24.1.07

Estudantes de Comunicación Audiovisual realizan vídeos promocionais para ir a Nova York


A cidade máis empregada como estudo de gravación cinematográfico, Nova York,é o obxectivo dos alumnos do último curso de Comunicación Audiovisual dePontevedra. Os estudantes pretenden coñecer mediante a viaxe de fin decarreira a vila que actuou como fonte de inspiración de directores comoWoody Allen e a responsable da creación de mitos como o da mafia italiana,as rúas percorridas por Robert de Niro en “Taxi Driver” ou a emblemáticaxoiería de “Almorzo con diamantes”. Para acadar este propósito decidironapostar por unha innovadora iniciativa: a produción de vídeos. Ao tempo querealizan un mergullo profesional, os estudantes atoparon unha orixinal víade financiamento coa que pensan recadar máis de 11.000 euros.“As rifas e a organización das festas parecíanos moi típico, é o de sempre,polo que o profesor Xaime Fandiño suxeriunos facer vídeos e vendelos, e nospareceu unha grande idea xa que é o que mellor sabemos facer”, afirma ClaraGarcía, membro da organización. Clips musicais, documentais, vídeospromocionais... todos os formatos son tratados por este grupo. O videoclip“A vida é un Entroido” marcou o inicio, adquirido polo Concello dePontevedra para a súa campaña das festas da Peregrina 2006.A continuación chegarían producións como o documental “Vémonos no río”,encargado pola Asociación Vaipolorío e que pretende actuar como testemuña doestado do río Gafos. Durante 15 minutos reflíctese a súa historia e como oslabores de limpeza o converteron nun espazo apto para a o deporte e ocio.Neste mesmo formato enmárcase un vídeo promovido pola Fundación CarlosCasares, con motivo das xornadas de cine documental organizadas en Celanovadurante o pasado verán baixo o título de “Imaxinar a Realidade”.Tras realizar estes tres traballos o curso pasado, os estudantes decidironelaborar unha presentación multimedia para recrutar novos clientes. “O xeitode contactar con eles é o ataque directo, acudimos coas nosas producións esuxerimos facer un vídeo promocional”, sinala García. Dende o mes de outubro comezaron varias producións, como un proxecto sobre o piragüismo para oConcello de Pontevedra e unha campaña de comunicación para a nova Facultadede Ciencias da Educación, composta por un clip publicitario do centro eoutro sobre as probas de acceso á Licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Actualmente traballan tamén noutro sobre a EscolaUniversitaria de Enxeñeiros Industriais, aínda que recoñecen que a lista detarefas supera amplamente ás expectativas: “temos máis encargos para facer apartir de marzo, e coa xente que somos teremos que realizar un grandeesforzo para continuar producindo”, engade Clara García.
Calendario
Esta non foi a única iniciativa innovadora levada a cabo polos estudantes.Dende fai algunhas semanas comezaron a vender calendarios nos que os alumnosson os protagonistas. Cada mes aparece unha fotografía na que os membros daorganización representan populares imaxes de películas. Pulp Fiction,Cabaret ou Instinto Básico foron algúns dos filmes elixidos nos que seretrataron rodeados por coidadas postas en escena. As imaxes, tomadas earranxadas por eles mesmos, pretenden ser unha homenaxe a todas as películasque os marcaron durante a carreira e, ata momento, conseguiron vender máisde setecentas copias.
(Nova extraída do DUVI)

No hay comentarios: