta pola historia do deseño gráfico en Galiza, dende 1900 a 1990.
_ No Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira) atoparás os deseños das distintas marcas de viño da D.O. Rías Baixas. Ademais de coñecer os deseños da publicidade institucional que se fan ao outro lado do Miño, na cidade de Braga, e poder comparalos cos que se realizan en Pontevedra.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA EN VERÁN DE 2007 PARA XOVENES ENTRE 18 E 30 ANOS

O Ministerio de Educación e Ciencia acaba de publicar a convocatoria de axudas para realizar cursos de inglés no verán de 2007.

Requisitos_

Ter nado entre o 1 de xanbeiro de 1977 e o 31 de nadal de 1989

Desfrutar dalgunha destas bolsas no curso pasado:
    • Bolsa da convocatoria xeral do MEC no curso 2005-2006
    • Bolsa para iniciar estudios universitarios, no curso 2005-2006
    • Bolsa de Mobilidade no 2005-2006

Número de bolsas_

Un máximo de 53.125 bolsas, cunha cuantía de 1.600 euros cada una, para realizar un curso de polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de novembre do ano 2007.

Solicitude_

O formulario atópase na seguinte páxina web:

https://seguweb.mec.es/becasmec/CiudadanoIdiomas.do;jsessionid=64CDE6E646EF91062E4C61F4438641CF

Unha vez cumprimentado, tendes que imprimilo, asinalo e envialo ao Ministerio de Educación y Ciencia Subdirección General de Becas y Promoción Educativa (Cursos de Inglés), rúa Torrelaguna, 58 - 28027 MADRID antes do día 31 de marzo de 2007.

21.3.07

Icono Gz



Vota o icono que mellor te identifica.

Entra na páxina www.iconogz.org
e axúdanos a escoller o icono máis popular entre as 40 propostas de Kiko da Silva, dende a Catedral de Santiago ata
a empanada galega, con cal te quedas?

RELATORIO DE POLÍTICOS

22 Marzo | 17:30h _ 19:30h | Relatorio de Políticos (Salón de Graos)

5º Premio de Xornalismo Científico



Obxectivo_

Convócase a quinta edición dos Premios de Xornalismo Científico Galicia Innovación, para
xornalistas que publiquen traballos de xornalismo científico en medios de comunicación
galegos. Este premio está destinado a estimular a produción de textos xornalísticos especializados en materia científica.

Dotación económica _
5.000 euros para o primeiro
traballo galardoado e 2.300 euros para o segundo.

Destinatarios _
Poderán participar na presente convocatoria todos os profesionais do xornalismo que teñan
publicado algún traballo xornalístico de contido científico nun medio de comunicación da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Os concursantes deberán presentar un traballo xornalístico de contido científico
(preferentemente sobre temas de investigación e desenvolvemento) de calquera xénero
informativo publicado ou emitido polos medios de comunicación galegos, xa sexa en soporte
escrito, audiovisual ou electrónico. Os traballos poderán ser presentados a título individual ou
en equipo e terán que estar publicados no período que comprende do 1 de abril de 2006 ao 31
de marzo de 2007. Valorarase que o traballo estea publicado en lingua galega.

Prazo de presentación_
Até o 31 de marzo de 2007

Modelo de solicitude e máis información_
http://www.conselleriaiei.com
http://www.dxid.org.

ESCOITAR.ORG
Laboratorio de audio
9 marzo– 13 mayo 2007
ESPACIO ANEXO (MARCO)

De martes a sábados (festivos
incluidos), de 11.00 a 14.00 y de
17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.00
ENTRADA LIBRE

O Colectivo Escoitar.org continúa o seu traballo na ciudade de Vigo para encontrar aqueles sons que a identifican, e constrúe no Espazo Anexo do MARCO un Audiolab (Hacklab) como lugar de experimentación aberto e público, no que se leven a cabo traballos de investigación, difusión, e toda unha serie de actividades paralelas. Partindo da experiencia sonora como medio de coñécemento, propónse unha reflexión sobre as formas acústicas de sociabilidade repensando o espazo urbán e as relacións sociais. Nesta ocasión, o núcleo do proxecto consiste en coñecer as paisaxes sonoras de Vigo a través de ourellas alleas, como un exercicio de extrañamento no que o eixe fundamental será o traballo con colectivos de inmigrantes.

Conferencia Rei Zentolo+Ovo Publicidade


Hoxe ás 19:00h, terá lugar na Casa das Campás, a conferencia: Podes vivir do deseño? Impartida por dous membros do Rei Zentolo (Pablo e José) e o director de Ovo Publicidade (Ismael Calvo). Os tres son xóvenes empresarios do deseño que están sacando as súas empresas adiante, empezando desde cero. Contaránnos a súa experiencia, como viviron os seus anos na facultade, como foron os seus primeiros pasos neste campo e que lles levou a decidir crear a súa propia empresa, coas ventaxas e desventaxas que isto leva consigo.
Esta charla enmárcase dentro do ciclo de conferencias de Deseña Gz, unha mostra sobre o deseño gráfico en Galicia, que se pode visitar no Centro Histórico de Pontevedra ata o 30 de marzo. Nos escaparates dos establecementos da zona vella, restaurantes e locais de copas, tamén na planta baixa da Casa das Campás e no Pazo de Mugartegui.
As próximas conferencias serán o vindeiro día 27 e 28 de marzo, ás 19h. A primeira impartida por Xosé María Torné (o deseñador de símbolos tan coñecidos como a Bandeira de Nunca Máis, o logotipo do BNG,...) e, a segunda, por Cándido Alonso (presidente de C/A Gráfica, unha das maiores imprentas de Vigo que este ano celebra o seu aniversario).

20.3.07

Conferencia Miguel Conde


















Esta tarde, ás 19,00h, terá lugar na Casa das Campás (detrás do Concello de Pontevedra), a conferencia: "Pancreatividade, unha filosofía de traballo" de Miguel Conde, dentro do ciclo de conferencias de Deseña Gz, exposición sobre deseño galego organizada polo Concello de Pontevedra.

Miguel Conde é o Presidente Executivo de B.A.P. & Conde, a Segunda Axencia de Publicidade en España, con capital 100% nacional e a primeira na nosa Comunidade. Tras máis de 15 anos traballando no sector, Miguel Conde acaba de ser nomeado por segundo ano consecutivo “Mellor Publicista de Galicia” entre os compañeiros de profesión (Enquisa publicada na Revista Imagen & Comunicación do pasado mes de novembro). É, ademais, membro do Comité Ejecutivo da AEAP
(Asociación Española de Axencias de Publicidade).