Manuel Outumuro nos Xoves de Moda
Data: xoves 3 de maio
Hora: 19.00 horas
Lugar: Casa das Campás
Asisten: Lola Dopico, directora de Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda e Manuel Outumuro, deseñador gráfico e fotógrafo de moda.
O prestixioso fotógrafo galego Manuel Outumuro participará mañá no ciclo de conferencias “Xoves de Moda”, xornadas nas que profesionais do mundo do deseño expoñen as súas experiencias e visións sobre este sector.
Outumuro conta cunha ampla traxectoria como deseñador gráfico e como colaborador en múltiples publicacións como Vogue, Elle, La Vanguardia o El País. Ademais, no campo do deseño, creou a imaxe gráfica, comunicación audiovisual e fotografía de deseñadores como Antonio Miró, Amaya Arzuaga, Carolina Herrera ou Purificación García. Como director artístico, dirixe anuncios publicitarios e é autor da fotografía e do material promocional da película “Los Otros” de Alejandro Amenábar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario