21.3.07

5º Premio de Xornalismo Científico



Obxectivo_

Convócase a quinta edición dos Premios de Xornalismo Científico Galicia Innovación, para
xornalistas que publiquen traballos de xornalismo científico en medios de comunicación
galegos. Este premio está destinado a estimular a produción de textos xornalísticos especializados en materia científica.

Dotación económica _
5.000 euros para o primeiro
traballo galardoado e 2.300 euros para o segundo.

Destinatarios _
Poderán participar na presente convocatoria todos os profesionais do xornalismo que teñan
publicado algún traballo xornalístico de contido científico nun medio de comunicación da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Os concursantes deberán presentar un traballo xornalístico de contido científico
(preferentemente sobre temas de investigación e desenvolvemento) de calquera xénero
informativo publicado ou emitido polos medios de comunicación galegos, xa sexa en soporte
escrito, audiovisual ou electrónico. Os traballos poderán ser presentados a título individual ou
en equipo e terán que estar publicados no período que comprende do 1 de abril de 2006 ao 31
de marzo de 2007. Valorarase que o traballo estea publicado en lingua galega.

Prazo de presentación_
Até o 31 de marzo de 2007

Modelo de solicitude e máis información_
http://www.conselleriaiei.com
http://www.dxid.org.

No hay comentarios: