Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

3.5.07

Cabaré3 Pontevedra


Cabaré3 Pontevedra
22.00h _ Xoves 3 de maio _ Jazz Café Night and Day

21.30h _ Venres 4 de maio _ O GRANDE MUSICAL _ Teatro Principal

21.30h _ Sábado 5 de maio _ FEMME FATALE _ Teatro Principal

28.4.07

AULA MUNICIPAL DE TEATRO


LIXO

Teatro Principal | Pontevedra 20.00h | Domingo 29 de abril Argumento:


Sibila ten un quiosco; Chon, un bar. Montaron os seus negocios na nova urbanización.

Alí mercou un piso Blasa. Ela procura na mística o que Caruncho, o do 3ºA, non atopa na liña telefónica.

Rodeiro ten dous fillos, dous coches, unha muller, un apartamento en Málaga e unha amante. Gonzalves envexa a sorte de Rodeiro pero Rodeiro non sería quen sen Gonzalves. Os dous comen unha hamburguesa mentres falan de mulleres.

Izascu e Mireia son mulleres. Izascu ten un can e unha chea de romaneses na casa. O que tén Mireia é unha veciña que fai top less diante dos cativos.

Con pechar un ollo, Antolín quere ser o novo Tarantino artístico. Touza mirao e move o seu caxato. Sabe que a arte é só un concepto moderno e indefinido. Como o lixo.

Porque se cadra aínda non se decataron, pero todos viven no lixo. E as gaivotas aterran pra tentar sobrevivir entre as preas.

27.4.07

Trufaldino. Servidor de dous amos



Trufaldino. Servidor de dous amos


Data: venres 27 de abril

Hora: 21.00 horas

Lugar: Teatro Principal


A Aula de Teatro da Universidade de Santiago será a encargada de clausurar esta noite a MITEU coa representación da obra “Trufaldino. Servidor de dous amos”. A obra narra a historia de Trufaldino, personaxe que pretende servir ao tempo dous amos coa intención de encher o seu bandullo. Para elo manipula as situacións como mellor pode e trata de saír dos apuros que se lle presentan poñendo en práctica as súas dotes dialécticas. Comedia da arte dos vellos tempos para falar de hoxe.

24.4.07

Tellas Verdes


“Tellas Verdes”
de Fermín Cabal. A obra que representará a Aula de Teatro da Universidade de Vigo, rememora a traxedia dos desaparecidos durante a ditadura chilena.

Data: 25 de abril

Hora: 18.30 horas

Lugar: Auditorio da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

23.4.07

Os fusís da Señora Carrar



É posible a neutralidade nun conflito tan brutal como foi a guerra civil española? A resposta a esta pregunta é o que se busca en “Os fusís da Señora Carrar” de Berlot Brecht, obra que será posta en escea pola Aula de Teatro da Universidade da Coruña.


Martes 24 21.00 horas Teatro Principal Pontevedra

IX Mostra Internacional de Teatro Universitario


Nosa Señora das Nubes

[Aula de Teatro da Universidade de Vigo]


18.30h. Salón de actos Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación


O texto, de Arístedes Vargas, aborda os temas da memoria e o exilio, mesturando a crítica política contra os gobernantes cunha reflexión sobre o individuo e o desarraigo.

11.4.07

Teatro: Leo Bassi


O cómico italiano Leo Bassi ofrecerá unha actuación titulada 'La revelación', o vindeiro 12 de abril no Teatro Principal de Pontevedra ás 21.00 horas, no marco da celebración da XXIV Semana Galega de Filosofía.

A representación teatral está organizada pola Aula Castelao de Filosofía e promovida polo Pazo de Cultura e o Teatro Principal de Pontevedra.

A obra aborda a relación entre a evolución tecnolóxica e científica da sociedade actual frente a fenómenos como as sectas, os fundamentalismos e o esoterismo.

As entradas estarán á venda unha hora antes da actuación na taquilla do Teatro Principal.

Precio_ 3€ (con carné de estudiante)