25.11.09

Estrea da curta "Morte dun estudante de cine"





O vindeiro venres, 27 de novembro, as 20:30 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, estrearáse a curta “morte dun estudante de cine”, de Oscar Galansky
O equipo de producción informa que non hay presuposto para viño, pero que, ademais da entrada, que é de balde, proxectaráse tamén a curta “quero o meu balandro”, do mesmo autor

24.11.09

Experiencias profesionais no mundo da publicidade


Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, levouse a cabo o pasado 23 de novembro, unha mesa redonda sobre “experiencias profesionais no mundo da publicidade. Coordinados pola profesora Emma Torres Romay, participaron: Ismael Calvo, Director Creativo de Ovo Publicidade, Lorena Martín, do Departamento Comercial e Márketing da CRTVG e Ana Díaz Pérez, do Departamento de Comunicación de Estrella Galicia

23.11.09

Cine submarino

A Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo organiza un ciclo de cine Submarino
O día 25 de novembro proxectaráse, a partir das 12 da mañá, o filme SHARKWATER, de Rob Stewart, un impactante documental rodado en alta definición, que trata de desmentir os mitos existentes sobre o tiburón e denunciar a caza indiscriminada diste peixe que está reducindo de xeito rápido a súa población.

O día 26, tamén as 12 da mañá, chegará o turno para a película “O bosque encantado”, con imaxen, guión e dirección de Jorge J. Candán e música orixinal de David Morales. Co “Bosque Encantado” preténdese acercar ó público a gran riqueza do ecosistema subacuatico de Galicia “o bosque de algas”, un bosque descoñecido para o gran público, obxeto de medos inxustificados dos bañistas

Festival Cine feito por mulleres


Do 20 o 22 de novembro celebrouse no Auditorio de Galici, en Santiago de Compostela, unha edición no "Festival de Cine feito por Mullerers" (MUFEST)

17.11.09

Ciclo cinema documental

A Asociación de Consumo Responsábel Loaira (Redondela) organiza un Ciclo de Cinema Documental. O colectivo redondelán ten como obxectivo principal a reflexión e acción crítica sobre as diferentes formas de consumo. Por iso programa un Ciclo de Cinema Documental que ofreza elementos de análise do noso propio modelo económico dominante, xunto a alternativas de consumo.


O mércores 18 de Novembro, no Multiusos de Redondela, proxectaráse o filme “Home” de Yann Arthus-Bertrand (2009), unha longametraxe que alerta sobre o noso
impacto na Terra. O vindeiro xoves 3 de Decembro, tamén no Multisuso de Redondela, o filme escollido será “Os respigadores e a respigadora” (2000), de Anges Varda, no que reflexa, dende unha perpectiva experimental, a realidade social sobre unha serie de respigadores que procuran comida, trapallada e diversos obxectos de refugallo

Curso da ACSUG

Organizado pola Area de Comunicación Audiovisual e Publicidade, levouse a cabo, o pasado 17 de novembro, o curso "Control da calidade docente no Sistema Universitario de Galicia", impartido por Técnicos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

16.11.09

Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro de Internet na Infancia


O Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, a traveso dun convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, organizou unhas Xornadas sobre Sistemas de Uso Seguro de Internet na Infancia, que se celebraron o pasado día 16 de novembro na Sala de Videoconferencia da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Impartidas por D. Fernando Mato, enxeñeiro de telecomunicación colexiado no COETG, tiveron como finalidade concienciar ao colectivo sobre os usos e riscos das TIC e facilitar os medios necesarios para aprender os métodos de control do uso da Internet, sen que se impida o acceso á sociedade da información

11.11.09

Taller de monitorización para investigación de Social Media”

Organizado pola Sección Departamental de Comunicación do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo, e dentro do programa de Formación do PDI, levouse a término, os días 10 e 11 de novembro, o curso “Taller de monitorización para investigación de Social Media”, dirixido polo Profesor Roberto Carreras Plaza

O curso, despois de facer unha breve introducción os Social Media, abordou a importancia de monitorizar online, fixo unha aproximación as ferramentas de monitorización e rematou cun taller práctico

10.11.09

Conferencia “A integración en Sudamérica"

Organizado pola Area de Ciencia Política e da Administración, tivo lugar, o 10 de novembro, na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, a conferencia “A integración en Sudamérica”, impartida polo Prof. de Dereito Constitucional da Universidade Católica de Valparaíso (Chile) ALAN J. BRONFMAN VARGAS.
O Profesor Bronfman ofreceu unha panorámica dos diferentes procesos de integración (política, económica, comercial) que teñen lugar no Continente americano, en particular, en Sudamérica, tendo como referencia a experiencia europea

5.11.09

Curso Xestor Bibliográfico RefWorks

Organizado pola Biblioteca Central do Campus de Pontevedra, e dirixido a todo-los docentes da Universidade de Vigo, levouse a cabo, o pasado 5 de novembro, nas Salas de Informática da Facultade, o curso sobre o Xestor Bibliográfico RefWorks

30.10.09

Xornada de fotografía


O 30 de Outubro tivo lugar unha xornada de fotografía que, baixo o lema “Miradas e visións: dúas propostas en torno á fotografía” puxo en contacto os alumnos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación con dóus recoñecidos fotógrafos de actualidade: Alberto García Alix e Juan Pablo Moreiras

Juan Pablo Moreiras na Facultade


Juan Pablo Moreiras: fotógrafo de natureza, destaca polo seu excelente rigor técnico e a súa exquisita plasticidade. Percorre o planeta na busca de paisaxes vírxenes, tomando postura por un equilibrio sostible da natureza e criticando a degradación progresiva do medio ambiente.

Durante 10 anos foi fotógrafo do International Gorilla Conservation Programme. As súas fotografías ocuparon as páxinas de semanarios e revistas tan prestixiosas como El País Semanal, Magazine de La Vanguardia, Geographical, The BP Magazine, Fauna & Flora, etc.

Alberto García Alix na Facultade



Alberto García Alix – Premio Nacional de Fotografia no 1999. Un dos fotógrafos españois máis recoñecidos a nivel internacional e un dos estandartes da chamada "Movida Madrileña". Nas súas obras emprega unha poderosa imaxinería para levarnos ó lado máis duro da sociedade, misturándoo co seu incuestionable xenio artístico. Protagonista de numerosas exposicións individuais e colectivas ó longo dos museos de arte contemporánea máis afamados.

26.10.09

III Xornadas de Comunicación



Organizadas pola Vicerreitoría do Campus de Pontevedra e dirixidas pola profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Ana Belén Fernández Souto, leváronse a cabo, os días 26 e 27 de outubro, no Salón de Actos da nosa Facultade, as III Xornadas de Comunicación, que iste ano estiveron adicadas a Organización de Eventos deportivos

9.10.09

ENTREGA DE DIPLOMAS



O venres, día 9 de outubro, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación celebrou o acto de entrega de diplomas á XI promoción de Licenciados en Publicidade e RR.PP, a VII de Diplomados en Xestión e Administración Pública e a IV de Licenciados en Comunicación Audiovisual
No mesmo acto, e como ven sendo habitual, entregáronse as Becas de Honra, que este ano foron concedidas a J. Manuel Fernández Alvariño, Presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, a Iván Puentes Rivera, Alcalde de Fene, e a Mabel Rivera, actriz


Igualmente, entregouse a Insignia de Ouro da Facultade ao escritor Manuel Rivas Barrós