LIXO
Teatro Principal | Pontevedra 20.00h | Domingo 29 de abril Argumento:Sibila ten un quiosco; Chon, un bar. Montaron os seus negocios na nova urbanización.
Alí mercou un piso Blasa. Ela procura na mística o que Caruncho, o do 3ºA, non atopa na liña telefónica.
Rodeiro ten dous fillos, dous coches, unha muller, un apartamento en Málaga e unha amante. Gonzalves envexa a sorte de Rodeiro pero Rodeiro non sería quen sen Gonzalves. Os dous comen unha hamburguesa mentres falan de mulleres.
Con pechar un ollo, Antolín quere ser o novo Tarantino artístico. Touza mirao e move o seu caxato. Sabe que a arte é só un concepto moderno e indefinido. Como o lixo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario