28.4.07

NOVOS VALORES 2007
CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS


B A S E S

1.—
Poderán participar neste certame, sen límite de idade, todos os artistas
(pintores, escultores, debuxantes, deseñadores, gravadores, fotógrafos,
ceramistas, videocreadores, etc.) susceptibles de seren considerados novos
valores, naturais ou residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, debendo,
en último caso, acreditar documentalmente esa circunstancia. Quedan
excluídos da convocatoria os artistas xa premiados nalgunha das anteriores
convocatorias deste mesmo certame.

2.—
As obras presentadas deberán ser orixinais, non admitíndose as que xa fosen
expostas noutras mostras, individuais ou colectivas, ou figurasen noutros
concursos. Só se aceptarán dúas obras por artista en cada especialidade. O
seu peso non será superior ós 500 quilos e a súa máxima dimensión non
excederá os 2'00 m. No ámbito da creación audiovisual, admitiranse obras
unicamente en soporte CD ou DVD e en formato vídeo, non podendo exceder a
duración da proxección de 4 minutos. .

3.—
As obras presentaranse no Edificio “Sarmiento” do Museo Provincial de
Pontevedra, ben persoalmente, ben a través dun medio de transporte que
garanta a súa entrega. O prazo de recollida estenderase desde o día 8 deica
o 18 de maio deste ano, de martes a venres e entre as 10:00 e as 13:00
horas. Xunto coa obra ou obras os artistas entregarán unha fotocopia do seu
DNI e o boletín de inscrición con todos os campos debidamente cubertos. Este
poderá ser recollido tanto no Servizo de Cultura da Deputación Provincial
coma no Museo Provincial de Pontevedra. No momento da entrega os
concursantes recibirán un recibo que a documente. A súa presentación será
imprescindible para a posterior retirada da obra.

1 comentario:

Anónimo dijo...

quem ganhou?????????