27.6.07

Obradoiro de Interpretación

En cumprimento do establecido no Plan de Actividades 2007 convócase o Obradoiro de interpretación, impartido por Gracia Querejeta, organizado no marco do Plan de Formación Actoral do Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE.

A actividade desenvolverase en Santiago de Compostela do 16 ao 20 de xullo.


OBXECTIVOS
Trátase dun curso teórico práctico, dirixido a actores e actrices profesionais de Galicia, que pretende dotalos dos recursos e ferramentas
necesarios para coñecer o medio cinematográfico.

METODOLOXÍA
Tras unhas clases teóricas, impartidas o primeiro día, nas que se proporcionará unha base sobre cuestións técnicas de cine, como os procesos básicos sobre a produción e realización dunha película, o curso desenvolverase de xeito eminentemente práctico. A dinámica consistirá en traballar escenas entre dous ou máis participantes tendo en conta a linguaxe propia do cine. Os dous últimos días un operador de cámara, gravará, baixo a dirección da titora, as escenas en vídeo, para logo visualizalas, analizalas e corrixilas.

ESTRUTURA
O curso desenvolverase do 16 ao 20 de xullo (de luns a venres) en horario de 9:30 a 14:30 h, cun total de 25 horas lectivas.
Constará de dúas partes: unha primeira, na que se exporá o tratamento teórico e conceptual, e unha segunda, na que se aplicarán estes coñecementos,
a través da realización de exercicios prácticos.

PARTICIPANTES
Un máximo de 12 persoas.

INSCRICIÓNS
Para inscribirse no obradoiro haberá que cubrir a solicitude que se pode conseguir na sede do Consorcio ou na súa páxina web e presentala conxuntamente cun currículo e unha foto.

Pódense presentar estes documentos tanto na propia sede como a través de correo electrónico (formacion@consorcioaudiovisualdegalicia.org, en formato pdf, doc, odt, rtf ou jpeg), ou mediante fax ao número 981 54 58 47.

A data límite para as inscricións é o 25 de xuño de 2007.

12.6.07

Cursos de verán no campus




O turismo rural, unha fonte de emprego e desenvolvemento social
Do 9 ao 12 de xullo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación



Os produtos turísticos no medio rural e a súa promoción son o obxecto de análise dun dos tradicionais cursos de verán que realiza a Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). O seminario, que conta ademais co patrocinio da Xunta de Galicia, Caixanova e a Cámara de Comercio de Pontevedra, foi presentado esta mañá na Casa das Campás.
Baixo o título “Elaboración e promoción de produtos no turismo rural: efectos na demanda”, o curso pretende afondar nas diferentes orientacións existentes en España e no norte de Portugal sobre a situación e previsible evolución dos produtos do turismo no medio rural. Todo dende a perspectiva do uso sustentable dos recursos e da proxección cara os mercados emisores de demanda.

Para o director da actividade, o profesor Xulio Pardellas, “este é un ámbito de traballo moi importante para a nosa comunidade e cun enorme potencial”. O seminario, que chega a súa sétima edición, está orientado a coñecer os produtos existentes, a súa repercusión sobre o incremento do emprego e da renda, o que se está a facer noutras áreas de España e tamén a súa promoción e difusión. Pardellas destacou este último punto e sinalou que “o fin é espertar a sensibilidade de que é tan importante ter un bo produto como unha comunicación”.

O curso, que terá lugar do 9 ao 12 de xullo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, vai dirixido fundamentalmente a estudantes das titulacións de Turismo, Económicas, Comunicación Audiovisual e Publicidade e RR.PP. Para esta última, segundo Ana Belén Fernández, directora da área de Extensión Universitaria e Estudantes do campus de Pontevedra, “o seminario resulta especialmente interesante xa que afondará na organización e difusión de eventos neste ámbito de traballo”.

Ao longo de catro xornadas pasarán polo seminario numerosos docentes da Universidade de Vigo como Xaime Fandiño, Fortunato Rodríguez, Carlos Soutelo, Pedro Figueroa, Ana Dopico, Carme Padín ou o propio director do curso, Xulio Pardellas. Ademais participarán persoeiros como o director Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, profesores das Universidades de Santiago, Oviedo, Jaen e Minho, así como expertos e profesionais do sector.

Publicacións
Xunto co obradoiro, no acto tamén se presentou a publicación “Turismo de interior en áreas fronteirizas: recursos e ofertas”. A obra, que contou co patrocinio de Caixanova, é o resultado da recompilación das ponencias do curso anterior e, como sinalou Pardellas, “ven a significar, xunto coas anteriores edicións, un importante acervo material a disposición de todos”.
Pola súa banda o subdirector de Caixanova, Antonio Gómez, subliñou que “o libro é un estudo en profundidade das posibilidades que ofrece o turismo”, e que “ademais encaixa cos eixes da filosofía da institución: formación e investigación”.
Información sobre a matrícula
A matrícula está aberta o 21 de maio de 2007, prazas limitadas. Os interesados poderán recoller o impreso de matrícula en Secretaría de Decanato.
Importe da matrícula: 123 euros.
Alumnos de universidades de A Coruña, Santiago ou Vigo: 62 euros.
O plazo de solicitude de becas estará aberto ata o vindeiro vernes, 15 de xuño de 2007 (a beca consiste na gratuidade da matrícula).
Para ampliar información, entra na páxina da UIMP

Foro RTVE - Coloquio Educar la Mirada




Foro RTVE organiza o coloquio Educar la Mirada, unhas propostas para ensinar a ver a TV





A organización do Foro de RTVE ten o gusto de anunciarvos a celebración do coloquio Educar la mirada. Son propostas para ensinar a ver a TV, que organiza o Instituto Oficial de Radiotelevisón de RTVE, o Grupo Comunicar e a Dirección General de las Familias y la Infancia do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. O foro celebrarase os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro no Prado del Rey (Madrid), sede oficial da televisión pública española, con autoridades e un nutrido número de expertos e investigadores europeos, latinoamericanos e españois no ámbito da alfabetización mediática.


O Foro, ademáis das sesións informativas recollidas no programa, pretende fomentar espazos para a reflexión e propostas colectivas; por este motivo, xunto ás sesións académicas, valorarase a convivencia e o intercambio nos momentos informais.

Non existe cuota de inscrición (a matrícula é totalmente gratuita e documentación para tódolos participantes), pero a preinscrición realizarase cun resumen/proposta de comunicación, que unha vez preseleccionada, esixirá presentar a comunicación definitiva, que se evaluará por un Comité Científico que determinará as inscricións finais. A selección farase en virtude da calidade das comunicacións presentadas. Éstas non se defenderán oralmente, senón que se recollerán nun CD e logo formarán parte dun monógrafo do Coloquio; ó estilo dos congresos científicos de prestixo.

Na web poderáse consultar tódala información relativa ó Foro RTVE: programa, patrocinadores, ponentes, preinscrición, aloxamento, etc.

Comité Organizador Foro RTVE «Educar la Mirada. Propuestas para enseñar a ver laTV»

Produtora busca Produtor Asociado e Xefe de Produción para longametraxe

Búscase Produtor Asociado e Xefe de Produción para longametraxe de ficción a rodar en Galicia a finais de ano (datas a concretar).

O presuposto da película preténdese financiar a traverso de inversores privados, festas de recadación de fondos e demáis ideas creativas pero produtivas que permitan produci-la película dunha maneira independente e relativamente rápida, xa que depender de axudas da industria, goberno, etc. levaria moito tempo e non sempre se conseguen.

O guión xa está listo para produción, e aínda que nun futuro se buscarán outros membros do equipo, o ideal sería porse xa en contacto con xente interesada nas tarefas de Produtor Asociado e Xefe de Produción.

Os interesados poden enviar o currículum e un mail describindo por qué lles gustaría involucrarse neste proxecto.

EMAIL: info@bolivarproductions.com o justin@bolivarproductions.com

11.6.07

Cursos da UIMP

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo remite información sobre os cursos e seminarios que se celabrarán durante o verán.


PONTEVEDRA

  • SEMINARIO - Elaboración y promoción de productos en el turismo rural: efectos en la demanda. Pontevedrda, do 9 ó 12 de xullo.
  • SEMINARIO - La sociedad democrática contra el terrorismo. Pontevedra, do 9 ó 13 de xullo.
  • SEMINARIO - Municipios, diputaciones y áreas metropolitanas: la reorganización de los entes locales y su financiación. Pontevedra, do 16 ó 19 de xullo.
  • SEMINARIO - Construir una mirada: la universidad y la Galicia que nos esperan. Vilagarcía de Arousa, do 3 ó 7 de setembro.
  • ENCONTRO - Cambio global: Máis alá do cambio climático. Pazo de Gandarón (Pontevedra), do 4 ó 6 de setembro.
  • ENCONTRO - Panorama actual de los estudios de la literatura española de los siglos XVI y XVII. Pontevedra, do 10 ó 12 de setembro.
  • SEMINARIO - Prevención primaria del cáncer. Vigo, do 10 ó 14 de setembro.
  • ENCONTRO - Estructura e función de proteínas. Aplicacións biomédicas e tecnolóxicas. Pazo de Gandarón (Pontevedra), do 12 ó 14 de setembro.
  • SEMINARIO - Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la calidad y la equidad. Pontevedra, do 17 ó 21 de setembro.
  • SEMINARIO - Evaluación de impacto en el medio costero y litoral. Pazo de Gandarón (Pontevedra), do 17 ó 21 de setembro.
  • ENCONTRO - Patrimonio y turismo. La conservación. Nuevos patrimonios, nuevos conceptos, nuevos usos. Celanova (Ourense), do 26 ó 28 de setembro.
  • SEMINARIO: Europa ante el desafío de la reordenación del sistema mediático. Aciveiro (Pontevedra), do 17 ó 20 de outubro.
  • SEMINARIO - Análisis y gestión de fondos y planes de pensiones. Vigo, do 1 ó 5 de outubro.

A CORUÑA

  • TALLER - Talleres de creación radiofónica. A Coruña, do 2 ó 6 de xullo.
  • SEMINARIO - Los debates sobre el estado autonómico. La descentralización en España desde diferentes perspectivas. A Coruña, do 2 ó 6 de xullo.
  • ENCONTRO - América Latina - España: relaciones y coyuntura. A Coruña, do 9 ó 11 de xullo.
  • SEMINARIO - Medio siglo de construcción europea: balance y perspectivas de futuro. A Coruña, do 10 ó 13 de xullo.
  • SEMINARIO - ¿Qué aprendemos de la catástrofe del Presige?. A Coruña, do 16 ó 19 de xullo.
  • ENCONTRO - Reforma y crisis de España. Las vísperas de 1808. A Coruña (Museo Militar), do 18 ó 20 de xullo.

LUGO

  • SEMINARIO - ¿Provocarán las TIC la revolución de la escuela?. Lugo, do 9 ó 13 de xullo.

Información, matrículas e becas:
A matrícula xa está aberta dende o 21 de maio de 2007, prazas limitadas. Os interesados poderán recoller o impreso de matrícula en Secretaría de Decanato.

Importe da matrícula: 123 euros
Alumnos de universidades de A Coruña, Santiago ou Vigo: 62 euros

O plazo de solicitude de becas estará aberto ata o vindeiro vernes, 15 de xuño de 2007 (a beca consiste na gratuidade da matrícula).

Tódolos cursos do programa están autorizados como créditos de libre configuración para os alumnos das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, con un máximo de 2 créditos por curso.

Para ampliar información, entra na páxina da UIMP

4.6.07

Seminario de Mulleres e Universidade

"SIDA, POR UNHA VEZ SI QUE PODE PASAR ALGO"

O Seminario de Muller e Universidade comprácese en convidarvos á presentación da web de contido educativo: "Sida, por unha vez si que pode pasar algo".

Trátase dun proxecto de xogo educativo que ten coma obxectivo ós adolescentes, que trata de achegar a sensibilización sobre esta epidemia a esa franxa de poboación. Consta dun cómic, un cuestionario e dous xogos tipo arcade. Esta primeira versión que se vai presentar preténdese que sexa mellorada nos IES coa participación das/os orientadoras/es e do alumnado.

A presentación da web terá lugar ás 12:30 horas do día 5 de xuño de 2007 na Aula Magna a Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

Máis información: www.sida-porunhavez.org

Curso de verán de Linguaxe de Signos

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra informa que está a desenvolver o Proxecto Europeo ILES III, enmarcado na Convocatoria da Subvención Global do FSE.

O obxectivo xeral do proxecto ILES III é fomentar a inserción laboral das persoas desempregadas a través de itinerarios personalizados de captación personal.

ILES III facilita ás persoas participantes unha alternativa de formación para a súa incorporación no mercado de traballo.

Unha destas accións formativas consiste no curso de verán Linguaxe de Signos, cunha duración de 200 horas, durante os meses de xullo e agosto.

As persoas interesadas poden acceder a máis información aquí.

XVI edición do Premio Manuel Colmeiro



A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Escola Galega de Administración Pública, co obxecto de promover o labor de investigación, estudo e divulgación no eido da Administración pública, convoca a XVI edición do Premio Manuel Colmeiro.



OBXECTO

Fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estructura, funcións e ámbitos competenciais, podendo abordar a investigación desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica, económica, etc.

DESTINATARIOS

Poderán participar nesta convocatoria tanto persoas individuais coma equipos de traballo formados para o efecto, de calquera nacionalidade dos estados membros da Unión Europea.

PRAZO

O prazo de presentación dos traballos finalizará o 15 de setembro deste ano.


Máis información: Premio Manuel Colmeiro