12.12.07
Rede "Curtas no Nadal"
Os estudantes universitarios do campus de Pontevedra poderán asistir ás proxeccións de curtametraxes galegas que forman parte do calendario da segunda edición do proxecto audiovisual Curtas no Nadal. A iniciativa, posta en marcha pola consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia a través da Axencia Audiovisual Galega e coa coordinación de Mr. Misto Films, vai levar as curtametraxes galegas de xira ata o próximo 8 de xaneiro. Durante este tempo 25 obras producidas en Galicia circularán polo país adiante en diferentes escenarios, dende os campus universitarios ata os locais de hostalería, pasando polos centros da Cooperativa Galega de Minusválidos (COGAMI), os locais de diferentes asociacións culturais ou os salóns de actos dos centros de ensino.
Un mes no que 25 curtas producidas en Galicia van estar circulando polo país adiante en diferentes escenarios, dende os campus universitarios até os locais de hostalería, pasando polos centros da Cooperativa Galega de Minusválidos (COGAMI), os locais de diferentes asociacións culturais ou os salóns de actos dos centros de ensino.
Este proxecto de difusión audiovisual xorde “coma unha alternativa á programación tradicional das salas de cinema comerciais e como base para a creación dun circuito estábel de exhibición de traballos de curta duración”. Todos as curtas seleccionadas son de produción galega coa intención de “achegar ao grande público a curtametraxe feita en Galicia e así, dignificar un xénero no que cada vez se moven maior número de realizadores”.
A posta en marcha da segunda edición do proxecto Curtas no Nadal ten a súa base no desexo da Consellaría de Cultura e Deporte por vertebrar unha programación regular de curtas nas vilas e concellos que teñen dificultades de programación audiovisual.
Deste xeito, toda a población que participe na rede poderá disfrutar dun programa audiovisual de calidade.
Toda a información sobre o proxecto vai estar recollida na web www.redecurtas.com e no portal da Axencia Audiovisual Galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario