31.7.07
Os titulados do Programa de Maiores poderán continuar estudando materias soltas unha vez rematen a súa formación
Co obxectivo de ofrecer ás persoas adultas un espazo formativo e de intercambio cultural e un ámbito de socialización, a Universidade continúa un ano máis co Programa para Maiores, que ten a preinscrición para o primeiro curso aberta ata o vindeiro 14 de setembro. Coa experiencia dos últimos catro anos, o vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, Pedro Membiela, destaca “o interese e motivación dos estudantes e a satisfacción que amosan unha vez que toman parte nesta iniciativa, tanto eles como os docentes”.
O Programa para Maiores estrutúrase en dous ciclos. O primeiro, que consta de tres cursos, é un ciclo intensivo cunha docencia adaptada ás necesidades destes alumnos, mentres que no ciclo de especialización, comparten aulas e materias cos universitarios que cursan os seus estudos nas distintas escolas e facultadas. Ao rematar cada un destes ciclos os estudantes obterán un título propio: “graduado senior co ciclo intensivo e graduado superior co de especialización”, explica Membiela.
Nos tres primeiros cursos, a finalidade é facilitarlles unha docencia adecuada á súa situación persoal axudándolles no proceso de adaptación aos cambios dos novos tempos. Así, as materias específicas van dende a identidade psico-social da persoa adulta, as novas tecnoloxías, inglés, saúde e calidade de vida, dereito básico ou historia. As materias combínanse con obradoiros de música, expresión corporal ou fotografía.
Xa no ciclo de especialización as materias ofertadas están en relación coas titulacións que compoñen cada un dos tres campus podendo elixir entre unha ampla oferta.
Novidade
Ao finalizar o vindeiro curso 2007-2008 rematará o ciclo de especialización a primeira promoción deste programa obtendo o título de graduado superior. Para todos eles e, respondendo a unha demanda dos propios estudantes, o vicerreitor de Formación e Innovación Educativa anunciou como novidade “a posibilidade, unha vez rematados os estudos e obtido o título, de continuar formando parte da comunidade universitaria matriculándose en materias soltas das titulacións oficiais”. Segundo Membiela “este é un indicativo de que a xente está contenta e quere continuar, de que están motivados para seguir formándose na Universidade”. Como apunta o vicerreitor “os méritos do programa van en dúas direccións: ofertamos unha formación ampla cun compoñente cultural importante e un outras persoas, sempre están moi motivados no aspecto relacional e forman grupos moi unidos de alumnos e moi activos dentro e fóra das aulas. Neste sentido representa un compromiso persoal e de superación, xa que teñen que asistir regularmente a clase, aprender e traballar. É unha maneira de dar sentido a unha etapa da vida”.
Prazos
Ata o vindeiro 14 de setembro permanecerá aberta a preinscrición para os novos estudantes que se matriculen no primeiro curso, matrícula que farán efectiva entre o 1e o 5 de outubro. Para os estudantes de segundo e terceiro curso o prazo de matrícula abrirase do 3 ao 14 de setembro. Para o ciclo de especialización, cuarto e quinto curso, a matrícula debe formalizarse entre o 3 e o 13 de setembro. No que se refire á novidade para os titulados de cursar materias soltas, esta deberá realizarse os días 18 e 19 de setembro.
26.7.07
3ª edición Premio Ideas Mª José Jove Santos
Convocatoria
A fundación Una Galicia Moderna convoca a terceira edición do Premio Ideas Mª José Jove Santos correspondente ao ano 2007.
Obxecto
O Premio Ideas á creación de empresas ten como finalidade promover e incentivar iniciativas dirixidas a impulsar o desenvolvemento da economía, así como, fomentar o autoemprego para licenciados mozos de tódalas titulacións, mellorando deste xeito o futuro da mocidade galega.
Participantes
Os premios outorgaranse a persoas, empresas e institucións que presenten un plan de negocio que xere emprego e riqueza. Terán preferencia as ideas presentadas por persoas menores de 30 anos.
Dotación
O premio Ideas Mª José Jove Santos correspondente ao ano 2007 consiste nunha dotación económica de 9.000€ que se destinarán a premiar as mellores iniciativas do ano para a creación de empresas e á innovación no ámbito galego.
O mellor proxecto premiarase con 6.000€ e co fin de recoñecer as achegas de maior relevo concederanse dous galardóns máis de 2.000€ e 1.000€.
Prazo
O prazo comezará o 3 de setembro e finalizará o 1 de outubro de 2007 ás 15:00 horas.
Máis información
16.7.07
A especialización e a profesionalización centran a oferta complementaria da Universidade para o vindeiro curso 2007-2008
A especialización dos titulados e a formación continua dos profesionais son os obxectivos principais arredor dos que se artella a oferta de títulos propios e cursos complementarios da Universidade de Vigo para o vindeiro curso. Presentada o pasado venres 13 de xullo polo vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, Pedro Membiela, e polos coordinadores de varios dos títulos, a oferta comprende másters, cursos de especialistas, cursos de formación e cursos complementarios.
Segundo salientou Pedro Membiela, “esta oferta propia da Universidade complementa ás titulacións oficiais aportando un fondo compoñente social, xa que recolle os intereses e necesidades dos distintos sectores, captando as necesidades formativas e específicas de cada un deles”.
Para poder responder tanto ás necesidades formativas como ás profesionalizantes, o profesorado destes cursos incluirá tanto a docentes universitarios como a representantes das propias empresas do sector e incluso da administración pública tanto galega, como estatal e europea.
Novidades
No que se refire aos másters e cursos de especialista, o catálogo inclúe varias novidades. Entre elas, o Máster en Ciencias da Enfermaría, o Curso de Especialista en Enfermaría de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes e o Curso de Especialista en Dereito Angloamericano. O primeiro deles está dirixido a diplomados e licenciados da rama sanitaria para complementar a súa formación universitaria en conceptos científicos, xurídico-sociais, humanísticos e tecnolóxicos. Pola súa banda, o curso de Enfermaría de Urxencias, Emerxencias e Catástrofes xurdiu para paliar as carencias existentes neste campo e para poñer ao día aos diplomados en novos coñecementos e técnicas, sobre todo de cara a posibles catástrofes. O curso de especialista en Dereito Angloamericano especializará neste campo aos titulados, afondando en temas como a Common Law, o sistema xurídico continental europeo ou o dereito nos Estados Unidos.
Continuidade
A posterior incorporación laboral dos matriculados é segundo Membiela “a razón de ser destes cursos e a sucesión das edicións ratifica o éxito neste campo”, aínda que tamén destacou que aumenta constantemente o número de matriculados que xa son profesionais cualificados.
Entre os másters e cursos que repiten dentro da oferta cabe destacar o máster en Políticas Comunitarias, Desenvolvemento e Cooperación Transfronteiriza, coordinado por Luís Domínguez, que salientou que o obxectivo é “formar xestores das políticas e programas comunitarios da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”.
O Máster en Dereito Tributario vai xa pola súa segunda edición e conta coa colaboración, tanto en financiamento como en profesorado, da Consellería de Economía e Facenda, o Instituto de Estudos Fiscais e varios despachos profesionais. Baixo a coordinación da profesora Ana María Pita, este título propio está destinado a licenciados e profesionais que se dediquen á asesoría tributaria para actualizar os seus coñecementos ante os cambios da lexislación.
Dende o Departamento de Economía Aplicada, María Dolores Garza, dirixe o III Máster en Economía e Xestión da Pesca e da Acuicultura. Segundo salientou na presentación, “naceu a petición do sector pesqueiro e supón a resposta á necesidade da profesionalización”. Dirixido a titulados e traballadores desta industria ten unha orientación pluridisciplinar en campos como bioloxía, medio ambiente, recursos mariños...
Tamén repiten edición o Master en Ciencia e Tecnoloxía de Conservación de Produtos da Pesca, dirixido polo ex reitor, José Antonio Rodríguez; o Máster Curso de Especialista en Auditoría e Contabilidade; o Curso de Especialista en Seguridade Social, coordinado por Jaime Cabeza; e o V Curso de Especialista en Fisioterapia do Deporte, da man do director da escola, Gustavo Rodríguez. Segundo salientou este último, “foron os propios egresados da titulación os que, na avalicación da mesma, resaltaron a necesidade formativa no eido do deporte, un dos de máis saída profesional para os nosos estudantes”.
Na páxina web da Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa pódese consultar tanto os másters e cursos de especialista como a oferta completa de cursos complementarios e de formación.
11.7.07
II MASTER

IMPORTANCIA DESTE MASTER
No momento actual de converxencia da educación superior
en Europa é oportuno ofertar un título propio de Master, en
colaboración coa Universidade de Minho. A existencia de
cátedras Jean Monnet de integración europea nas dúas
universidades e de Módulos Jean Monnet, a concesión dun
Centro de Excelencia Jean Monnet na Universidade de Vigo,
a existencia dun Centro de Documentación Europea na
Universidade de Minho, a parcería das dúas universidades
na estructura transfronteiriza EURES (EURopean
Employment Services) Transfronteirizo Galiza-Norte de
Portugal, avala a calidade da docencia a impartir dentro dos
estudos de políticas comunitarias e da cooperación
transfronteiriza desde unha perspectiva decididamente
interdisciplinar: economía, ciencia política e da
administración, dereito, socioloxía, demografía, ciencias
ambientais e historia.
O mercado único europeo multiplicou os intercambios de
persoas, servizos e mercadorías entre os paises membros
da Unión Europea. No caso de España e Portugal, a fronteira
luso-galaica é a máis poboada e tamén a que viu medrar en
maior medida eses intercambios, Por outra banda, desde
1991 hai un entramado institucional crecente para
fomentar a cooperación transfronteiriza como modo de
afortalar, mutuamente, o noso desenlvovemento para
deixar atras definitivamente a condición de rexións de
converxencia, esto unido a posta en marcha do novo período
de programación comunitaria 2007-2013, fai necesario
abordar a formación de expertos en políticas comunitarias
ao servizo do desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte
de Portugal.
OBXECTIVO
O obxectivo do programa consiste na formacion de
tituladas/os universitarias/os con sólidos coñecementos
da Unión Europea nas súas verquentes organizativas,
funcionais e de mobilidade e cooperación, dotándoas de
ferramentas prácticas para contextualizar as políticas
públicas comunitarias nunha rexión concreta e para tirar
proveito das mesmas ao obxecto de contribuír a un maior
desenvolvemento rexional, capacitados para deseñar
estratexias de desenvolvemento endóxeno da eurorrexión
no marco das políticas europeas e rexionais.
DESTINATARIOS
Licenciadas/os universitarias/os de calquera ámbito de
coñecemento, traballadoras/es da administración, empresa
privada ou do terceiro sector asi como profesionais no
exercizo libre da súa profesión, co nivel universitario esixido,
que desexen complementar a súa formación universitaria
inicial, especializarse e/ou adquirir unha formación de
posgrao sobre políticas comunitarias, desenvolvemento e
cooperación transfronteiriza.
MODALIDADE
Semipresencial e con plataforma on-line.
Días de sesións presenciais: os xoves en quenda de tarde.
DIRECCIÓN DO MÁSTER
Luis Domínguez Castro
Profesor Titular de Historia Contemporánea
Jean Monnet Chair de Historia da Construcción Europea
Universidade de Vigo
Enrique José Varela Álvarez
Universidade de Vigo
ADMISIÓN
Para a admisión terase en conta o expediente académico, o
curriculum vitae e a motivación da/o solicitante.
LUGAR
Facultade de Filoloxía e Tradución
Campus Universitario de Vig
MATRÍCULA E CALENDARIO
Preinscrición: Do 02/07/2007 ao 31/08/2007
Matrícula: Do 03/09/2007 ao 28/09/2007
Calendario: Do 04/10/2007 ao 27/06/2008
Sesións presenciais: Os xoves de 16:30 a 20:30 horas
Taxas do Máster: 1.000 €
Diríxase á páxina de Bubela e introduza o seu nome de usuario e contrasinal (lembre que debe estar rexistrado previamente), acceda ao catálogo de cursos, seleccione este máster e, por último, prema no botón “Preinscribir”.
5 bolsas de 210 € para pago do custo da matrícula
ENTIDADES ORGANIZADORAS
Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo
Centre of Excellence Jean Monnet European
Cross-Border (Universidades de Vigo e do Minho)
dominguez@uvigo.es
evalvarez@uvigo.es
4.7.07
II Convocatoria BOLSAS INFORMÁTICA
A Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade fixo pública a 2ª convocatoria conxunta do ano 2007 de 9 bolsas para a formación complementaria dos estudantes da Universidade de Vigo nos Sistemas Informáticos e de 4 bolsas para a formación complementaria dos estudantes da Universidade de Vigo nas aplicacións de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Máis información (inclúe impreso de solicitude)
3.7.07
Cursos, congresos e seminarios validados por créditos de libre elección
O recoñecemento dos dous créditos de libre elección autorízase a TÓDALAS TITULACIÓNS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.
CURSOS
- Formación on-line en igualdade de oportunidades.
Centro organizador: Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación.
Datas de celebración: 16/06 - 10/08/2007
- Seminario de Planificación Empresarial.
Centro organizador: Vicerreitorado de Planificación.
Datas de celebración: Xullo - Novembro 2007
-Curso Básico de Prevención de Riscos Laborais.
Centro organizador: Deputación Provincial de Ourense.
Datas de celebración: 11 - 22/06/2007
- VII Xornadas Universitaria de Emprego de Galiza e Norte de Portugal (Pontevedra).
Centro organizador: Vicerreitoría de Relacións Institucionais.
Datas de celebración: 19 - 20/02/2008
- VII Xornadas Universitaria de Emprego de Galiza e Norte de Portugal (Ourense).
Centro organizador: Vicerreitoría de Relacións Institucionais.
Datas de celebración: 21 - 22/02/2008
- VII Xornadas Universitaria de Emprego de Galiza e Norte de Portugal (Vigo).
Centro organizador: Vicerreitoría de Relacións Institucionais.
Datas de celebración: 18 - 19/02/2008
27.6.07
Obradoiro de Interpretación
A actividade desenvolverase en Santiago de Compostela do 16 ao 20 de xullo.
OBXECTIVOS
Trátase dun curso teórico práctico, dirixido a actores e actrices profesionais de Galicia, que pretende dotalos dos recursos e ferramentas
necesarios para coñecer o medio cinematográfico.
METODOLOXÍA
Tras unhas clases teóricas, impartidas o primeiro día, nas que se proporcionará unha base sobre cuestións técnicas de cine, como os procesos básicos sobre a produción e realización dunha película, o curso desenvolverase de xeito eminentemente práctico. A dinámica consistirá en traballar escenas entre dous ou máis participantes tendo en conta a linguaxe propia do cine. Os dous últimos días un operador de cámara, gravará, baixo a dirección da titora, as escenas en vídeo, para logo visualizalas, analizalas e corrixilas.
ESTRUTURA
O curso desenvolverase do 16 ao 20 de xullo (de luns a venres) en horario de 9:30 a 14:30 h, cun total de 25 horas lectivas.
Constará de dúas partes: unha primeira, na que se exporá o tratamento teórico e conceptual, e unha segunda, na que se aplicarán estes coñecementos,
a través da realización de exercicios prácticos.
PARTICIPANTES
Un máximo de 12 persoas.
INSCRICIÓNS
Para inscribirse no obradoiro haberá que cubrir a solicitude que se pode conseguir na sede do Consorcio ou na súa páxina web e presentala conxuntamente cun currículo e unha foto.
Pódense presentar estes documentos tanto na propia sede como a través de correo electrónico (formacion@consorcioaudiovisualdegalicia.org, en formato pdf, doc, odt, rtf ou jpeg), ou mediante fax ao número 981 54 58 47.
A data límite para as inscricións é o 25 de xuño de 2007.
12.6.07
Cursos de verán no campus

Do 9 ao 12 de xullo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Os produtos turísticos no medio rural e a súa promoción son o obxecto de análise dun dos tradicionais cursos de verán que realiza a Universidade de Vigo en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). O seminario, que conta ademais co patrocinio da Xunta de Galicia, Caixanova e a Cámara de Comercio de Pontevedra, foi presentado esta mañá na Casa das Campás.
Baixo o título “Elaboración e promoción de produtos no turismo rural: efectos na demanda”, o curso pretende afondar nas diferentes orientacións existentes en España e no norte de Portugal sobre a situación e previsible evolución dos produtos do turismo no medio rural. Todo dende a perspectiva do uso sustentable dos recursos e da proxección cara os mercados emisores de demanda.
Para o director da actividade, o profesor Xulio Pardellas, “este é un ámbito de traballo moi importante para a nosa comunidade e cun enorme potencial”. O seminario, que chega a súa sétima edición, está orientado a coñecer os produtos existentes, a súa repercusión sobre o incremento do emprego e da renda, o que se está a facer noutras áreas de España e tamén a súa promoción e difusión. Pardellas destacou este último punto e sinalou que “o fin é espertar a sensibilidade de que é tan importante ter un bo produto como unha comunicación”.
Xunto co obradoiro, no acto tamén se presentou a publicación “Turismo de interior en áreas fronteirizas: recursos e ofertas”. A obra, que contou co patrocinio de Caixanova, é o resultado da recompilación das ponencias do curso anterior e, como sinalou Pardellas, “ven a significar, xunto coas anteriores edicións, un importante acervo material a disposición de todos”.
Pola súa banda o subdirector de Caixanova, Antonio Gómez, subliñou que “o libro é un estudo en profundidade das posibilidades que ofrece o turismo”, e que “ademais encaixa cos eixes da filosofía da institución: formación e investigación”.
Foro RTVE - Coloquio Educar la Mirada

A organización do Foro de RTVE ten o gusto de anunciarvos a celebración do coloquio Educar la mirada. Son propostas para ensinar a ver a TV, que organiza o Instituto Oficial de Radiotelevisón de RTVE, o Grupo Comunicar e a Dirección General de las Familias y la Infancia do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. O foro celebrarase os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro no Prado del Rey (Madrid), sede oficial da televisión pública española, con autoridades e un nutrido número de expertos e investigadores europeos, latinoamericanos e españois no ámbito da alfabetización mediática.
O Foro, ademáis das sesións informativas recollidas no programa, pretende fomentar espazos para a reflexión e propostas colectivas; por este motivo, xunto ás sesións académicas, valorarase a convivencia e o intercambio nos momentos informais.
Non existe cuota de inscrición (a matrícula é totalmente gratuita e documentación para tódolos participantes), pero a preinscrición realizarase cun resumen/proposta de comunicación, que unha vez preseleccionada, esixirá presentar a comunicación definitiva, que se evaluará por un Comité Científico que determinará as inscricións finais. A selección farase en virtude da calidade das comunicacións presentadas. Éstas non se defenderán oralmente, senón que se recollerán nun CD e logo formarán parte dun monógrafo do Coloquio; ó estilo dos congresos científicos de prestixo.
Na web poderáse consultar tódala información relativa ó Foro RTVE: programa, patrocinadores, ponentes, preinscrición, aloxamento, etc.
Comité Organizador Foro RTVE «Educar la Mirada. Propuestas para enseñar a ver laTV»
Produtora busca Produtor Asociado e Xefe de Produción para longametraxe
O presuposto da película preténdese financiar a traverso de inversores privados, festas de recadación de fondos e demáis ideas creativas pero produtivas que permitan produci-la película dunha maneira independente e relativamente rápida, xa que depender de axudas da industria, goberno, etc. levaria moito tempo e non sempre se conseguen.
O guión xa está listo para produción, e aínda que nun futuro se buscarán outros membros do equipo, o ideal sería porse xa en contacto con xente interesada nas tarefas de Produtor Asociado e Xefe de Produción.
Os interesados poden enviar o currículum e un mail describindo por qué lles gustaría involucrarse neste proxecto.
EMAIL: info@bolivarproductions.com o justin@bolivarproductions.com
11.6.07
Cursos da UIMP
PONTEVEDRA
- SEMINARIO - Elaboración y promoción de productos en el turismo rural: efectos en la demanda. Pontevedrda, do 9 ó 12 de xullo.
- SEMINARIO - La sociedad democrática contra el terrorismo. Pontevedra, do 9 ó 13 de xullo.
- SEMINARIO - Municipios, diputaciones y áreas metropolitanas: la reorganización de los entes locales y su financiación. Pontevedra, do 16 ó 19 de xullo.
- SEMINARIO - Construir una mirada: la universidad y la Galicia que nos esperan. Vilagarcía de Arousa, do 3 ó 7 de setembro.
- ENCONTRO - Cambio global: Máis alá do cambio climático. Pazo de Gandarón (Pontevedra), do 4 ó 6 de setembro.
- ENCONTRO - Panorama actual de los estudios de la literatura española de los siglos XVI y XVII. Pontevedra, do 10 ó 12 de setembro.
- SEMINARIO - Prevención primaria del cáncer. Vigo, do 10 ó 14 de setembro.
- ENCONTRO - Estructura e función de proteínas. Aplicacións biomédicas e tecnolóxicas. Pazo de Gandarón (Pontevedra), do 12 ó 14 de setembro.
- SEMINARIO - Políticas educativas y compromiso social. El progreso de la calidad y la equidad. Pontevedra, do 17 ó 21 de setembro.
- SEMINARIO - Evaluación de impacto en el medio costero y litoral. Pazo de Gandarón (Pontevedra), do 17 ó 21 de setembro.
- ENCONTRO - Patrimonio y turismo. La conservación. Nuevos patrimonios, nuevos conceptos, nuevos usos. Celanova (Ourense), do 26 ó 28 de setembro.
- SEMINARIO: Europa ante el desafío de la reordenación del sistema mediático. Aciveiro (Pontevedra), do 17 ó 20 de outubro.
- SEMINARIO - Análisis y gestión de fondos y planes de pensiones. Vigo, do 1 ó 5 de outubro.
A CORUÑA
- TALLER - Talleres de creación radiofónica. A Coruña, do 2 ó 6 de xullo.
- SEMINARIO - Los debates sobre el estado autonómico. La descentralización en España desde diferentes perspectivas. A Coruña, do 2 ó 6 de xullo.
- ENCONTRO - América Latina - España: relaciones y coyuntura. A Coruña, do 9 ó 11 de xullo.
- SEMINARIO - Medio siglo de construcción europea: balance y perspectivas de futuro. A Coruña, do 10 ó 13 de xullo.
- SEMINARIO - ¿Qué aprendemos de la catástrofe del Presige?. A Coruña, do 16 ó 19 de xullo.
- ENCONTRO - Reforma y crisis de España. Las vísperas de 1808. A Coruña (Museo Militar), do 18 ó 20 de xullo.
LUGO
- SEMINARIO - ¿Provocarán las TIC la revolución de la escuela?. Lugo, do 9 ó 13 de xullo.
Información, matrículas e becas:
A matrícula xa está aberta dende o 21 de maio de 2007, prazas limitadas. Os interesados poderán recoller o impreso de matrícula en Secretaría de Decanato.
Importe da matrícula: 123 euros
Alumnos de universidades de A Coruña, Santiago ou Vigo: 62 euros
O plazo de solicitude de becas estará aberto ata o vindeiro vernes, 15 de xuño de 2007 (a beca consiste na gratuidade da matrícula).
Tódolos cursos do programa están autorizados como créditos de libre configuración para os alumnos das Universidades de A Coruña, Santiago e Vigo, con un máximo de 2 créditos por curso.
Para ampliar información, entra na páxina da UIMP
4.6.07
Seminario de Mulleres e Universidade
O Seminario de Muller e Universidade comprácese en convidarvos á presentación da web de contido educativo: "Sida, por unha vez si que pode pasar algo".
Trátase dun proxecto de xogo educativo que ten coma obxectivo ós adolescentes, que trata de achegar a sensibilización sobre esta epidemia a esa franxa de poboación. Consta dun cómic, un cuestionario e dous xogos tipo arcade. Esta primeira versión que se vai presentar preténdese que sexa mellorada nos IES coa participación das/os orientadoras/es e do alumnado.
A presentación da web terá lugar ás 12:30 horas do día 5 de xuño de 2007 na Aula Magna a Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.
Máis información: www.sida-porunhavez.org
Curso de verán de Linguaxe de Signos
O obxectivo xeral do proxecto ILES III é fomentar a inserción laboral das persoas desempregadas a través de itinerarios personalizados de captación personal.
ILES III facilita ás persoas participantes unha alternativa de formación para a súa incorporación no mercado de traballo.
Unha destas accións formativas consiste no curso de verán Linguaxe de Signos, cunha duración de 200 horas, durante os meses de xullo e agosto.
As persoas interesadas poden acceder a máis información aquí.
XVI edición do Premio Manuel Colmeiro

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Escola Galega de Administración Pública, co obxecto de promover o labor de investigación, estudo e divulgación no eido da Administración pública, convoca a XVI edición do Premio Manuel Colmeiro.
OBXECTO
Fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estructura, funcións e ámbitos competenciais, podendo abordar a investigación desde calquera perspectiva, xa sexa histórica, xurídica, administrativa, política, sociolóxica, económica, etc.
DESTINATARIOS
Poderán participar nesta convocatoria tanto persoas individuais coma equipos de traballo formados para o efecto, de calquera nacionalidade dos estados membros da Unión Europea.
PRAZO
O prazo de presentación dos traballos finalizará o 15 de setembro deste ano.
Máis información: Premio Manuel Colmeiro
28.5.07
Mañá darán comezo as xornadas "Marca Galiza"

10.00h Facultade de CC.SS e da Comunicación
Recomendacións da organización para as persoas matriculadas:
1º Mañá martes, as Xornadas INAUGÚRANSE ÁS 10 DA MAÑÁ EN PUNTO. En
consecuencia:
- as persoas inscritas, debedes de estar cando menos media hora
antes para pasar pola Mesa de Control de Asistencia, para comunicar a mesma. ISTO É
IMPORTANTE Á HORA DE COTEXAR A CONCESIÓN DO DIPLOMA DE ASISTENCIA.
2º Nesa Mesa de Control, RECOLLEREDES A DOCUMENTACIÓN DAS XORNADAS, as
Carpetas que conteñen a Documentación de cada unha das Mesas-Debate así
como a dos Conferenciantes.
3º Será necesario pasar por esta Mesa de Control TÓDOLOS DÍAS TANTO Ó
COMEZO DA MESA DA MAÑÁ e tamén DA TARDE. Somentes con comunicar a asistencia,
basta.
ESTA MESA TEN AS LISTAXES DE ASISTENTES ORDENADAS ALFABETICAMENTE POR
PRIMER APELIDO: unha listaxe para as letras da A á J, e outra da K á Z.
4º PRÉGASE A MÁXIMA PUNTUALIDADE EN TÓDALAS MESAS, SOBRE TODO MAÑÁ, QUE
É O PRIMEIRO DÍA, E CÓMPRE LEVAR O PROGRAMA COA MAIOR RIGOROSIDADE POSIBLE.
5º COMPROBAR Ó PASAR POLA MESA DE CONTROL, QUE TANTO NOME COMO APELIDOS
ESTÁN BEN ESCRITOS, PARA NON COMETER ERROS Á HORA DE EXTENDER O DIPLOMA
DE ASISTENCIA, QUE SE ENVIARÁ ÓS VOSOS DOMICILIOS.Máis información
