27.6.07

Obradoiro de Interpretación

En cumprimento do establecido no Plan de Actividades 2007 convócase o Obradoiro de interpretación, impartido por Gracia Querejeta, organizado no marco do Plan de Formación Actoral do Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE.

A actividade desenvolverase en Santiago de Compostela do 16 ao 20 de xullo.


OBXECTIVOS
Trátase dun curso teórico práctico, dirixido a actores e actrices profesionais de Galicia, que pretende dotalos dos recursos e ferramentas
necesarios para coñecer o medio cinematográfico.

METODOLOXÍA
Tras unhas clases teóricas, impartidas o primeiro día, nas que se proporcionará unha base sobre cuestións técnicas de cine, como os procesos básicos sobre a produción e realización dunha película, o curso desenvolverase de xeito eminentemente práctico. A dinámica consistirá en traballar escenas entre dous ou máis participantes tendo en conta a linguaxe propia do cine. Os dous últimos días un operador de cámara, gravará, baixo a dirección da titora, as escenas en vídeo, para logo visualizalas, analizalas e corrixilas.

ESTRUTURA
O curso desenvolverase do 16 ao 20 de xullo (de luns a venres) en horario de 9:30 a 14:30 h, cun total de 25 horas lectivas.
Constará de dúas partes: unha primeira, na que se exporá o tratamento teórico e conceptual, e unha segunda, na que se aplicarán estes coñecementos,
a través da realización de exercicios prácticos.

PARTICIPANTES
Un máximo de 12 persoas.

INSCRICIÓNS
Para inscribirse no obradoiro haberá que cubrir a solicitude que se pode conseguir na sede do Consorcio ou na súa páxina web e presentala conxuntamente cun currículo e unha foto.

Pódense presentar estes documentos tanto na propia sede como a través de correo electrónico (formacion@consorcioaudiovisualdegalicia.org, en formato pdf, doc, odt, rtf ou jpeg), ou mediante fax ao número 981 54 58 47.

A data límite para as inscricións é o 25 de xuño de 2007.

No hay comentarios: