14.4.08
Alejandro Pizarroso Quintero exporá a súa visión
O poñente afondará nos fundamentos da propaganda política e analizará as diferentes estratexias propagandísticas levadas a cabo polos principais partidos en distintos procesos electorais.
Alejandro Pizarroso Quintero é Catedrático de Ciencias da Información do Departamento de Historia da Comunicación Social da Universidade Complutense de Madrid. Entre as súas obras figuran títulos como Historia de la propaganda, notas para un estudio de la propaganda política y de guerra; Información y poder e El mundo después de la imprenta, entre outras.
O acto será presentado por D. Alberto Pena Rodríguez, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. A entrada é libre ata completar aforo.
10.4.08
Estreo da curtametraxe Finisterre
Hora: 13.00h
Lugar: Salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación en Pontevedra
Este xoves, 10 de abril, vai ter lugar a proxección da curtametraxe Finisterre, do director Iago Fernández, estudante de Publicidade e Relación Públicas. Esta obra reflexiona sobre a importancia que ten a morte na sociedade galega. O acto durará aproximadamente unha media hora e o acceso será libre e gratuito para todas aquelas persoas que desexen asistir.
9.4.08
AS TITULACIÓNS DE COMUNICACIÓN E O NOVO MARCO UNIVERSITARIO EUROPEO
Interveñen:
- Prof. Dr. D. Emilio C. García Fernández
Catedrático da Universidade Complutense de Madrid
- Prof. Dr. D. Juan Benavides Delgado
Catedrático da Universidade Complutense de Madrid
Data e lugar
Día 7 de maio, ás 17:00 da tarde no Salón de Grados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
5.4.08
Ciencias Sociais e da Comunicación comezará a vindeira semana chea de actividades
Cunha presentación dun libro, dúas conferencias e varias actividades dos alumnos
A axenda da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación para a próxima semana preséntase bastante completa xa que unha presentación dun libro, dúas conferencias e varias actividades dos alumnos de cara á celebración da súa patroa, o día 24, serán os protagonistas do vindeiro luns, 7 de abril. Para comezar a xornada, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Antonio Torres del Moral, impartirá a conferencia Liberdade de expresión e acción política, un tema de interese para os estudantes do centro. Pola súa banda, o profesor portugués Mário Mesquita presentará, xa pola tarde, a súa nova obra El cuarto equívoco ao que lle seguirá o relatorio O poder dos media na sociedade contemporánea. Para complementar o día, os alumnos de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Xestión e Administración Pública teñen preparadas varias actividades que irán desenvolvendo ao longo das sucesivas semanas con motivo do festexo de Santa Kata’08.
As conferencias
Organizado pola Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade, terá lugar a conferencia Liberdade de expresión e acción política da man do catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Antonio Torres del Moral. A cita é as 12.15 horas na aula 6 da Facultade de Ciencias Sociais e da comunicación e a asistencia é libre ata completar o aforo.Pola súa banda, e con motivo da presentación do seu último libro, El cuarto equívoco, Mario Mesquita impartirá un relatorio sobre o poder dos medios de comunicación ás 17.00 horas no salón de graos do centro. O autor portugués, como unha das persoas de maior prestixio e influenza do seu país, afondará sobre diversos aspectos relacionados co papel dos medios en distintos escenarios políticos e sociais e exporá diferentes casos prácticos de comunicación desde unha perspectiva tanto nacional coma internacional.