31.3.07

I Congreso Galego da Mocidade Investigadora


Espazo para o encontro entre os investigadores en formación, e aqueles que están nos seus primeiros anos de exercicio profesional, xunto con profesores, entidades relacionadas á pesquisa e outras institucións, para discutir, debater e aclarar a actual situación da investigación, do ensino superior, e os seus correspondentes papeis na sociedade, así como as vías para a profesionalización e outras cuestións.

Ademais, téndose en conta o presente panorama investigador na Galiza, procúrase tamén, a través deste foro, marcar unha cita anual na que se poida examinar o estado da investigación no país, da man dos seus actores principais, que deste xeito poderán expor, publicar e difundir os resultados do seu traballo, e fomentar, deste xeito, o uso da lingua galega neste ámbito.


Lugar e datas de celebración _

O I Congreso da Mocidade Investiadora celebrarase na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Sur), entre os días 25 e 26 de outubro de 2007.


Comunicacións _

Para participar do I Congreso Galego da Mocidade Investigadora na calidade de comunicador, basta enviar o formulario de inscrición disponíbel na páxina web debidamente cuberto e coa opción de 'comunicador' marcada, xunto co arquivo da comunicación proposta en formato .doc (Microsoft Word®). A comunicación enviada será submetida á avaliación do Consello Científico que resolverá a súa aprobación e inclusión nas actas do evento.


Prazos _

Envío de comunicacións (texto completo): até o día 30 de xuño;

Publicación de lista de comunicacións admitidas: 16 de xullo;

Pagamento de taxa de inscrición para comunicadores (20€): até 27 de xullo;

Exposición oral da comunicación: 25 - 26 de outubro;

Entrega de certificado de participación e actas: 26 de outubro.


Inscrición _

Ha dúas opcións de inscrición no I Congreso Galego da Mocidade Investigadora: como observador, que inclúe o certificado de asistencia ou como comunicador, que inclúe o certificado de participación e as actas do evento, nas que estará publicada a comunicación proposta.


Prezos _

Comunicadores: 20€ (inclúe actas e certificado de participación)

Observadores: 10€ (inclúe certificado de asistencia), inscripción até 24/10/07


Máis información _ www.mocidadeinvestigadora.net


No hay comentarios: