10.2.09

Xornadas sobre eleccións ó Parlamento Galego

Con motivo dos vindeiros comicios do día un de Marzo ó Parlamento Galego, acudirán á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación dous dos candidatos ó mesmo, para ofrecer unha conferencia e responder preguntas ó respecto. A pesar de que os tres principais partidos políticos foron convidados a participar nestas xornadas, soamente o BNG e o PP puideron confirmar a súa asistencia. Así, o martes 10 de Febreiro, acudirá Anxo Manuel Quintana González, e o xoves 12, Alberto Núñez Feijoo fará o propio.

As conferencias terán lugar na Aula Solemne Prof. Dr. Xan Bouzada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra, en horario de 12 a 13 horas. Os candidatos disporán de trinta minutos para facer unha presentación e unha exposición do plan electoral do seu partido. A continuación, os asistentes disporán doutros trinta minutos para facer preguntas, completando así unha hora de duración total para cada xornada.

O evento está dirixido a tódolos alumnos que concorren nas facultades de Belas Artes, Fisioterapia, Enfermería, CC. da Educación e do Deporte, Enxeñería Técnica Forestal, Ciencias da Educación, e na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.

No hay comentarios: