21.3.07

Conferencia Rei Zentolo+Ovo Publicidade


Hoxe ás 19:00h, terá lugar na Casa das Campás, a conferencia: Podes vivir do deseño? Impartida por dous membros do Rei Zentolo (Pablo e José) e o director de Ovo Publicidade (Ismael Calvo). Os tres son xóvenes empresarios do deseño que están sacando as súas empresas adiante, empezando desde cero. Contaránnos a súa experiencia, como viviron os seus anos na facultade, como foron os seus primeiros pasos neste campo e que lles levou a decidir crear a súa propia empresa, coas ventaxas e desventaxas que isto leva consigo.
Esta charla enmárcase dentro do ciclo de conferencias de Deseña Gz, unha mostra sobre o deseño gráfico en Galicia, que se pode visitar no Centro Histórico de Pontevedra ata o 30 de marzo. Nos escaparates dos establecementos da zona vella, restaurantes e locais de copas, tamén na planta baixa da Casa das Campás e no Pazo de Mugartegui.
As próximas conferencias serán o vindeiro día 27 e 28 de marzo, ás 19h. A primeira impartida por Xosé María Torné (o deseñador de símbolos tan coñecidos como a Bandeira de Nunca Máis, o logotipo do BNG,...) e, a segunda, por Cándido Alonso (presidente de C/A Gráfica, unha das maiores imprentas de Vigo que este ano celebra o seu aniversario).

No hay comentarios: