16.4.07

V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo


V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo


A Vicerreitoría de Extensión Universitaria e Estudantes convoca o V Premio de Creación Audiovisual Universidade de Vigo de acordo coas seguintes bases:

1. Poderá participar calquera membro da comunidade universitaria de Vigo (PDI, estudantes e persoal de administración e servizos).

2. Poderase presentar calquera traballo amateur e orixinal non galardoado en ningún outro concurso.

3. O tema será libre e haberá cinco modalidades: CURTO NARRATIVO, DOCUMENTAL, VÍDEO EXPERIMENTAL, ANIMACIÓN e VÍDEO PUBLICITARIO (sen referencia a ningunha marca comercial rexistrada). Para presentarse a esta última modalidade é necesario que, ademais da peza audiovisual se aporte un dossier que conteña: briefing, estratexia e obxectivos do proxecto. O material audiovisual contido na obra debe ser de produción propia ou, no seu defecto, é preciso citar a fonte ou fontes das imaxes alleas que inclúa a produción, así como o estado dos dereitos de utilización delas.

4. Os traballos poderán presentarse en calquera soporte magnético debendo, en calquera caso, enviar unha copia en DVD para o visionado do xurado. A duración non excederá de 15 minutos.

5. Cada participante ou grupo de traballo poderá presentar un máximo de dúas obras por cada unha das modalidades.

6. Os traballos levarán ben visible un título, a duración e a modalidade na que participan, e irán acompañados dun sobre pechado no que figure no exterior o mesmo título, modalidade e duración, e no seu interior o nome ou nomes dos autores, o enderezo e teléfono de contacto.

7. Establécense os seguintes premios:
- un premio de 1200 euros para o mellor traballo de cada modalidade.
- un accésit de 500 euros para cada modalidade.
A estas cantidades aplicaráselle a retención fiscal legalmente establecida.

O prazo de presentación de traballos remata o 29 de Xuño de 2007

máis información | http://extension.uvigo.es/

No hay comentarios: