22.6.09

UIMP : A crise da comunicación en tempos de recesión económica

No marco das actividades da UIMP (Universidade Internacional Menéndez Pelayo), terá lugar, do 21 o 22 de setembro, no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei – Pontevedra) o Encontro “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica”.

Dirixido polo Catedrático de Periodismo da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé López García, e coordinado polo profesor Xosé Rúas, da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, terá como obxetivo o análisis e dabate en torno os efectos que está tendo a crise económica sobre os medios de comunicación. Contará para elo con destacados periodistas e profesores universitarios como Ramón Villares, Xosé Barreiro Rivas, Francisco Campos ou Fernando Salgado, entre outros.

Mais información en http://www.uimp.es/ ou na sede da Universidade Internacional Menéndez Pelayo en Galicia (981 140 830 – galiciasa@uimp.es).

Programa completo en PDF.

IV edición de Curtas na Rede



A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude de Galicia, organizan o IV Concurso de Curtametraxes na Rede, nas modalidades de Curtametraxes (Ficción, Experimentais, Documentales e Animación), Cápsulas (traballos de duración non superior os 3 minutos e con contidos e temáticas non contemplados no apartado de curtas, tales como falsos traileres, vídeos comerciales, falsos anuncios, etcétera) e Micromovies (piezas, de duración no superior a los 30 segundos e temática libre, grabadas mediante el teléfono móvil).

Prazo de inscripción: Ata o 10 de setembro de 2009
A inscripción é gratuita e faise a través do formulario que se atopa na páxina web: www.curtasnarede.es, onde, asimesmo, se pode atopar unha información máis completa.

12.6.09

Seminario de análisis electoral ACOP 2009. Eleccións galegas, vascas e europeas

Os próximos días, 26 e 27 de xuño terá lugar en Ourense o Seminario de Análisis electoral sobre as recentes eleccións galegas, vascas e europeas, organizodas pola ACOP (Asociación de Comunicación Política).

Programa completo en PDF.

11.6.09

Seminario Facendo historia: Os medios de comunicación e a construcción da memoria

Os días 29 e 30 de xuño de 2009 terá lugar, no Castillo de Soutomayor en Pontevedra, o Seminario Facendo historia: os medios de comunicación e a construcción da memoria histórica. Estará dirixido polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Dr. Alberto Pena, en colaboración coa Asociación de Historiadores da Comunicación. Haberá transporte gratuito dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e 1 crédito de libre Elección para os estudiantes desta facultade.

Programa do seminario en PDF.
Para a inscripción e matrícula, aberta ata o 25 de xuño, contactar con: borjamultimedia@yahoo.es

10.6.09

O AUDIOVISUAL E AS INDUSTRIAS CULTURAIS. Curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo

O 8, 9 e 10 de xullo de 2009, organizado pola Fundación Carlos Casares e baixo a dirección do profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo Miguel Anxo Fernández, terá lugar no Mosteiro de San Rosendo en Celanova, o Curso de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, “O audiovisual e as industrias culturais”

Ó longo de tres sesións preténdese reflexionar e debater arredor do audiovisual e a súa relación coa industria e mais coa cultura, dous territorios cos que necesita convivir pero que, ao mesmo tempo, lle demandan necesidades diferentes, as mesmas que bambean entre o negocio e a creación, entre a rendibilidade económica e a expresión artística.

Simultaneamente, primando a compoñente lúdica co pulso actual do audiovisual galego, e coa colaboración dos seus respectivos autores, haberá ocasión de ver dous filmes de produción recente, recoñecidos con sendos premios Mestre Mateo 2009: a longametraxe documental Flores tristes, de Teo Manuel Abad, e a de ficción de Ángel de la Cruz, Os mortos van á presa.

Os alumnos da Universidade de Vigo terán un desconto de 15€, e dous créditos de Libre Elección. Para tódolos inscritos, o Concello de Celanova ofrece aloxamento gratuíto e no seu albergue e sairá un autobús diario diante do Edificio Politécnico do Campus de Ourense.

Programa completo do curso en PDF.