13.5.09

Comunicación e cultura en tempos de crise na empresa e nas institucións

Por noveno ano, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra convocou á comunidade universitaria de Galicia, ós profesionais e a sociedade en xeral a unhas xornadas que presumen de seren unha das actividades da Universidade de Vigo con maior número de asistentes. Este ano, no contexto da crise, falouse de comunicación corporativa e mesmo de protocolo co concurso, coma sempre, de investigadores e profesionais de recoñecido prestixio nun apretado programa de diversos contidos. O programa das xornadas, coordinado, como outros anos, polo profesor da área de Xornalismo Dr. Fernando Ramos, pode consultarse no seguinte documento:
Programa Completo.

11.5.09

Presentación Festa do Cinema Galego Portugués – Filminho 2009

O martes, 12 de Maio, tivo lugar na Facultade a presentación do Festival de Cine "Filminho".

O Filminho - Festa do Cinema Galego e Português é um evento cinematográfico que decorre no Minho (Alto Minho português e Baixo Minho galego) com o objectivo de promover um encontro entre os sectores audiovisuais de ambos os lados da fronteira, não se limitando à exibição de filmes, mas também procurando incentivar a criação e produção destes. O Filminho decorre em Vila Nova de Cerveira e em Tominho, podendo vir a estender-se a outras localidades minhotas. Tem como característica adicional o facto de parte das exibições se fazerem através de projecções de cinema ao ar livre, usando para o efeito um sistema inovador, e tirando partido do ambiente de Verão que se vive no Minho nesta altura.

Mais información en www.filminho.info

RdL'09 na semana das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, e baixo a coordinación da profesora Teresa Bemúdez e o profesor Benigno Salgado, tiveron lugar, o martes 12 e o mércores 13 de Maio, os actos correspondentes a RdL'09.
  • MARTES, no Salón de Graos Xan Bouzada, ás 11 da mañá:
1. Conferencia de apertura a cargo de María Yáñez (Xornalista, A Navalla Suíza): http://flocos.tv/

2. Táboa reonda: “Por diante dos tempos: Evolución e tendencias no uso da Internet en galego.
Dirixida e moderada por:
Manuel Gago (Xornalista e director do portal culturagalega.org)
http://www.culturagalega.org/
Coa intervención de:
- Roi Barreira (Dpto. Comercial e de Márketing da CRTVG):
http://www.crtvg.es/comercial/informacion.asp
- Anxos García Fonte (Ex-directora de Cultura de Xornal de Galicia):
http://nubosidadevariabel.blogspot.com/
- Paz Orois (Ex-directora comercial de Ollo Público):
http://www.ollopublico.es/

3. Presentación das campañas de Normalización da UVigo,
por Henrique Costas (Director da ANL - UVigo): http://anl.uvigo.es
  • MÉRCORES, no Salón de Actos, de 4 a 9 da tarde.
Gala dos V Premios RDL:
Conducida por: Fernando González “Gonzo” (Xornalista, CQC).
Lección maxistral de: Miguel Conde (BAP & Conde).
Actuación musical da banda: The Noises: http://www.myspace.com/thenoises.
Premios RdL09 ás mellores webs en galego.
Premios RdL09 ó mellor cartaz estudantil.

Boa Resposta ó Taller de Dobraxe e Lingua nas Aulas

O mércores, 6 de maio, tivo lugar o taller "Dobraxe e Lingua nas aulas", por iniciativa do programa “Audiovisual nas Aulas” do Consorcio Audiovisual de Galicia en colaboración con APRADOGA (Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia) e a Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade da nosa Facultade.
Asistiron mais de 60 alumnos e contou coa presenza de coñecidos actores galegos (Tacho González, Gaspar Somoza, Beatriz García e Lucía Cid), que explicaron as súas experiencias e técnicas de dobraxe en directo. O Taller, de dúas horas de duración, tivo moi boa resposta por parte dos estudantes da Facultade e da Universidade de Vigo en xeral, que tiveron a oportunidade de experimentar por si mesmos, poñéndolles a súa voz a coñecidas persoaxes de debuxos animados.