Mostrando las entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas con la etiqueta Exposicións. Mostrar todas las entradas

5.3.10

Bata por fóra (muller por dentro)

Con motivo do día da celebración do 8 de marzo día Internacional da Muller, a Área de Igualdade de Extensión Cultural e Estudiantes, presenta nos tres Campus o documental de Claudia Brenlla: Bata por fóra (muller por dentro.

O documental será presentado o día 9 de Marzo ás 11:00 no primeiro andar da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación; coa presenza da directora e guionista Claudia Brenlla.

Trala presentación realizarase unha charla coloquio -prevista para as 12:00 do 9 de marzo- baixo o título "Muller e comunicación", na que intervirán Anna Amorós, Cristina Caruncho, Xesús Laxe, Amada Traba e Montserrat Vázquez.

Haberá unha Exposición de Batas que acompañará ó pase continuo do documental do 8 ó 11 de marzo en horario de 08:30 a 20:30 nas Bibliotecas Universitarias dos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

A presentación do documental terá lugar ás 13:15 do 9 de marzo en Vigo e en Ourense ás 12:00 horas do 10 de marzo.


----------------
Bata por fóra (muller por dentro) Palmarés: Premio ao mellor documental na MIVICO (Mostra Internacional de Videocreación do Condado, Ponteareas 2008). Premio ao mellor documental no Festival On & Off (Ribadeo, 2008). Premio ao mellor documental no V certame de documental e vídeo Secuencia Cero (Vigo, 2008). Proxectado en diversos festivais. Título seleccionado para o catálogo DocsGalicia 09 do Consorcio Audiovisual de Galicia. Título seleccionado para o programa Curtas 09 do Consorcio Audiovisual de Galicia.

19.1.10

Radiografía do Medo

Baixo o título "Radiografía do Medo" a Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, acolle nestes días unha mostra de mail art na que 137 artistas de todo o mundo amosan a súa visión persoal desa emoción universal chamada medo...

A exposición organizada en colaboración coa Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña permanecerá nas instalacións da Biblioteca Central do Campus de Pontevedra situada no primeiro andar da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do 19 de xaneiro ó 5 de febreiro.

Para aqueles que están preparando exames unha forma de activar estados de alerta...

* Galería Virtual

Actualización:  Artigo no Duvi

1.12.09

Exposición do Club de creativos


O luns, 30 de novembro, inauguróuse, en varios espacios da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, unha exposición sobre os traballos mais relevantes do chamado Club de Creativos.
O Club de Creativos (http://www.clubdecreativos.com/) é unha organización sin ánimo de lucro que traballa para mellorar a calidade do traballo creativo en España e que busca a unión dos profesionais diste sector en favor da educación e da formación.

A exposición, inaugurada por Rafa Antón, Toni Segarra e Concha Vert e que permanecerá aberta a estudantes e público en xeral ata os mes de febreiro, fai un repaso polos carteis e campañas publicitarias mais relevantes dos últimos anos

13.4.07

Cow Parade



Do 14 de abril ata finais de xullo

Ao longo dos últimos oito anos, centos de vacas veñen dando vida a diversos centros urbanos de grandes capitais como Zurich, Chicago, Nova York, Sydney, Houston ou Londres.
Colocadas en grandes beirarrúas, prazas e xardíns, as vacas convértense nun espectáculo de primeira magnitude. O público identifícase ao momento coas vacas cando comeza a percibir elementos e símbolos relacionados ca arte, a cultura e os costumes locais.Os patrocinadores convértense entón nos principais protagonistas posto que son eles quen fan posible este gran espectáculo.
CowParade é un fenómeno social que convida ao cidadán a participar estimulado pola orixinalidade e a magnitude do acontecemento, disposto a descubrir o resto de rabaño. Intrigado pola cantidade e calidade de vacas,o público gravitará arredor das vacas durante os tres meses de exposición gozando deste espectáculo único e gratuíto.A exposición cérrase para dar paso a unha gran subhasta de Caridade que permitirá recaudar fondos para as ONGs que o Concello de Vigo considere máis adecuadas.

23.3.07

DESEÑA GZ


DESEÑA GZ
|||
paseando entre orixinais

_ Do 17 ao 30 de marzo, no Casco Histórico de Pontevedra poderás visitar a exposición Deseña Gz.
_ Nos establecementos da Zona Monumental verás máis de 100 obras de deseño gráfico contemporáneo. Sen esquecerse do Mercado Municipal, onde hai boas mostras das infografías que se realizan en Galicia.
_ Na Casa das Campás (situada ao lado do Teatro Principal) darás unha pequena volta pola historia do deseño gráfico en Galiza, dende 1900 a 1990.
_ No Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira) atoparás os deseños das distintas marcas de viño da D.O. Rías Baixas. Ademais de coñecer os deseños da publicidade institucional que se fan ao outro lado do Miño, na cidade de Braga, e poder comparalos cos que se realizan en Pontevedra.

21.3.07

Icono Gz



Vota o icono que mellor te identifica.

Entra na páxina www.iconogz.org
e axúdanos a escoller o icono máis popular entre as 40 propostas de Kiko da Silva, dende a Catedral de Santiago ata
a empanada galega, con cal te quedas?