28.10.07

Convocatoria de matrícula para a realización de requisitos formativos complementarios

previos á homologación de títulos estranxeiros de educación superior


O Regulamento sobre a realización dos requisitos formativos complementarios previos á homologación de títulos estranxeiros de educación superior establece posibilidade de que a homologación dun título estranxeiro quede condicionada á previa superación polo interesado duns requisitos formativos complementarios cando se detecten carencias na formación estranxeira en relación coa esixida para a obtención do título español co que se pretende homologar.

Os requisitos formativos complementarios que se esixen para subsanar as carencias formativas apreciadas, poderán consistir na superación dunha proba de aptitude, a realización dun período de prácticas, a realización dun proxecto ou traballo ou a asistencia a cursos tutelados.

Hai varias modalidades de matrícula segundo o requisito formativo que o alumno deberá cursar:
a) Superación dunha proba de aptitude: deberá matricularse alomenos 15 días antes da realización da proba.
b) Realización dun proxecto ou traballo: deberá matricularse alomenos 15 días antes da presentación do mesmo.
c) Realización dun período de prácticas: deberá matricularse alomenos 15 días antes do inicio das mesmas.
d) Asistencia a cursos tutelados: deberá matricularse do15 ao 31 de outubro de 2007.

Os interesados entregarán no centro a documentación seguinte:
- Fotocopia do DNI ou pasaporte, debidamente cotexada
- Orixinal e fotocopia da Resolución do Ministerio de Educación e Ciencia sobre homologación do título estranxeiro para o seu cotexo.
- Impreso de solicitude de requisitos formativos complementarios.

O impreso de solicitude de requisitos formativos complementarios facilítase na Secretaría da Facultade.

No hay comentarios: