Ó longo de tres sesións preténdese reflexionar e debater arredor do audiovisual e a súa relación coa industria e mais coa cultura, dous territorios cos que necesita convivir pero que, ao mesmo tempo, lle demandan necesidades diferentes, as mesmas que bambean entre o negocio e a creación, entre a rendibilidade económica e a expresión artística.
Simultaneamente, primando a compoñente lúdica co pulso actual do audiovisual galego, e coa colaboración dos seus respectivos autores, haberá ocasión de ver dous filmes de produción recente, recoñecidos con sendos premios Mestre Mateo 2009: a longametraxe documental Flores tristes, de Teo Manuel Abad, e a de ficción de Ángel de la Cruz, Os mortos van á presa.
Os alumnos da Universidade de Vigo terán un desconto de 15€, e dous créditos de Libre Elección. Para tódolos inscritos, o Concello de Celanova ofrece aloxamento gratuíto e no seu albergue e sairá un autobús diario diante do Edificio Politécnico do Campus de Ourense.

No hay comentarios:
Publicar un comentario