9.2.07

Bolsas Posdoutorais

Convócanse un máximo de 350 axudas para promover e facilitar o perfeccionamento de doutores que acaban de finalizar a súa formación de terceiro ciclo e poidan desenvolver un traballo de investigación que complete a súa etapa def ormación en centros de excelencia estranxeiros e, excepcionalmente españois, por un período máximo de vintecatro meses.

Das bolsas como mínimo o 90 por 100 serán en centros estranxeiros, destas, ata 50 poderán corresponder a bolsas MEC/Fulbright,ata 7 asociadas ás Cátedras Príncipe de Asturias, nas universidadesGeorgetown (en áreas de Humanidades), New México (en áreas relacionadas coas Ciencias e Tecnoloxías Informáticas).

PRAZO DE PRESENTACIÓN:Bases na páxina http://www.mec.es/univ
O prazo de presentación será de : 30 días naturais a partir do día seguinteá data de publicación no BOE da presente convocatoria.

No hay comentarios: