23.3.07

DESEÑA GZ


DESEÑA GZ
|||
paseando entre orixinais

_ Do 17 ao 30 de marzo, no Casco Histórico de Pontevedra poderás visitar a exposición Deseña Gz.
_ Nos establecementos da Zona Monumental verás máis de 100 obras de deseño gráfico contemporáneo. Sen esquecerse do Mercado Municipal, onde hai boas mostras das infografías que se realizan en Galicia.
_ Na Casa das Campás (situada ao lado do Teatro Principal) darás unha pequena volta pola historia do deseño gráfico en Galiza, dende 1900 a 1990.
_ No Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira) atoparás os deseños das distintas marcas de viño da D.O. Rías Baixas. Ademais de coñecer os deseños da publicidade institucional que se fan ao outro lado do Miño, na cidade de Braga, e poder comparalos cos que se realizan en Pontevedra.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA CURSOS DE LINGUA INGLESA EN VERÁN DE 2007 PARA XOVENES ENTRE 18 E 30 ANOS

O Ministerio de Educación e Ciencia acaba de publicar a convocatoria de axudas para realizar cursos de inglés no verán de 2007.

Requisitos_

Ter nado entre o 1 de xanbeiro de 1977 e o 31 de nadal de 1989

Desfrutar dalgunha destas bolsas no curso pasado:
    • Bolsa da convocatoria xeral do MEC no curso 2005-2006
    • Bolsa para iniciar estudios universitarios, no curso 2005-2006
    • Bolsa de Mobilidade no 2005-2006

Número de bolsas_

Un máximo de 53.125 bolsas, cunha cuantía de 1.600 euros cada una, para realizar un curso de polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de novembre do ano 2007.

Solicitude_

O formulario atópase na seguinte páxina web:

https://seguweb.mec.es/becasmec/CiudadanoIdiomas.do;jsessionid=64CDE6E646EF91062E4C61F4438641CF

Unha vez cumprimentado, tendes que imprimilo, asinalo e envialo ao Ministerio de Educación y Ciencia Subdirección General de Becas y Promoción Educativa (Cursos de Inglés), rúa Torrelaguna, 58 - 28027 MADRID antes do día 31 de marzo de 2007.

21.3.07

Icono Gz



Vota o icono que mellor te identifica.

Entra na páxina www.iconogz.org
e axúdanos a escoller o icono máis popular entre as 40 propostas de Kiko da Silva, dende a Catedral de Santiago ata
a empanada galega, con cal te quedas?

RELATORIO DE POLÍTICOS

22 Marzo | 17:30h _ 19:30h | Relatorio de Políticos (Salón de Graos)

5º Premio de Xornalismo Científico



Obxectivo_

Convócase a quinta edición dos Premios de Xornalismo Científico Galicia Innovación, para
xornalistas que publiquen traballos de xornalismo científico en medios de comunicación
galegos. Este premio está destinado a estimular a produción de textos xornalísticos especializados en materia científica.

Dotación económica _
5.000 euros para o primeiro
traballo galardoado e 2.300 euros para o segundo.

Destinatarios _
Poderán participar na presente convocatoria todos os profesionais do xornalismo que teñan
publicado algún traballo xornalístico de contido científico nun medio de comunicación da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Os concursantes deberán presentar un traballo xornalístico de contido científico
(preferentemente sobre temas de investigación e desenvolvemento) de calquera xénero
informativo publicado ou emitido polos medios de comunicación galegos, xa sexa en soporte
escrito, audiovisual ou electrónico. Os traballos poderán ser presentados a título individual ou
en equipo e terán que estar publicados no período que comprende do 1 de abril de 2006 ao 31
de marzo de 2007. Valorarase que o traballo estea publicado en lingua galega.

Prazo de presentación_
Até o 31 de marzo de 2007

Modelo de solicitude e máis información_
http://www.conselleriaiei.com
http://www.dxid.org.

ESCOITAR.ORG
Laboratorio de audio
9 marzo– 13 mayo 2007
ESPACIO ANEXO (MARCO)

De martes a sábados (festivos
incluidos), de 11.00 a 14.00 y de
17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.00
ENTRADA LIBRE

O Colectivo Escoitar.org continúa o seu traballo na ciudade de Vigo para encontrar aqueles sons que a identifican, e constrúe no Espazo Anexo do MARCO un Audiolab (Hacklab) como lugar de experimentación aberto e público, no que se leven a cabo traballos de investigación, difusión, e toda unha serie de actividades paralelas. Partindo da experiencia sonora como medio de coñécemento, propónse unha reflexión sobre as formas acústicas de sociabilidade repensando o espazo urbán e as relacións sociais. Nesta ocasión, o núcleo do proxecto consiste en coñecer as paisaxes sonoras de Vigo a través de ourellas alleas, como un exercicio de extrañamento no que o eixe fundamental será o traballo con colectivos de inmigrantes.

Conferencia Rei Zentolo+Ovo Publicidade


Hoxe ás 19:00h, terá lugar na Casa das Campás, a conferencia: Podes vivir do deseño? Impartida por dous membros do Rei Zentolo (Pablo e José) e o director de Ovo Publicidade (Ismael Calvo). Os tres son xóvenes empresarios do deseño que están sacando as súas empresas adiante, empezando desde cero. Contaránnos a súa experiencia, como viviron os seus anos na facultade, como foron os seus primeiros pasos neste campo e que lles levou a decidir crear a súa propia empresa, coas ventaxas e desventaxas que isto leva consigo.
Esta charla enmárcase dentro do ciclo de conferencias de Deseña Gz, unha mostra sobre o deseño gráfico en Galicia, que se pode visitar no Centro Histórico de Pontevedra ata o 30 de marzo. Nos escaparates dos establecementos da zona vella, restaurantes e locais de copas, tamén na planta baixa da Casa das Campás e no Pazo de Mugartegui.
As próximas conferencias serán o vindeiro día 27 e 28 de marzo, ás 19h. A primeira impartida por Xosé María Torné (o deseñador de símbolos tan coñecidos como a Bandeira de Nunca Máis, o logotipo do BNG,...) e, a segunda, por Cándido Alonso (presidente de C/A Gráfica, unha das maiores imprentas de Vigo que este ano celebra o seu aniversario).

20.3.07

Conferencia Miguel Conde


















Esta tarde, ás 19,00h, terá lugar na Casa das Campás (detrás do Concello de Pontevedra), a conferencia: "Pancreatividade, unha filosofía de traballo" de Miguel Conde, dentro do ciclo de conferencias de Deseña Gz, exposición sobre deseño galego organizada polo Concello de Pontevedra.

Miguel Conde é o Presidente Executivo de B.A.P. & Conde, a Segunda Axencia de Publicidade en España, con capital 100% nacional e a primeira na nosa Comunidade. Tras máis de 15 anos traballando no sector, Miguel Conde acaba de ser nomeado por segundo ano consecutivo “Mellor Publicista de Galicia” entre os compañeiros de profesión (Enquisa publicada na Revista Imagen & Comunicación do pasado mes de novembro). É, ademais, membro do Comité Ejecutivo da AEAP
(Asociación Española de Axencias de Publicidade).

12.2.07

Master Interuniversitario en Diplomacia e Relacións Internacionais

O Máster en Diplomacia e relacións internacionais da Escola Diplomática desenvolverase ao longo dun ano académico,de outubro a xuño, e estará dividido en dous semestres cunha carga lectiva de 550 horas en total.

Entre as materias, podemos subliñar Dereito Internacional Público e Privado, Historia das Relacións Internacionais, Constitución e Administración españolas e Relacións Internacionais e política exterior.

Para máis información: www.mae.es/es/MenuPpal/Ministerio/Escuela+Diplomatica

Visita do Comité de Avaliadores Externos á Diplomatura en Xestión e Administración Pública

Do día 12 ao 14 de febreiro o Comité de Avaliadores Externos visitará a Facultade de Ciencias Sociais e da Información para avaliar a titulación, Diplomatura en Xestión e Administración Pública.
A continuación detallarase o programa:

12/02/07
18:00 - 20 .30 - Reunión preparatoria do C.A.E. no hotel
21:00 - Cena co Comité de Autoavaliación da Titulación, Vicerreitorado de Novas
Tecnoloxías e Calidade, e o Comité de Avaliadores Externo

13/02/07
09:00 - 10:30 - Reunión do Comité de Autoavaliación da Titulación
10:45 - 11:45 - Reunión co Equipo Decanal
12:00 - 13:00 - Reunión cos Directores de Departamentos con docencia na titulación
13:00 - 14:00 - Reunión cos PAS
14:00 - Comida

16:00 - 17:30 - Reunión co Profesorado
17:45 - 19:00 - Reunión cos Egresados, Becarios e Empleadores
20:00 - Reunión interna do Comité de Avaliación Externa


14/02/07
09:30 - 10:00 - Visita ás instalacións.
10:00 - 11:00 - Reunión cos Alumnos de 1º curso.
11:00 - 12:00 - Reunión cos Alumnos de 2º e 3º curso.
12:00 - 12:30 - Audiencia Pública
12:30 - 13:00 - Novas audiencias reclamadas polo C.A.E.
13:00 - 13:45 - Reunión interna do C.A.E. ( preparación do informe)
14:00 - 14:30 - Informe preliminar verbal
14:30 - 16:00 - Comida
16:00 - Despedida do C.A.E.

9.2.07

Forum emprego 2007


Os días 12 e 13 de febreiro celebrarase no Salón de Actos do Edificio de Ciencias Experimentais as "6 Xornadas Universitarias de Emprego de Galiza e Norte de Portugal".

Nesta quenda darase información da Rede EURES (EURopean Employment Services), a rede europea de emprego e da mobilidade ao teu servizo, da posibilidade de emprego nas administracións públicas, do C.V. Europass e das políticas de apoio da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para o acceso ao emprego dos universitarios.

Para máis información: https://webs.uvigo.es/forumempregoeures/

III Congreso Nacional de Información,Seguridade e Defensa


Os días 25, 26 e 27 de abril celebrarase en Segovia o III Congreso Nacional de Información,Seguridade e Defensa.

O resumo das comunicacións non poderá superar as 500 palabras e poderá ser enviado do 28 de febreiro ao 20 de abril.

As temáticas plantexadas son:

1.Conflictos e seguridade: seguridade estatal, seguridade rexional,seguridade internacional.
2.Comunicación, conflictos e políticas de seguridade e defensa.
3.Organizacións Internacionais, seguridade e defensa.

Para máis información: www.usek.es

Bolsas Posdoutorais

Convócanse un máximo de 350 axudas para promover e facilitar o perfeccionamento de doutores que acaban de finalizar a súa formación de terceiro ciclo e poidan desenvolver un traballo de investigación que complete a súa etapa def ormación en centros de excelencia estranxeiros e, excepcionalmente españois, por un período máximo de vintecatro meses.

Das bolsas como mínimo o 90 por 100 serán en centros estranxeiros, destas, ata 50 poderán corresponder a bolsas MEC/Fulbright,ata 7 asociadas ás Cátedras Príncipe de Asturias, nas universidadesGeorgetown (en áreas de Humanidades), New México (en áreas relacionadas coas Ciencias e Tecnoloxías Informáticas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN:Bases na páxina http://www.mec.es/univ
O prazo de presentación será de : 30 días naturais a partir do día seguinteá data de publicación no BOE da presente convocatoria.

3.2.07

Bolsas para prácticas de formación

O obxectivo desta convocatoria é a realización de prácticas de formación dexestores e expertos en cooperación internacional para o desenvolvemento nasunidades da propia Axencia Española de Cooperación Internacional (AECI) ou noutras entidades públicas vinculadas ou dependentes dela.
REQUISITOS:
* Posuír a nacionalidade española.
* Ter titulación superior universitaria.
* Posuír dominio do inglés e coñecementos suficientes dunha segundalingua estranxeira.
* Ter experiencia práctica en instrumentos, procedementos, organismos e/ou proxectos de cooperación internacional para o desenvolvemento.
* Non ter sido beneficiario desta bolsa en edicións anteriores.

PRAZO DE PRESENTACIÓN:Bases na páxina www.aeci.es/becasformacion
O prazo de presentación será de : 10 días hábiles contados a partir do díaseguinte á publicación da convocatoria no BOE.

Convocatoria de bolsas para a formación complemetaria nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións

A Vicerreitoría de Novas Tecnoloxías e Calidade ven de convocar máis de 120 bolsas para a formación dos estudantes nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Para máis información:

I convocatoria TIC 2007
I convocatoria PC1 e PC2 2007