24.1.07

"Nas clases empregamos materiais alternativos que podemos atopar na cociña das nosas casas" Ricardo Spencer, profesor de efectos especiais

Auga, un pouco de mel e azafrán. Estes son os ingredientes que os alumnos do obradoiro de Introdución aos efectos especiais en cine e televisión empregan para conseguir produtos similares ao sangue. E é que, con elementos tan sinxelos e de fácil acceso como estes, pódense lograr efectos como cortes e feridas, partes do corpo humano, disparos, cristais e un largo etcétera. Ricardo Spencer, profesor que imparte o curso e gran coñecedor desta disciplina, é defensor do emprego de materiais alternativos que resultan tan eficaces como os habituais. “Os produtos que se manexan para a preparación dos efectos especiais son caros e de difícil acceso xa que moitos veñen doutros países. Nas clases empregamos materiais alternativos que podemos atopar na botica ou na cociña das nosas casas”, apunta Spencer.O obradoiro, enfocado aos estudantes de Comunicación Audiovisual, Publicidade e Belas Artes, ten como obxectivo que eles mesmos poidan aplicar os efectos especiais na súa área de coñecemento valéndose, para elo, de materiais accesibles.Ao longo das 30 horas que dura o curso, os seus 21 alumnos reciben ademais da formación práctica para realizar os efectos, unha base teórica necesaria para poder levalos a cabo. “Facemos primeiro unha introdución sobre que son e como se dividen os efectos especiais segundo as súas áreas de aplicación e despois realizamos as prácticas”, comenta Spencer.O curso goza dunha gran popularidade entre os estudantes e todos os cursos se esgotan rapidamente as súas prazas. “Eu xa me quería apuntar o ano pasado pero cando me ía matricular non quedaba sitio” sinala Silvia Martinez, estudante de 4º de Publicidade. As razóns que os moven a apuntarse son diversas, uns matricúlanse polos dous créditos que lles dan ao facelo, pero a gran maioría afirma que é porque lles interesa a materia. “Apunteime porque me parecía moi interesante, o que máis me gusta son as clases prácticas que son moi dinámicas e divertidas”, sostén Mónica Diumaró, alumna de Publicidade.
Práctica FinalAs últimas dúas semanas do curso os estudantes dedícanse a preparar e gravar unha especie de “curto ”a modo de práctica global. “Ao final sempre gravamos un material videográfico que reflicta os coñecementos que adquirimos ao longo das 30 horas que dura o curso ” remarca Spencer.
(Nova extraída do DUVI do 24 de Xaneiro)

No hay comentarios: