12.2.07

Master Interuniversitario en Diplomacia e Relacións Internacionais

O Máster en Diplomacia e relacións internacionais da Escola Diplomática desenvolverase ao longo dun ano académico,de outubro a xuño, e estará dividido en dous semestres cunha carga lectiva de 550 horas en total.

Entre as materias, podemos subliñar Dereito Internacional Público e Privado, Historia das Relacións Internacionais, Constitución e Administración españolas e Relacións Internacionais e política exterior.

Para máis información: www.mae.es/es/MenuPpal/Ministerio/Escuela+Diplomatica

Visita do Comité de Avaliadores Externos á Diplomatura en Xestión e Administración Pública

Do día 12 ao 14 de febreiro o Comité de Avaliadores Externos visitará a Facultade de Ciencias Sociais e da Información para avaliar a titulación, Diplomatura en Xestión e Administración Pública.
A continuación detallarase o programa:

12/02/07
18:00 - 20 .30 - Reunión preparatoria do C.A.E. no hotel
21:00 - Cena co Comité de Autoavaliación da Titulación, Vicerreitorado de Novas
Tecnoloxías e Calidade, e o Comité de Avaliadores Externo

13/02/07
09:00 - 10:30 - Reunión do Comité de Autoavaliación da Titulación
10:45 - 11:45 - Reunión co Equipo Decanal
12:00 - 13:00 - Reunión cos Directores de Departamentos con docencia na titulación
13:00 - 14:00 - Reunión cos PAS
14:00 - Comida

16:00 - 17:30 - Reunión co Profesorado
17:45 - 19:00 - Reunión cos Egresados, Becarios e Empleadores
20:00 - Reunión interna do Comité de Avaliación Externa


14/02/07
09:30 - 10:00 - Visita ás instalacións.
10:00 - 11:00 - Reunión cos Alumnos de 1º curso.
11:00 - 12:00 - Reunión cos Alumnos de 2º e 3º curso.
12:00 - 12:30 - Audiencia Pública
12:30 - 13:00 - Novas audiencias reclamadas polo C.A.E.
13:00 - 13:45 - Reunión interna do C.A.E. ( preparación do informe)
14:00 - 14:30 - Informe preliminar verbal
14:30 - 16:00 - Comida
16:00 - Despedida do C.A.E.

9.2.07

Forum emprego 2007


Os días 12 e 13 de febreiro celebrarase no Salón de Actos do Edificio de Ciencias Experimentais as "6 Xornadas Universitarias de Emprego de Galiza e Norte de Portugal".

Nesta quenda darase información da Rede EURES (EURopean Employment Services), a rede europea de emprego e da mobilidade ao teu servizo, da posibilidade de emprego nas administracións públicas, do C.V. Europass e das políticas de apoio da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para o acceso ao emprego dos universitarios.

Para máis información: https://webs.uvigo.es/forumempregoeures/

III Congreso Nacional de Información,Seguridade e Defensa


Os días 25, 26 e 27 de abril celebrarase en Segovia o III Congreso Nacional de Información,Seguridade e Defensa.

O resumo das comunicacións non poderá superar as 500 palabras e poderá ser enviado do 28 de febreiro ao 20 de abril.

As temáticas plantexadas son:

1.Conflictos e seguridade: seguridade estatal, seguridade rexional,seguridade internacional.
2.Comunicación, conflictos e políticas de seguridade e defensa.
3.Organizacións Internacionais, seguridade e defensa.

Para máis información: www.usek.es

Bolsas Posdoutorais

Convócanse un máximo de 350 axudas para promover e facilitar o perfeccionamento de doutores que acaban de finalizar a súa formación de terceiro ciclo e poidan desenvolver un traballo de investigación que complete a súa etapa def ormación en centros de excelencia estranxeiros e, excepcionalmente españois, por un período máximo de vintecatro meses.

Das bolsas como mínimo o 90 por 100 serán en centros estranxeiros, destas, ata 50 poderán corresponder a bolsas MEC/Fulbright,ata 7 asociadas ás Cátedras Príncipe de Asturias, nas universidadesGeorgetown (en áreas de Humanidades), New México (en áreas relacionadas coas Ciencias e Tecnoloxías Informáticas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN:Bases na páxina http://www.mec.es/univ
O prazo de presentación será de : 30 días naturais a partir do día seguinteá data de publicación no BOE da presente convocatoria.

3.2.07

Bolsas para prácticas de formación

O obxectivo desta convocatoria é a realización de prácticas de formación dexestores e expertos en cooperación internacional para o desenvolvemento nasunidades da propia Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) ou noutras entidades públicas vinculadas ou dependentes dela.
REQUISITOS:
* Posuír a nacionalidade española.
* Ter titulación superior universitaria.
* Posuír dominio do inglés e coñecementos suficientes dunha segundalingua estranxeira.
* Ter experiencia práctica en instrumentos, procedementos, organismos e/ou proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento.
* Non ter sido beneficiario desta bolsa en edicións anteriores.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:Bases na páxina www.aeci.es/becasformacion
O prazo de presentación será de : 10 días hábiles contados a partir do díaseguinte á publicación da convocatoria no BOE.

Convocatoria de bolsas para a formación complemetaria nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

A Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade ven de convocar máis de 120 bolsas para a formación dos estudantes nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Para máis información:

I convocatoria TIC 2007
I convocatoria PC1 e PC2 2007