16.5.07

Certame VISIÓNS de fotografía dixital.


Concello de Redondela

1. PARTICIPANTES.

Destinada a todos os fotógrafos tanto afeccionados, como profesionais que o desexen maiores de idade. As fotografías teñen que ser orixinais e non premiadas en ningún concurso anterior e cunha antigüidade non superior os dúos anos.


2. TEMÁTICA.

O título do certame é fotografía turística de Redondela. Cabe precisar que se poden presentar obras sobre calquera elemento do Concello que poida servir para a súa promoción (pratos e productos gastronómicos, ambientes e personaxes, festas, monumentos, arte, recunchos, artesanía, paisaxes, etc.)

3. OBRA.

Poderán presentarse un máximo de 3 fotografías impresas e ata 7 en formato dixital por cada autor. As fotografías impresas teñen que formar parte da colección dixital. Para participar tense que presentar, como mínimo, unha fotografía impresa e o seu correspondente arquivo nun CD ou DVD.

As fotografías impresas deberán ser presentadas sobre un soporte ríxido.

As fotografías en formato dixital deben presentarse nun CD ou DVD.

Arquivo JPEG. Tamaño: 2 mb. mínimo. / Resolución 300 ppp. mínimo.
Arquivo TIFF. Tamaño: 10 mb. mínimo. / Resolución 300 ppp. mínimo.
Non establécese límite máximo para o tamaño do arquivo.

As obras presentadas, permitirán debido á súa natureza dixital, o retoque das fotografías, sempre que sexa a aplicación de filtros globais que melloren a súa calidade.


4. PRESENTACIÓN.

O prazo de presentación será a partir do 9 de abril do 2007 ata o 24 de agosto do 2007. A entrega deberase realizar na Oficina de Turismo do concello de Redondela, á atención da concellería de Turismo, indicando I concurso de Fotografía Dixital Turística do Concello de Redondela, ou ben, enviar por correo ao enderezo: Rúa Alfonso XII, nº 2 - 36800 - Redondela, (Pontevedra) ESPAÑA, á atención da concellería de Turismo. Os gastos do envío correrán a cargo do participante.

O formato dixital (CD OU DVD) e as imaxes impresas deberán ir identificados por un pseudónimo e co nome correspondente á obra.

A obra ten que ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo da obra.


Máis información

2 comentarios:

malulha guevara dijo...

"O formato dixital (CD OU DVD) e as imaxes impresas deberán ir identificados por un pseudónimo e co nome correspondente á obra".

"A obra ten que ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo da obra".

Teño pensado participar no concurso de fotografía, pero ¿É posible que me expliques isto mellor?. Seguramente está fantásticamente ben explicado pero non me acaba de quedar claro. Gracias anticipadas.

axendacsc@gmail.com dijo...

Gracias polo teu interese.

"O formato dixital (CD OU DVD) e as imaxes impresas deberán ir identificados por un pseudónimo e co nome correspondente á obra".

Neste punto, o que tes que facer é asinar a fotografía cun pseudónimo que ti elixas, en lugar do teu nome. En segundo lugar, deberás tamén pór un título á imaxe, isto é "o nome correspondente á obra".

"A obra ten que ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo da obra".

Neste caso, simplemente terás que incluir os teus datos persoais nun sobre pechado, e por fora deberás escribir o pseudónimo que empregaches para identificarte nas obras.

De todas maneiras, no artigo publicado achégase un enlace á páxina do concello de Redondela, onde aparecen as bases do concurso cunha maneira máis concreta. Con respecto ó tema que a ti te interesa, aparece a seguinte información ó respecto:

"O formato dixital (CD OU DVD) e as imaxes impresas deberán ir identificados por un pseudónimo e co nome correspondente á obra. A obra ten que ir acompañada dun sobre pechado identificado por fóra co pseudónimo da obra. Dentro nun folio incluíranse os seguintes datos obrigatorios:
- Nome e apelidos do/a concursante.
- Pseudónimo.
- NIF.
- Dirección de correo postal.
- Enderezo de correo electrónico.
- Teléfono de contacto.
- Modelo de cámara utilizada, e características técnicas da fotografía (para a categoría 1).
- Título da obra. Se se desexa pódese facer unha breve reseña da obra presentada.
- Lugar no que se realizou a fotografía."

Normalmente nos artigos publicados facemos unha breve reseña das bases dos concursos, pero se achega unha dirección na que se pode ampliar a información. Neste caso, podes descargar un arquivo dende a páxina de Redondela onde aparecen as bases explicadas.

Agardamos que as túas dúbidas quedasen aclaradas.

Un saúdo.