10.6.09

O AUDIOVISUAL E AS INDUSTRIAS CULTURAIS. Curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo

O 8, 9 e 10 de xullo de 2009, organizado pola Fundación Carlos Casares e baixo a dirección do profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo Miguel Anxo Fernández, terá lugar no Mosteiro de San Rosendo en Celanova, o Curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, “O audiovisual e as industrias culturais”

Ó longo de tres sesións preténdese reflexionar e debater arredor do audiovisual e a súa relación coa industria e mais coa cultura, dous territorios cos que necesita convivir pero que, ao mesmo tempo, lle demandan necesidades diferentes, as mesmas que bambean entre o negocio e a creación, entre a rendibilidade económica e a expresión artística.

Simultaneamente, primando a compoñente lúdica co pulso actual do audiovisual galego, e coa colaboración dos seus respectivos autores, haberá ocasión de ver dous filmes de produción recente, recoñecidos con sendos premios Mestre Mateo 2009: a longametraxe documental Flores tristes, de Teo Manuel Abad, e a de ficción de Ángel de la Cruz, Os mortos van á presa.

Os alumnos da Universidade de Vigo terán un desconto de 15€, e dous créditos de Libre Elección. Para tódolos inscritos, o Concello de Celanova ofrece aloxamento gratuíto e no seu albergue e sairá un autobús diario diante do Edificio Politécnico do Campus de Ourense.

Programa completo do curso en PDF.

No hay comentarios: