19.1.10

Radiografía do Medo

Baixo o título "Radiografía do Medo" a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, acolle nestes días unha mostra de mail art na que 137 artistas de todo o mundo amosan a súa visión persoal desa emoción universal chamada medo...

A exposición organizada en colaboración coa Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña permanecerá nas instalacións da Biblioteca Central do Campus de Pontevedra situada no primeiro andar da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do 19 de xaneiro ó 5 de febreiro.

Para aqueles que están preparando exames unha forma de activar estados de alerta...

* Galería Virtual

Actualización:  Artigo no Duvi

Eleccións a Decano

De conformidade ca Normativa para a Elección de Decanos e Directores de Centros, convócanse eleccións a Decano por parte da Xunta de Facultade, de acordo co seguinte calendario electoral:

1. Constitución da Xunta Electoral – 18 de xaneiro (sorteo o 14 de xaneiro)

2. Exposición de censos provisionais: 19 de xaneiro

3. Prazo de reclamación aos censos provisionais: do 20 ao 26 de xaneiro.

4. Exposición de censos definitivos: 29 de xaneiro

5. Prazo de presentación de candidaturas: do 1 ao 4 de febreiro

6. Proclamación provisional de candidatos/as: 5 de febreiro

7. Prazo de presentación de reclamacións á proclamación provisional de
candidatos/as: 8 e 9 de febreiro

8. Data de proclamación definitiva de candidatos: 10 de febreiro

9. Data de votación: 12 febreiro. 12 horas Sala de Xuntas

14.1.10

Calendario de Exames

Está accesible na páxina web da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o calendario de exames. As datas para a realización dos exames están comprendidas entre o 22 de xaneiro e o 3 de febreiro.

Recoméndase revisar as datas para verificar posibles cambios.

Actualizaráse información respecto a adxudicación de espacios para a realización dos exames, nas pantallas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, neste blog e nas contas do twitter e facebook.

Novos horarios da Biblioteca

A Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, situada no edificio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación amplia os seus horarios de apertura durante as datas de exames.
Prolongaráse o tempo de apertura durante a semana e abrirá ademáis sábados e domingos ata as 10 da noite. Os novos horarios de apertura quedan como se especifica a continuación.

  • De luns a venres dende o 12 de xaneiro ó 12 de febreiro, permanecerá aberta ata as 3:00 da madrugada.
  • As fins de semana dende o 16 de xaneiro ó 7 de febreiro, abrirá dende as 8:00 da mañá ata as 10:00 da noite.