O vindeiro luns 14 de abril ás cinco da tarde o profesor Alejandro Pizarroso Quintero impartirá no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a conferencia titulada “Qué es la propaganda electoral”.
O poñente afondará nos fundamentos da propaganda política e analizará as diferentes estratexias propagandísticas levadas a cabo polos principais partidos en distintos procesos electorais.
Alejandro Pizarroso Quintero é Catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid. Entre as súas obras figuran títulos como Historia de la propaganda, notas para un estudio de la propaganda política y de guerra; Información y poder e El mundo después de la imprenta, entre outras.
O acto será presentado por D. Alberto Pena Rodríguez, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A entrada é libre ata completar aforo.
3 comentarios:
Esta axenda seria util se en verdade estivera actualizada e tivera un pouco de marxe para dar tempo á xente a organizarse e asistir ós actos. De nada serve enterarse destas convocatorias no propio día xa que a xente non pode ir.
bouzada merecería algo na web da facultade
BOUZADA MERECERÍA UNHA BOA HOMENAXE DA FACULTADE
A FILLA ADEMÁIS É DE TERCEIRO DE PUBLICIDADE
Publicar un comentario