26.3.07
Charla-Coloquio Suso Iglesias
Fortalezas e debilidades da programación da TVG
martes 27 de marzo _ 17.00h _ Salón de graos (Fac. CC.SS e da Com.)
Realizador, guionista e director. Foi un dos principais creadores do programa "Xabarín Club" da TVG e dirixiuno durante a maior parte da súa historia. Os seus comezos no mundo audiovisual foron en traballos para diferentes programas de producción propia da TVG, así como documentais e curtametraxes desde mediados dos anos 90. Tamén ten dirixido talk shows e espectáculos ao vivo. Actualmente é o director da TVG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario