21.11.07

3º SIMPOSIO INTERNACIONAL “LETRAS NA RAIA”


Validable por un crédito de libre configuración

“Como sombras de letras proxectadas nunha pantalla son as relacións entre o cinema e a literatura. Sombras que buscan tocarse nesta e na outra marxe, nos intereses dos novos creadores e creadoras, neste Letras na Raia que nos reúne dende hai tres edicións. Pois a mocidade é como un tren que pita cando chega á estación mentres pensa na seguinte saída, un berro no espazo que busca abrirse camiño nos soportes nos que habita, nos que colle sentido. Deste xeito, o cinema e a literatura convértense en camiños de ida e volta nos que gustamos perder a mirada. Sabérmonos partícipes dun universo colectivo onde o traballo coa imaxe se torna fundamental, onde os códigos son descifrados e analizados dende una linguaxe tan común como diferente. Un ano máis, Letras na Raia serve de eixo para nos achegarmos ao que se está a facer nas dúas beiras… Unha oportunidade de coñecermos as creación sdaqueles que buscan na literatura ou no cinema un espazo para a vida.”

O terceiro Simposio Internacional Letras na Raia, cinema e literatura celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 23 e 24 de novembro de 2007.

Matrícula gratis en: oficina@aelg.org – 981 133 233
ou no Pazo da Cultura ás 9.30 do venres 23 de novembro (Salón de Actos)

Máis información: www.aelga.org

No hay comentarios: